Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se retifican os estatutos da Federación Galega de Automobilismo.

Visto os estatutos da Federación Galega de Automobilismo e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria de 26-12-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos e a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autorizar a publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario para o Deporte

Estatutos e Regulamento de réxime disciplinario da Federación Galega de Automobilismo

Capítulo I

Artigo 1º

A Federación Galega de Automobilismo, constituída ó amparo do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei do deporte 10/1990, do 15 de outubro, en relación co Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro; así como, co Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, desenvolvido pola Orde do 28 de xullo de 1995 da Consellería da Presidencia e da Administración Pública, ten como fin a reunión e dirección dos deportistas, oficiais de proba e das escuderías e asociacións deportivas, dedicadas á práctica do deporte do automobilismo deportivo, nas súas diversas modalidades, para o fomento, promoción, orientación, regulación, dirección e coordinación con carácter exclusivo do automobilismo deportivo dentro do territorio de Galicia, sen ánimo de lucro, e en coordenación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 2º

A federación constituída co disposto no artigo anterior denominarase Federación Galega de Automobilismo.

Artigo 3º

Para o cumprimento dos seus fins, a Federación Galega de Automobilismo goza de personalidade xurídica e capacidade de obrar, como entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro e personalidade xurídica e patrimonio propio e independente dos seus asociados.

Ademais das suas propias atribucións exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando neste caso como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 4º

A Federación Galega de Automobilismo, que fai parte da Federación Española de Automovilismo, rexerase, no relativo á súa constitución, inscrición,

rexistro, homologación, organización e funcionamento, polos presentes estatutos e sométese ás disposicións que lle sexan aplicables, de acordo coa lexislación vixente, que dicte a Xunta de Galicia e supletoriamente a Administración do Estado, e as disposicións que, en materia deportiva, dicten a Federación Internationale de L'Automobile e a Federación Española de Automovilismo para as probas de carácter internacional.

Artigo 5º

A Federación Galega de Automobilismo desenvolverá as súas actividades no territorio de Galicia. Terá unha duración indefinida e só se disolverá por acordo da asemblea xeral, ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ou por calquera das causas previstas nas leis. Poderá actuar, non obstante, fóra do territorio de Galicia.

Artigo 6º

A Federación Galega de Automobilismo ten o seu domicilio no Carballiño (Ourense), na avenida de Julio Rodríguez Soto, número 91, entresollado esquerdo, podendo cambiar de domicilio, dentro do territorio de Galicia, mediante acordo da asemblea xeral.

Artigo 7º

A Federación Galega de Automobilismo terá un representante territorial (vicepresidente da Xunta directiva) en cada unha das provincias que constitúen o territorio de Galicia.

Artigo 8º

Quedarán suxeitas ás disposicións emanadas da Federación Galega de Automobilismo todas aquelas entidades, ou as súas escuderías e asociacións deportivas, que se dediquen á práctica, fomento e á organización de probas de automobilismo deportivo nas súas diversas modalidades, que deberán estar inscritas, como tales, no rexistro de entidades que levará a Federación Galega de Automobilismo, e sen este requisito non poderá desenvolver actividades previstas nos seus estatutos respectivos en ningunha das modalidades de automobilismo deportivo obxecto de regulación pola Federación Galega de Automobilismo.

Artigo 9º

Quedarán suxeitos ás disposicións emanadas da Federación Galega de Automobilismo tódolos deportistas que se dediquen á práctica do automobilismo deportivo, nas súas diversas modalidades, os cales, para poderen participar nas probas que se organicen, e foran autorizados pola federación, deberán estar en posesión de licencia autonómica expedida pola Federación Galega de Automobilismo e validadas para a práctica de cada modalidade, de conformidade coas disposcións que ó respecto, dicte a federación, así como as licencias doutras federacións que sexan recoñecidas pola Federación Galega de Automobilismo.

Artigo 10º

Quedarán suxeitos ás disposicións emanadas da Federación Galega de Automobilismo tódolos oficiais de probas deportivas automobilísticas, os cales, para poder exerce-las súas funcións, deberán estar en posesión de licencia autonómica expedida pola Federación Galega de Automobilismo, válida para o exercicio de cada función, de conformidade coas disposicións que, ó respecto, dicte a federación, así como as licencias doutras federacións que sexan recoñecidas pola Federación Galega de Automobilismo.

Artigo 11º

Os membros afiliados á Federación Galega de Automobilismo, tanto se son asociacións, entidades deportivas, escuderías deportivas, como se son persoas físicas, gozarán dos seguintes dereitos:

a) Participar nas actividades que promova a federación.

b) Participar, con voz e voto, na asemblea xeral por si, ou por medio dos seus representantes, na forma dos estatutos.

c) Participar nos campionatos ou probas que organice a federación en calquera das modalidades de automobilismo deportivo.

d) Organizar e participar nas probas automobilístico-deportivas de acordo coas disposicións que ó respecto se dicten.

e) Obte-la información precisa en materia deportiva.

f) Obte-lo amparo e apoio da federación en todo canto se refira ó automobilismo deportivo.

g) Exercer cantos dereitos lles confiren os presentes estatutos e os regulamentos que, en materia deportiva e disciplina, dicte esta federación de acordo co Código Deportivo Internacional.

Artigo 12º

Os membros afiliados á Federación Galega de Automobilismo, tanto se son asociacións, entidades deportivas, escuderías deportivas como se son persoas físicas, terán as seguintes obrigacións:

a) Acata-los presentes estatutos e os acordos validamente adoptados pola asemblea xeral, comisión delegada e xunta directiva.

b) Acata-lo Código Deportivo Internacional e as disposicións que o desenvolvan e complementen.

c) Paga-lo importe das cotas que fixe a comisión delegada para o outorgamento de licencias, aprobación de regulamentos, reserva de calendario, e por calquera outro concepto que se coide oportuno.

d) Acata-las resolucións que adopte a comisión delegada no exercicio da potestade disciplinaria, sen prexuízo dos recursos establecidos.

e) Deposita-las caucións que se fixen, como trámite previo, á interposición das reclamacións e

recursos previstos nos estatutos no Código Deportivo Internacional e nos regulamentos disciplinarios.

