Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.066

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector da Construcción da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-2-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), e da parte social polas centrais sindicais CC.OO e UGT, o día 1-2-1996.

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En Vigo, 23 de febreiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio da Construcción

Revisión salarial

Asistentes:

UGT:

José C. Rodríguez del Río

Ramón Misa Costa

CC.OO:

Marcos González Oliveira

Baltasar González Durán

APEC:

Anselmo Hernández Luján

Ricardo Mirón Gutiérrez

José Manuel Conde Roque

Fernando Vidal Ocaña

Asesora: Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo, o 1 de febreiro de 1996, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción -APEC- previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe compoñentes da Comisión Paritaria do convenio colectivo provincial da construcción, prevista no artigo 8 deste, co fin de proceder á revisión das táboas salariais vixentes para 1995, segundo o previsto no artigo 29 do convenio colectivo para o sector da construcción que textualmente establece:

No suposto de que o incremento anual de Índice de Prezos ó Consumo (IPC) o 31 de decembro de 1995 supere o 3,8% se efectuará unha revisión salarial sobre o exceso do dito tanto por cento con efectos do 1 de xaneiro de 1995.

Dado que segundo certificación do Instituto Nacional de Estatística o Índice de Prezos ó Consumo o 31 de decembro de 1995 sitúase en 4,3%, procédese á revisión salarial nun 0,5% sobre as táboas salariais vixentes ó 31 de decembro de 1994, quedando a nova táboa tal como figura no anexo á presente acta.

Facúltase a Yolanda Carballo Muñoz para presentar esta acta perante a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Revisión táboa de salarios convenio 1995

NivelCategoríaSalarioPlus distanciaPlus transporteTotal

14 pagasDíaMesDíaMesanual

1Téc.Sup.142.1284998955211.1402.123.211
2Téc.medio110.2804998955211.1401.677.339

NivelCategoríaSalarioPlus distanciaPlus transporteTotal

14 pagasDíaMesDíaMesanual

3Encdo.Xral.110.4714998955211.1401.680.013
4Enc.obra102.8704998955211.1401.573.599
4Delte. Sup. 99.6634998955211.1401.528.701
4Delte. Téc. 94.3594998955211.1401.454.445
5Admvo. 1 99.0754998955211.1401.520.469
5Admvo. 2 97.3494998955211.1401.496.305
6Subalternos 94.3594998955211.1401.454.445
7Aux. Admvo. 95.4124998955211.1401.469.187
8Capataz 99.3014998955211.1401.523.633
8Oficial 1 99.0754998955211.1401.520.469
8Oficial 2 97.3494998955211.1401.496.305
9Peón Espdo. 94.3594998955211.1401.454.445
10Peón Ord. 94.3594998955211.1401.454.445
10Aprendiz 18 80.46449989339 6.8421.212.637
11-12Aprendiz 16/18 60.99349989339 6.842 940.043

96-1552