Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de febreiro de 1996 pola que se convoca o X Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude-96.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa Fomento da actividade xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, a través da súa Dirección Xeral de Cultura, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, as artes líricas e a imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, e o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten faci

litar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude-96.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o X Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude-96, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura.

Artigo 3º

As actividades que leve consigo o desenvolvemento deste certame serán costeadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

X Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude-96

I.-Participantes

Xoves artistas galegos ou residentes en Galicia.

Establécense as seguintes categorías:

Categoría A: ata os 12 anos.

Categoría B: dos 13 ós 17 anos.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades considéranse cumpridas o 31-XII-96.

II.-Condicións xerais

1.-Establécense catro modalidades:

. Pintura.

. Escultura.

. Debuxo.

. Cerámica.

2.-Cada autor poderá presentar, como máximo, tres obras en cada modalidade.

3.-As obras presentadas serán orixinais e non poderán ter participado en ningún concurso.

4.-O tema e as técnicas serán libres.

5.-Os debuxos deberán levar cristal protector ou arraglás e as pinturas, marco ou bastidor.

6.-A organización non se responsabiliza das posibles roturas ou extravíos das obras. Non obstante, subscribirase unha póliza que as asegure, de ata un máximo de 100.000 pesetas por obra.

7.-As obras premiadas nas distintas categorías da fase autonómica quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude.

III.-Inscricións

1.-Os participantes deberán envia-lo impreso de solicitude que se indica no anexo II ó Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados residan habitualmente, que pode ser en:

R/ Ronda de Fingoi, s/n- 27002 Lugo

R/ Avda. da Habana, 81- baixo- 32004 Ourense

R/ Durán Loriga, 9-1º- 15003 A Coruña

R/ Benito Corbal, 47- 2º- 36001 Pontevedra

antes do día 14 de outubro de 1996.

2.-A solicitude irá acompañada dun sobre pechado no que figurará o boletín de inscrición que se indica no anexo III, cos seguintes datos de identificación:

-Título da obra.

-Modalidade.

-Categoría.

-Lema.

-Nome e apelidos do autor.

-Enderezo e teléfono.

-Localidade.

Así como unha fotocopia do DNI por ámbalas dúas caras ou da folla correspondente do libro de familia.

3.-No exterior do sobre figurará o lema do autor, títulos das obras, modalidade e categoría na que participa.

4.-Así mesmo, e da forma que cada artista considere máis adecuada, deberase explicita-lo título en cada unha das obras presentadas.

IV.-Desenvolvemento

Fase provincial

O xurado seleccionará de entre tódolas obras recibidas en cada delegación provincial aquelas que, pola súa calidade e orixinalidade, ó seu xuízo, merezan concorrer á fase autonómica.

Fase autonómica

As obras seleccionadas polo xurado na fase provincial pasaran á fase autonómica, na que se concederán tres premios por categoría e modalidade.

V.-Premios

Establécense os premios seguintes para a fase autonómica:

Pintura

ABC

30.00045.00080.000

20.00030.00060.000

15.00020.00040.000

Debuxo

ABC

25.00035.00060.000

15.00025.00040.000

10.00015.00020.000

Escultura

ABC

30.00045.00080.000

20.00030.00060.000

15.00020.00040.000

Cerámica

ABC

30.00045.00080.000

20.00030.00060.000

15.00020.00040.000

As obras seleccionadas serán expostas na Casa da Xuventude de Carballo (A Coruña) no mes de novembro de 1996.

A organización poderá montar unha exposición itinerante con elas.

VI.-Xurado

A xuízo do xurado, e segundo a calidade da obra, pódense deixar desertos algúns premios. As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

Os xurados das fases provinciais serán nomeados polos delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e da Consellería de Cultura.

O xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral de Cultura e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da delegación provincial de Familia, Muller e Xuventude da Coruña.

A decisión do xurado será inapelable.

1722