Artigo 13º

Para que unha entidade ou escudería deportiva poida afiliarse como membro á Federación Galega de Automobilismo, deberá te-los seus estatutos adaptados ás disposicións dictadas pola Xunta de Galicia, conforme ó Decreto 228/1994, do 14 de xullo, desenvolvido pola Orde do 28 de xullo de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e deberá estar rexistrada, debidamente, no Rexistro de Clubs e Escuderías Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Capítulo II

Órganos de goberno e representación

Artigo 14º

A dirección e administración da Federación Galega de Automobilismo corresponde, dentro da súa respectiva competencia, á asemblea xeral e ó presidente.

Designarase, como órgano complementario ós de goberno e representación, secretario ou secretaria da Federación Galega de Automobilismo.

De igual xeito, designarase como órgano complementario ós de goberno e de representación, unha xunta directiva e un tesoureiro para asiti-lo presidente.

Capítulo III

Da asemblea xeral e da comisión delegada

Artigo 15º

A asemblea xeral, legalmente constituída, representa a tódolos deportistas, oficiais de probas, xuíces e árbitros, técnicos e ás entidades ou escuderías e asociacións deportivas, e os seus acordos, adoptados conforme as prescricións legais e ós presentes estatutos, son obrigatorios para tódolos membros que formen parte da Federación Galega de Automobilismo.

Artigo 16º

A asemblea xeral é o órgano supremo da Federación Galega de Automobilismo e é competente para coñecer, sen limitación ningúnha, tódolos asuntos que conirnen ó automobilismo deportivo e para adoptar aqueles acordos que, con carácter exclusivo, sexan da súa competencia, de acordo co disposto nas leis e nos presentes estatutos.

Dentro da asemblea xeral elixirase unha comisión delegada de entre os seus membros, mediante sufraxio e coincidirá o seu mandato co da asemblea xeral.

a) O número de membros da comisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15.

Os representantes da comisión delegada repartiranse entre os seguintes membros da semblea:

A.-Sete representantes de escuderías deportivas, elixidos entre os posuidores de licencia autonómica, por votación convocada para o efecto, segundo o seguinte reparto:

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas da modalidade de ralis de asfalto/terra.

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas da modalidade de montaña de asfalto/terra.

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas na modalidade de autocrós/rali crós.

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas da modalidade de karting.

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas na modalidade de eslalon.

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas na modalidade de automóbiles antigos.

Un representante de escuderías ou asociacións deportivas organizadoras/participativas de probas da modalidade de radio control.

B.-Catro representantes de comisarios técnicos, cronometradores, comisarios deportivos, directores e secretarios de carreira, e comisarios de ruta e sinaladores, elixidos entre os posuidores de licencia autonómica, por votación convocada para o efecto, segundo o seguinte reparto:

Un representante dos comisarios técnicos.

Un representante dos cronometradores-comisarios de ruta ou sinaladores.

Un representante dos comisarios deportivos.

Un representante dos directores de carreira-secretarios de carreira.

C.-Catro representantes dos pilotos e copilotos, elixidos entre os posuidores de licencia autonómica, por votación convocada para o efecto, segundo o seguinte reparto:

Un representante dos pilotos, de entre as modaliddes de ralis e montaña.

Un representante dos pilotos, de entre as modalidades de karting, automóbiles antigos e radio control.

Un representante dos pilotos de entre as modalidades de autocrós e eslalon.

Un representante dos copilotos de tódalas modalidades.

De producirse algunha vacante cubriríase co seguinte candidato máis votado.

O presidente da federación convocará a comisión delegada, que se reunirá, como mínimo, cada catro meses para os fins da súa competencia e, cando menos, para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

b) corresponde á comisión delegada da asemblea xeral, con independecia do que poida serlle asignado nos estatutos da Federación Galega de Automobilismo:

-A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

-A modificación do calendario deportivo.

-A modificación dos orzamentos dos regulamentos.

-O seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van tratar na comisión correspondente exclusivamente ó presidente ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Artigo 17º

A asemblea xeral é competente para:

a) A interpretación, modificación ou reforma dos presentes estatutos.

b) A aprobación e rendición de contas, aprobación do proxecto de orzamentos para cada exercicio, e aprobación da memoria anual de actividades.

c) A aprobación de convocatoria para a elección da xunta directiva e dos representantes da asemblea xeral.

d) A autorización das operacións de alleamento e gravame de bens inmobles, de tomar diñeiro a préstamo e de emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, cos requisitos establecidos pola lei.

e) A aprobación dos plans xerais de actuación da federación.

f) A adopción daqueles acordos, en xeral, que interesen á federación, sen prexuízo das facultades concedidas ós restantes órganos de goberno e a adopción daqueles acordos que, de conformidade cos presentes estatutos, sexan de competencia exclusiva da asemblea xeral.

Artigo 18º

1.-As reunións da asemblea xeral axustaranse ó seguinte réxime:

a) A asemblea xeral reunirase unha vez ó ano, necesariamente antes de comeza-la nova tempada deportiva, en sesión ordinaria para os fins da súa competencia e, como mínimo, para a aprobación dun novo orzamento e liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das bases ou regulamentos que rexerán as competicións e apra a aprobación da memoria de actividades anuais.

b) As demais reunións terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente, ou por proposta dun número de membros da asemblea non inferior ó 20%.

Presentada a solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente deberá convocala, necesariamente, nun prazo de 10 días naturais. Desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poderán transcorrer máis de 30 días naturais.

c) A convocatoria, que deberá conte-la orde do día da reunión, farase pública no taboleiro de anuncios da federación e nas delegacións territoriais, con 10 días de antelación á data de celebración. En todo caso notificarase individualmente a cada un dos membros da asemblea, por calquera medio que permita ter constancia da data da súa recepción, cunha antelación mínima de 48 horas.

d) No defecto de previsión estatutaria, a asemblea Xeral quedará validamente constituída cando concorran en primeira convocatoria a metade máis un dos seus membros, e na segunda convocatoria, que terá lugar media hora máis tarde, calquera que sexa o número de asitentes.

