Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE de 15 de febreiro de 1996 pola la que se aproba o cambio de dominio mortis-causa das bateas de cultivo de mexillón, denominadas Toquenes número 1, Toquenes número 2 e Toquenes número 3, a favor de Herederos de Antonio Fernández Lago Comunidad de Bienes.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Toquenes nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula nº 4.

Data da concesión: 29-8-1980.

Data do remate da última prórroga: 29-8-2000.

Denominación da batea: Toquenes nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula nº 101.

Data da concesión: 12-9-1980.

Data do remate da última prórroga: 12-9-2000.

Denominación da batea: Toquenes nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula nº 3.

Data da concesión: 12-9-1980.

Data do remate da última prórroga: 12-9-2000.

Anterior concesionario: Antonio Fernández Lago e Manuela Goyanes Hermida.

Novo titular da concesión e batea: Herederos de Antonio Fernández Lago Comunidad de Bienes, integrada por Manuela Goyanes Hermida, Mª José Fernández Goyanes, Antonio José Fernández Goyanes e Ramón Manuel Fernández Goyanes.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigado ó cumplimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña,16 de Febreiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial de A Coruña

1639