Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.061

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de febreiro de 1996 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Asados.

Visto o expediente incoado por Vicente Nogueira Tourís, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Asados, outorgado pola Orde Ministerial do 23-10-1963 (BOE nº 268), situado na cuadrícula nº 71, do polígono «G» de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 8-11-2003, e do que eran titulares Eduardo Nogueira Tourís e Rosa Tourís Ochoa.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o cuaderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na Orde Ministerial de outorgamento, a favor de Vicente Nogueira Tourís.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 14 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Pontevedra

1418