2.-Co fin de garanti-lo cumprimento efectivo das funcións encomendadas á Federación Galega de Automobilismo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia convocará unha asemblea xeral ou a comisión delegada, para o debate e resolución, se procede, de asuntos ou cuestións determinadas, cando aquelas non foran convocadas por quen ten a obriga estatutaria ou legal de facelo no tempo regulamentario.

3.-O voto será persoal. Non se admitirá a delegación de voto agás o correspondente ós clubs deportivos que poderán exercelo ou o seu presidente ou a persoa na que delegue, sempre que non sexa membro da asemblea da federación, de acordo cos seus propios estatutos con carácter expreso e escrito para cada reunión. Ninguén poderá ostentar máis dunha delegación de voto.

Artigo 19º

A asemblea xeral será presidida polo presidente da xunta directiva da federación e asistida polo seu secretario/a, que terá voz pero non voto, e das súas reunións redactarase a oportuna acta, na que se farán consta-los acordos adoptados, nome dos membros presentes, sendo aprobada a continuación da reunión e, se é o caso, dentro dos quince días seguintes.

Artigo 20º

Os acordos da asemblea xeral tomaranse por mairoía simple dos votos dos membros asistentes cando se trate de asuntos ordinarios e por maioría dos dous tercios do votos dos membros asistentes cando se trate de asuntos non ordinarios.

No caso de empate, o voto do presidente será dirimente.

Artigo 21º

A asemblea xeral da Federación Galega de Automobilismo estará constituída polos representantes dos colectivos deportivos indicados no artigo 15º dos presentes estatutos nas proporcións que a continuación se establecen:

Entidades deportivas inscirtas na Federación Galega de Automobilismo, entre as que se inclúen as sociedades anónimas deportivas, ata un máximo dun 75%.

Deportistas, ata un máximo dun 15%.

-Un 3% de entre dos deportistas elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modadalidade de karting, por votación convocada para o efecto.

-Un 1% de entre os deportistas elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de automóbiles antigos, por votación convocada para o efecto.

-Un 5% de entre os deportistas elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de pilotos/copilotos de ralis/montaña de asfalto/terra, por votación convocada para o efecto.

-Un 1% de entre os deportistas elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de radio control, por votación convocada para o efecto.

-Un 3% de entre os deportistas elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de autocross, por votación convocada para o efecto.

-Un 2% de entre os deportistas elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de slalom, por votación convocada para o efecto.

Técnicos, ata un máximo dun 5%.

-Un 3% de entre os técnicos elixidos entre os posuidores de licencia autonómica na modalidade de comisarios técnicos, por votación convocada para o efecto.

-Un 2% de entre os cronometradores elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de cronometradores, por votación convocada para o efecto.

Xuíces e árbitros, ata un máximo dun 5%.

-Un 4% de entre os comisarios/directores/secretarios elixidos entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de comisiarios deportivos, directores de carreira e secretarios de carreira, por votación convocada para o efecto.

-Un 1% de entre os comisarios de ruta e sinaladores elixidos de entre os posuidores de licencia autonómica da modalidade de comisarios de ruta e sinaladores, por votación convocada para o efecto.

O número de membros da asemblea xeral fixarase na convocatoria de eleccións á mesma.

Artigo 22º

1.-Os seus membros serán elixidos cada 4 anos por sufraxio libre, igual, directo e secreto, entre e polos compoñentes de cada estamento, de acordo coa proporción que se estableza nos estatutos da Federación Galega de Automobilismo, coincidindo con anos dos xogos olímpicos de inverno, agás cando concorran causas excepcionais que deberán ser autorizadas polo Secretaría Xeral para o Deporte a través da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución.

2.-A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en comisión delegada.

Capítulo IV

O presidente

Artigo 23º

O presidente e o órgano executivo da Federación Galega de Automobilismo. Ten a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación, e executa os acordos destes.

Artigo 24º

Será elixido cada catro anos por sufraxio libre, igual, directo e secreto, polos membros da asemblea xeral, coincidindo cos anos dos xogos olímpicos de inverno, agás que concorran causas excepcionais que deberán ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución.

Artigo 25º

Os candidatos, que poderán non ser membros da asemblea xeral, deberán avala-la presentación da candidatura mediante a sinatura de, polo menos, o 10% dos membros da asemblea.

Artigo 26º

Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría, procederase a unha segunda votación entre os candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría de votos.

Artigo 27º

O presidente gozará do voto de calidade, no caso de empate, naquelas decisións que deban adopta-los órganos que preside.

Artigo 28º

Para poder ser candidato a presidente ou membro da xunta directiva da Federación Galega de Automobilismo, terá que reuni-las seguintes condicións:

a) Te-la condicións política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 171981, do 6 de abril do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civís.

d) Non ter incorrido en ningunha sanción deportiva que o inhabilite.

e) O candidato a presidente deberá ter posuído licencia autonómica expedida pola Federación Galega de Automobilismo, como mínimo, durante dous anos anteriores ó da celebración da convocatoria de eleccións.

Artigo 29º

A persoa que resulte elixida como presidente da Federación Galega de Automobilismo ten que cesar en todo tipo de actividades técnicas e directivas de automobilismo no ámbito territorial da Federación Galega de Automobilismo.

Capítulo V

Xunta directiva

Artigo 30º

1.-A xunta directiva será o órgano colexiado de xestión da Federación Galega de Automobilismo, sendo os seus membros designados e revogados libremente polo presidente, que a presidirá.

2.-Formarana un número de membros non inferior a 5 nin superior a 15.

3.-Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral terán acceso ás sesións desta, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 31º

Tódolos cargos son de honra e, no caso extraordinario, cando se estableza unha compensación económica xustificada en favor dalgún dos membros da xunta directiva, ten que ser expresamente acordada por maioría absoluta da asemblea xeral e constar de forma diferenciada nos orzamentos. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

Capítulo VI

O/A secretario/a e o tesoureiro

Artigo 32º

O presidente da Federación Galega de Automobilismo nomeará a un/unha secretario/a, que poderá ser membro da xunta directiva, se así o recollen os estatutos, que exercerá as funcións de fedatario e asesor, e máis especificamente:

a) Levantar actas das sesións dos órganos de goberno e representación da Federación Galega de Automobilismo, con indicación dos asistentes, temas tratados, ou resultado das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán das responsabilidades que puideran derivarse, se fora o caso, dos acordos dos órganos colexiados.

b) Expedi-las certificacións oportunas dos acordos dos órganos de goberno e representación.

c) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de 15 días desde a data da súa celebración.

d) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e regulamentos da federación ou lle sexan delegadas polo presidente.

Artigo 33º

O tesoureiro da federación é o órgano de administración desta.

Exercerá como funcións propias:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da federación.

c) Elaborar e presentar balance á comisión delegada do estado contable da federación.

d) Calquera outra función que lle encomenden os estatutos e regulamentos da federación.

No caso de que na Federación Galega de Automobilismo non exista tesoureiro, o seu presidente será o responsable de exercer estas funcións, podendo delegalas na persoa que considere oportuno.

Capítulo VII

Comités

Artigo 34º

1.-Na Federación Galega de Automobilismo poderanse constituír cantos comités de considere necesario.

2.-Cando os comités atendan ó desenvolvemento dunha especialidade deportiva específica amparada pola federación, a designación dos seus presidentes efectuarase por proposta dos colectivos ou estamentos interesados.

3.-Os demais presidentes serán designados polo presidente da federación. Nos regulamentos federativos reflectarase o funcionamento, composición e competencias destes comités.

Artigo 35º

1.-No seo da Federación Galega de Automobilismo constituirase, de xeito obrigatorio, un comité de xuíces ou de árbitros; o presidente do mesmo será designado polo presidente da federación.

2.-Este comité poderá adopta-la estructura territorial da federación.

Artigo 36º

Serán funcións deste comité:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente, en función de cirterios prefixados pola asemblea xeral, los xuíces ou árbitros, propoñendo á xunta directiva a adscrición ás

categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaránse á asemblea xeral.

c) Propoñer-los candidatos a xuíces ou árbitros nacionais.

d) Propoñer á xunta directiva as normas administrativas que regulan a arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

e) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da Federación Galega de Automobilismo na formación de xuíces e árbitros.

Capítulo VIII

Réxime económico

Artigo 37º

1.-O orzamento deberá eleborarse anualmente correspondendo a súa aprobación á asemblea xeral.

2.-A Federación Galega de Automobilismo non poderá aprobar orzamentos deficitarios, excepcionalmente a Secretaría Xeral para o Deporte poderá autoriza-lo carácter deficitario de tales orzamentos.

Artigo 38º

A Federación Galega de Automobilismo ten o seu propio réxime de administración e xestión do orzamento e patrimonio, séndolles de aplicación, en todo caso, as seguintes regras:

a) Pode promover e organizar actividades e competicións dirixidas ó público, debendo aplica-los beneficios económicos, de habelos, ó desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Pode gravar e allea-los seus bens inmobles, tomar diñeiro a empréstito e emitir títulos representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que os ditos negocios xurídicos non compromentan de xeito irreversible o patrimonio da entidade ou do seu obxecto social. En todo caso, cando a súa contía sobrepase o 25% do orzamento anual da federación, ademais do acordo da asemblea xeral será imprescindible informe favorable da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Cando se trate de bens inmobles que fosen financiados en todo ou en parte, con fondos públicos da Comunidade Autónoma galega, será preceptiva a autorización da Secretaría Xeral para o Deporte para o seu gravame ou asignación.

c) Pode exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios e destina-los seus bens e recursos ós mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún caso poderá repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non poderá comprometer gastos de carácter plurianual, no seu período de mandato, sen autorización previa da Secretaría Xeral para o Deporte, cando o gasto anual comprometido supere o 10% do orzamento ou sobrepase o período de mandato do presidente.

Artigo 39º

A Federación Galega de Automobilismo eleborará unha memoria na que se incluirá a liquidación do orzamento que analizará fielmente a actividade económica da federación, a súa axeitada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e dos proxectos a desenvolver, e informar separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:

1.-Diferenciación de ingresos e aportacións segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, doazóns e aportacións privadas.

c) Vendas de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos por servicios prestados pola federación, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2.-Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo e investimentos seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de élite e profesional.

j) Árbitros.

k) Órganos xurisdiccionais.

3.-a) O importe das obrigacións de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstas no balance.

b) O importe das garantías e avais comprometidos.

4.-A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado pola asemblea anterior.

Artigo 40º

A requirimiento da Secrearía Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, nas condicións que esta determina, a Federación Galega de Automobilismo deberá someterse á inspección do seu réxime documental establecido: que incluirá como mínimo libro de actas dos órganos de goberno e representación, libros de contabilidade, libro de rexistro dos clubs e asociacións afiliadas, e libro-inventario dos bens mobles e inmobles, todos eles debidamente dilixenciados dos presentes estatutos, así como auditorías financeiras sobre a totalidade dos gastos.

Artigo 41º

As contas anuais e os orzamentos teñen que estar no domicilio social da federación cunha anticipación mínima de 15 días á celebración da asemblea; á disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, as cales poderán pedir copia, que se lles entregará antes da celebración da asemblea.

Artigo 42º

No caso de disolución da Federación Galega de Automobilismo, o seu patrimonio neto, se o houbese, aplicarase á realización de actividades análogas; a Secretaría Xeral para o Deporte determinará o seu destino correcto.

Capítulo IX

Réxime disciplinario

Artigo 43º

A Federación Galega de Automobilismo en materia de disciplina deportiva ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, os clubs deportivos e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e árbitros, e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva correspondente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 44º

A potestade disciplinaria deberá exercerse no marco do establecido na Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, e Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995, pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federación deportivas galegas, e polas disposicións federativas aprobadas conforme a elas.

Para tal efecto concrétase a normativa disciplinaria no capítulo XII dos presentes estatutos.

Artigo 45º

A Federación Galega de Automobilismo regulará nos seus estatutos a composción e funcionamento dos órganos competentes en materia disciplinaria que serán:

a) En primeira instancia un comité de competención ou xuíz único.

b) En segunda instancia un comité de apelación.

Artigo 46º

Contra as resolucións definitivas da Federación Galega de Automobilismo en materia disciplinaria cabe recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Capítulo X

Réxime electoral

Artigo 47º

A elección do presidente da Federación Galega de Automobilismo levarase a cabo mediante convo

catoria acordada pola asemblea extraordinaria; na orde do día constará o procedemento a seguir para a elección e o nomeamento da xunta electoral, que estará integrada por tres membros titulares e tres suplentes que se elixirán entre persoas que non sexan candidatos, en elección libre, directa, igual e secreta, de acordo cos estatutos da Federación Galega de Automobilismo, reatificada pola Secretaría Xeral para o Deporte e aprobadas previamente pola asemblea xeral en sesión extraordinaria.

Artigo 48º

1.-Os regulamentos electorais da Federación Galega de Automobilismo regularán, cando menos, as seguintes cuestións:

a) Número de membros da asemblea e a súa distribución por estamentos, de acordo co establecido nos estatutos da federación.

b) Circunscricións electorais, se é o caso, o número de representantes de cada estamento por cada unha delas.

c) Calendario electoral: prazos, presentación e proclamación de candidatos, así como o sistema de desempate.

d) Censo electoral.

e) Composición, competencias, e funcionamento da xunta electoral.

f) Procedemento de resolución de conflictos e reclamacións, que deberán resolverse sen dilación.

g) Recursos electorais.

h) Composición, competencias e funcionamento das mesas electorais.

i) Elección do presidente, de acordo co previsto no capítulo IV dos presentes estatutos.

k) Elección da comisión delegada da asemblea.

2.-No momento de apertura do prazo para a presentación de candidaturas á elección de presidente, deberá estar publicada a relación dos membros elixidos para a asemblea xeral. O prazo de presentación de candidaturas para elección de presidente non poderá ser inferior a dez días naturais.

3.-O presidente da federación e os membros da comisión delegada será elixidos na primeira reunión da nova asemblea xeral.

Artigo 49º

Aprobado o regulamento de elección, a xunta directiva procederá no prazo sinalado no mesmo, á convocatoria de eleccións da asemblea xeral. A partir dese momento, dita xunta directiva constituirase en comisión xestora da Federación Galega de Automobilismo.

O prazo de ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia dos regulamentos electorais fíxase nun mes desde a súa presentación nela.

Artigo 50º

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de elección á asemblea xeral e ó presidente, así como o Regulamento de eleccións coas medidas previstas nas disposicións federativas, a través dun medio que permita asegura-la recepción da dita notificación. Deberá expoñerse o regulamento en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

Artigo 51º

As eleccións serán controladas pola xunta electoral e os interventores designados polos candidatos, que levantarán acta unha vez finalizada a votación e o reconto. A dita acta, debidamente certificada, remitirase á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia no prazo de 3 días.

Artigo 52º

1.-No suposto de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación e o secretario xeral para o Deporte ou a persoa na que delegue proclamará presidente a este candidato, á vista da acta de xunta electoral.

2.-Se non se presentase ningunha candidatura ou non é válida ningunha das presentadas, a xunta directiva, constituída en comisión xestora, administrará a federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de 3 meses.

Artigo 53º

Contra as resolucións ou acordos da xunta electoral da Federación Galega de Automobilismo pódese interpoñer recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Capítulo XI

Procedementos especiais

Artigo 54º

A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúa cando mesnos o 25% da mesma, mediante escrito presentado no rexistro da federación. Na dita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día así como propoñer un candidato alternativo á presidencia.

Artigo 55º

Caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de doble volta, debendo alcanza-la maioría absoluta dos membros que compoñen a asemblea na primeira ou maioiría simple de asistentes en segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido cun mandato polo prazo que falte para conclui-lo período ordinario.

Artigo 56º

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria á que se refire este artigo, aplicarase o disposto no artigo 18º destes estatutos. A sesión da

asemblea xeral na que se debata a moción de censura, estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Artigo 57º

Se a moción de censura non prosperase, non se poderá presentar unha nova ata dentro de seis meses, tampouco se poderá presentar, no caso de prosperar, contra o candidato investido na dita moción ata que transcorran seis meses.

Capítulo XII

Réxime disciplinario deportivo da Federación Galega de Automobilismo

Sección 1ª

Disposicións xerais

Artigo 58º

O ámbito da disciplina deportiva esténdese ás infraccións das regras do xogo ou competición e das normas xerais deportivas tipificadas na Lei do deporte, no Real decreto 1591/1992, sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995, pola que se se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federación deportivas galegas, así como as contidas no presente regulamento, no Código Deportivo Internacional, e nas demais disposicións desta Federación Galega de Automobilismo.

1.-Consideraranse infraccións das regras de xogo ou competición, as accións ou omisións cometidas durante o transcurso dos mesmos, e que afecten, vulneren, impidan ou perturben o seu normal desenvolvemento.

2.-Consideraranse infraccións das normas xerais deportivas as demais accións ou omisións que sexan contrarias ó disposto polas ditas normas.

Artigo 59º

1.-O réxime disciplinario deportivo é independente da responsabilidade civil ou penal, así como o réxime derivado das relacións laborais, que se rexerá pola lexislación que en cada caso corresponda.

2.-A imposición de sancións en vía administrativa, conforme ó previsto na Lei do deporte e disposicións de desenvolvemento para a prevención da violencia nos espectáculos públicos, non impedirá, se é o caso e atendendo ó seu distinto fundamento, a depuración de responsabilidades de índole deportiva a través dos procedementos previstos neste capítulo, sen que poidan recaer sancións de idéntica natureza.

3.-En virtude de canto antecede, a existencia dun procedemento en trámite dentro de calquera das xurisdiccións citadas, é decir, civil, penal, laboral ou administrativa en materia de prevención da violencia nos espectáculos deportivos, non impedirá a coexistencia dalgún dos procedementos deportivos que se regulan neste capítulo.

Artigo 60º

Non será castigada infracción ningúnha, nin será aplicada sanción, que non estea previamente tipificada como tal con anterioridade á su perpetración.

Artigo 61º

As faltas de carácter deportivo poderán ter carácter de moi graves, graves ou leves.

Artigo 62º

Só terán efecto retroactivo as disposicións discipliarias que favorazan os inculpados, aínda no caso de que ó publicarse aquelas xa recaera resolución firme.

Artigo 63º

Na determinación da sanción aplicable en cada caso deberase garda-la debida adecuación entre a gravidade do feito constitutivo da infracción e a sanción aplicada.

Artigo 64º

En materia disciplinaria deportiva, un mesmo feito non poderá ser obxecto de máis dunha sanción. Non se considerarán como dobres sancións aquelas que no presente regulamento se establezan e cualifiquen como accesorias doutras sancións principais, e as que sexan acordadas polos comisarios deportivos, ou outros oficiais con potestade para isto, dentro do marco das súas competencias, como consecuencia do desenvolvemento dunha proba ou competición.

Sección 2ª

Organización disciplinaria. Potestade disciplinaria

Artigo 65º

O Tribunal Galego de Apelación é o órgano xurisdiccional de rango superior e última instancia da Federación Galega de Automobilismo.

Exerce a súa potestade en materia técnico-deportiva, disciplinaria e de consulta e asesoramento por aplicación da Lei 10/1990, do deporte e as súas disposicións de desenvolvemento, Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro, Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994 do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, regulamentos, Código Deportivo Internacional (C.D.I.) e disposicións da F.I.A., desta Federación Galega de Automobilismo e os seus estatutos, sobre aquelas entidades e persoas físicas que formen parte da súa estructura orgánica e que desenvolvan íntegra nela a modalidade do automobilismo deportivo en tódalas súas facetas.

Artigo 66º

O seu ámbito de actuación estenderase ó conxunto do territorio de Galicia, exercendo a súa potestade sobre tódalas pesoas que formen parte da estructura orgánica da Federación Galega de Automobilismo, os clubs deportivos e os deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e oficiais e, en xeral, sobre todas

aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva correspondente no ámbito de Galicia.

O Tribunal Galego de Apelación terá a súa sede no Carballiño, no domicilio da Federación Galega de Automobilismo, que queda designado para todo tipo de notificacións.

De forma extraordinaria e cando as circunstancias o puideran aconsellar, o tribunal poderá reunirse en calquera lugar do territorio de Galicia. Para isto será preceptivo o informe favorable do vocal asesor do tribunal, co visto e prace do secretario xeral da Federación Galega de Automobilismo (ou do comité executivo ou comisión permanente).

Artigo 67º

Sen prexuízo do disposto nos artigos anteriores, tamén exercerán a potestade disciplinaria:

A.-Os comisarios, oficiais e xuíces, durante o desenvolvemento das probas e competicións, sobre os participantes nelas, con suxeición ás regras establecidas para cada modalidade deportiva.

B.-Os clubs deportivos, sobre os seus socios e asociados, deportistas, técnicos, directivos e administradores.

C.-O Comité Galego de Disciplina Deportiva, sobre as mesmas persoas e entidades que a Federación Galega de Automobilismo sobre estas normas e os seus directivos.

Artigo 68º

O Tribunal Galego de Apelación estará adscrito organicamente á Federación Galega de Automobilismo e exercerá as súas funcións e competencias con total liberdade e independencia dela.

O Tribunal Galego de Apelación estará composto por un número de vocais-membros non superior a quince nin inferior a tres, e un vocal-asesor.

Tanto os vocais-membros como o vocal-asesor do tribunal deberán ter necesariamente formación e titulación xurídica, salvo o disposto nos dous parágrafos seguintes deste artigo, e serán elixidos pola asemblea xeral por proposta da xunta directiva.

Con carácter excepcional, a xunta directiva tamén poderá propoñer como membros vocais do tribunal aquelas persoas que, carecendo de formación e titulación xurídica, teñan, ó seu xuízo, relevante prestixo dentro de automobilismo debido á súa traxectoria deportiva.

O número máximo de vocais non xuristas non poderá ser superior a catro, e non poderá convocarse máis dun destes en cada sesión do tribunal.

Artigo 69º

O Tribunal Galego de Apelación deberá ser dotado pola Federación Galega de Automobilismo de todos aqueles medios materiais, técnicos e humanos necesarios para o seu correcto, normal e axeitado funcionamento.

Os vocais-membros non serán remunerados, pero poderán percibir axudas de custo por asistencia ás súas reunións, nos termos e forma que se estableza posteriormente na normativa correspondente. O cargo de vocal-asesor do tribunal poderá ser remunerado.

Artigo 70º

A duración dos mandatos e as causas de cesamento dos membros do Tribunal Galego de Apelación serán os seguintes:

a) A duración do mandato dos vocais-membros do tribunal será de catro anos.

Os actuais vocais-membros do tribunal continuarán exercendo as súas funcións ata que se proceda á súa renovación de acordo co procedemento seguinte:

Transcorridos dous anos desde a data de aprobación do presente regulamento, causarán baixa o cincuenta por cento dos seus vocais-membros. A determinación dos membros que deban causar baixa producirase por sorteo.

A partir da data deste sorteo, a duración do mandato para os vocais-membros que permanezan no tribunal quedará reducida a dous anos.

Tras esta primeira renovación, as sucesivas produciranse cada dous, e cesarán aqueles membros que cumpran catro anos de mandato.

b) Os vocais-membros e vocal-asesor cesarán nos seus cargos por calquera das seguintes causas:

1.-Transcurso do termo temporal do seu mandato.

2.-Defunción.

3.-Demisión.

4.-O vocal-asesor e os vocais-membros poderán ser suspendidos ou cesados nos seus cargos a través de expediente oportuno, no caso de que incorran en infraccións graves ou moi graves contra a disciplina deportiva, ou nalgunha das causas que impiden o exercicio de funcións públicas.

O ceñemento do eventual expediente corresponderá ó Tribunal Galego de Apelación, que para coñecer del deberá estar composto por -cando menos- oito dos seus membros.

c) As vacantes que se poidan orixinar polas causas previstas nos apartados 2, 3 e 4 do punto b), serán cubertas de forma inmediata na seguinte asemblea xeral por proposta da xunta directiva.

Artigo 71º

O Tribunal Galego de Apelación estará validamente constituído coa presencia de cando menos tres vocais-membros, sendo, en todo caso, necesaria a asistencia do vocal-asesor, quen convocará as reunións e levantará actas delas actuando como secretario, impulsará o seu funcionamento e participará nos debates con voz pero sen voto.

Excepcionalmente, se só comparecesen dous vocais-membros nunha sesión do tribunal, este quedará validamente constituído con presencia do vocal-asesor.

Para o tratamento e desenvolvemento de cada asunto, os vocais que compoñan o tribunal convocado elixirán entre eles un que actuará como presidente, que dirixirá os debates, actuará como portavoz do tribunal e do cal o voto terá carácter dirimente en caso de empate.

Ás sesións do tribunal poderá asistir un responsable deportivo da Federación Galega de Automobilismo, que participará con voz pero sen voto.

Así mesmo, cando o asunto a debater o requira e co obxecto de ser asesorado tecnicamente, o tribunal poderá requiri-la presencia de calquera persoa ou representante de entidades integradas na estructura, orgánica da Federación Galega de Automobilismo. Os seus informes, dictames, asesoramentos e opinións non serán vinculantes para o tribunal.

Artigo 72º

O Tribunal Galego de apelación da Federación Galega de Automobilismo está facultado para evacuar consultas, xulgar, investigar e, se é o caso, sancionar ou corrixir dentro das competencias concedidas pola lexislación vixente.

Exercerá a dita potestade sobre as persoas e entidades sinaladas nos artigos 65º e 66º do presente regulamento da seguinte forma:

a) En materia disciplinaria:

Actuará como órgano de primeira instancia, promovendo a apertura e incoación dos procedementos oportunos, que poderán ser iniciados de oficio, a instancia de parte ou a requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Co obxecto de determina-la existencia ou non dos feitos que puideran ser sancionables, poderanse iniciar con carácter previo dilixencias informativas ou indagatorias.

As resolucións adoptadas nesta materia poderán ser recorridas ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou órgano que o substituíra nun futuro, na forma e prazos que se indican máis adiante.

Acturá como órgano de segunda instancia nos casos nos que así veña establecido na normativa vixente.

b) En materia técnico-deportiva:

Actuará como órgano de segunda instancia, en vía de apelación, contra resolucións adoptadas polos colexios de comisiarios deportivos no exercicio das súas funcións.

Nesta materia o Tribunal Galego de Apelación constituirá a última instancia, de conformidade co establecido no Código Deportivo Internacional, e sen prexuízo das atribucións do Tribunal de Apelación Internacional da F.I.A. en canto ás resolucións derivadas de probas internacionais que afecten a un

estranxeiro, e do Comité Galego de Disciplina Deportiva na vixilancia das garantías e dereitos de carácter xeral.

c) En materia consultiva:

Tamén poderá actuar, con carácter extraordinario, como órgano de consulta e asesoramento, por petición da xunta directiva, naqueles asuntos relacionados co automobilismo deportivo que non interfiran no seu labor xurisdiccional, e de maneira non vinculante.

Sección terceira

Das faltas. Infraccións.

Artigo 73º

As infraccións deportivas clasifícanse en moi graves, graves e leves.

Artigo 74º

Consideraranse como infraccións comúns moi graves as regras do xogo ou da competición, ou ás normas xerais deportivas:

a) Os abusos de autoridade.

b) Os quebrantamentos de sancións impostas.

O quebrantamento apreciarase en tódolos supostos nos que as sancións resulten executivas.

O mesmo réxime aplicarase cando se trate do quebrantamento de medidas cautelares.

Consideraranse tamén como autores desta falta os organizadores, comisarios ou oficiais que permitan a participación nunha proba dun deportista, comisario ou oficial que se atope baixo sanción de suspensión de licencia ou de inhabilitación para tomar parte nela.

c) As actuacións dirixidas a predeterminar mediante prezo, intimidación ou simple acordo o resultado dunha proba ou competición.

d) As agresións, comportamentos, actitudes e xestos antideportivos ou agresivos de federados, ou de persoas físicas que formen parte da estructura orgánica da Federación Galega de Automobilismo, xa sexa -en ámboloss casos- por dereito propio ou en calidade de representante de entidades, dirixidos contra oficiais, directivos, autoridades deportivas ou outros deportistas ou o público.

Entenderanse incluídas dentro do concepto de autoridades deportivas todas aquelas persoas que, federadas ou non, desenvolvan funcións de calquera tipo dentro da organización e desenvolvemento dunha proba ou competición.

e) As declaracións públicas de directivos, oficiais, deportistas, federados, así como de calquera persoa física que forme parte da Federación Galega de Automobilismo, xa sexa por dereito propio ou en calidade de representante dalgunha entidade, que inciten á violencia.

f) A falta de asistencia non xustificada ás convocatorias que puidera face-la Federación Galega

de Automobilismo para constituír unha selección deportiva de Galicia.

g) A participación en competicións organizadas por países que promovan a discriminación racial ou sobre os que pesen sancións deportivas impostas por organizacións internacionais, ou con deportistas que representen os mesmos.

h) Os actos notorios e públicos que atenten contra a dignidade e o decoro deportivos, cando revistan unha especial gravidade. Así mesmo, considerarase falta moi grave a reincidencia en infracción graves por feitos desta natureza.

i) A manupulación e/ou alteración, xa sexa persoalmente ou a trave de persoa interposta, dos vehículos de carreiras, do material ou equipamento deportivo, en contra dos regulamentos técnicos que rexen o automobilismo deportivo, cando poidan altera-a seguridade da proba ou competición, ou poñan en perigo a integridade das persoas, e a reiteración -por máis de dúas veces na mesma temporada- no uso de combustibles non autorizados.

Para tódolos efectos, consideraranse autores desta falta, e das contidas nos dous apartados seguintes, tanto os deportitas como os concursantes que utilicen vehículos manipulados e/ou alterados, ou que reiteren máis de dúas veces na mesma temporada o uso de combustibles non autorizados, tanto en adestramentos clasificatorios como en competicións en si mesmas, salvo proba en contrario.

j) A suplantación e a substitución non autorizada de persoas inscritas nunha proba.

k) A incomparecencia ou a retirada inxustificada das probas ou competicións, estando inscrito previamente nelas.

l) A inexecución das resolucións adoptadas polo Comité Galego de Disciplina Deportiva ou o Tribunal Galego de Apelación da Federación Galega de Automobilismo, sempre que estas últimas teñan carácter de firmeza.

m) A participación en competicións ou os seus adestramentos, baixo o efecto de substancias cualificadas como dopaxe, por estar incluídas na relación que para estes efectos emita a Federación Galega de Automobilismo, e sempre e cando se detectaran tales substancias conforme o procedemento que se regule no Regulamento antidopaxe federativo, e/ou na normativa estatal aplicable. Así como os actos ecamiñados a promocionar ou incitar ó consumo ou utilización destes productos ou substancias ou a entorpecer o desenvolvemento dos controis esixidos por órganos e persoas competentes, ou a negativa a someterse a eles.

n) Organizar ou tomar parte en probas autonómicas, estatais e/ou internacionais que non conten con debido permiso de organización da Federación Galega de Automobilismo, Federación Española de Automovilismo e/ou Federación Internacional, ou cos seguros pertinentes establecidos por ela.

ñ) O incumprimento por parte de calquera persoa física ou entidade que forme parte da Federación Galega de Automobilismo, ou da súa estructura orgánica, dos acordos adoptados pola asemblea xeral, ou de disposicións estatutarias ou regulamentarias, sempre que revistan especial gravidade.

o) O incumprimento reiterado de ordes ou instruccións emanadas dos comisarios deportivos, comisarios técnicos, directores de carreira, directivos, así como as demais autoridades deportivas, dentro das que se atopa o Tribunal Galego de Apelación.

Entenderase que hai reiteración na desobediencia se a orde debe darse tres ou máis veces antes de ser cumprida.

p) Ser obxecto dentro da mesma temporada deportiva, de tres exclusións de probas, sexa cal sexa a súa categoría ou especialidade, ou a causa da exclusión.

q) Calquera acción ou omisión realizada durante o transcurso dunha proba que, sen causa xustificada, poña en perigo a integridade física doutros participantes, dos oficiais actuantes ou do público asistente.

r) Realizar adestramentos de toda clase, ou probas de coches de carreiras, en vías públicas abertas ó tráfico, e nos días e horas non indicados ó respecto.

Artigo 75º

Consideraranse como infraccións específicas moi graves, as seguintes:

A.-Específicas para federativos.

1.-A non convocatoria, nos prazos e condicións legais, de forma sistemática e reiterada dos órganos colexiados federativos.

2.-A incorrecta utilización dos fondos privados ou das subvencións, créditos, avais e demais axudas do Estado, dos seus organismos autónomos, ou de calquera outro xeito concedidos con cargo ós orzamentos xerais do Estado.

3.-O compromiso de gastos de carácter plurianual do orzamento da Federación Galega de Automobilismo, sen a regulamentaria autorización.

4.-A non expedición inxustificada dunha licencia, conforme o previsto no artigo 7.1º do Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995, pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

5.-A organización de actividades ou competicións deportivas oficiais de carácter internacional sen a regulamentaria autorización.

B.-Específicas para organizadores.

1.-O non pagamento de premios, axudas de custos a oficiais, a non entrega de trofeos que estiveran establecidos, ofrecidos ou anunciados para unha proba.

Consideraranse autores desta falta disciplinaria: a entidade organizadora e os membros do seu comité organizador.

2.-A participación na proba organizada de oficiais, deportistas ou concursantes que non conten coa licencia axeitada correspondente.

C.-Específicas para comisarios e oficiais.

1.-A neglixencia e a mera ignorancia vencible no cumprimento das súas funcións por parte dos oficiais e comisarios actuantes nunha proba, que resulte plasmada en resolución expresas.

Serán responsables subsidiarios da competencia dos oficiais e das consecuencias dos seus actos, as entidades e comités organizadores que os designaran.

Artigo 76º

Consideraranse como infracción comúns graves das regras do xogo ou competición, ou das normas xerais deportivas:

a) O incumprimento de ordes e instruccións emanadas dos comisiarios deportivos, comisarios técnicos, directores de carreira, directivos, así como demais autoridades deportivas, se o feito non reviste o carácter de falta moi grave.

Entenderanse incluídas dentro do concepto de autoridade deportiva a todas aquelas persoas que, federadas ou non, desenvolvan funcións de calquera índole dentro da organización de desenvolvemento dunha proba ou competición, e especificamente ó Tribunal Galego de Apelación, no exercicio da súas funcións xurisdiccionais.

b) Os actos notorios ou públicos que atenten contra a dignidade e o decoro deportivos.

c) A manipulación e/ou alteración, xa sexa pesoalmente ou a través de persoa interposta, dos vehículos de carreiras, do material ou equipamento deportivo, en contra dos regulamentos técnicos que rexen o automobilismo deportivo, aínda no caso de que só alteren ou modifiquen e non mellores as prestacións ou o rendemento dos vehículos ou de calquera dos seus compoñentes, ou o emprego de combustibles non autorizados.

Para tódolos efectos consideraranse autores desta falta os deportistas e os concursantes que utilicen vehículos manipulados e/ou alterados, ou que usen combustibles non autorizados, tanto en adestramentos clasificatorios como en competicións en si mesmas.

d) Os insultos, ofensas ou execución de actos atentatorios contra a integridade ou a dignidade de oficiais, directivos, autoridades deportivas, outros deportistas ou o público, realizados por persoas físicas que formen parte da Federación Galega de Automobilismo ou da súa estructura orgánica, xa sexa por dereito propio ou en representación de entidades.

Entenderanse incluídas dentro do concepto de autoridades deportivas todas aquelas persoas que,

federadas ou non, desenvolvan funcións de calquera índole dentro da organización e desenvolvemento dunha proba ou competición.

e) As protestas, intimidacións, coaccións ou actitudes pasivas, colectivas ou tumultuarias que alteren o normal desenvolvemento dunha proba, competición ou manifestación deportiva de calquera índole.

f) O exercicio de actividades públicas ou privadas declaradas incompatibles coa actividade ou función deportiva desempeñada.

g) Calquera conducta obxectivamente considerada como gravemente atentatoria para o automobilismo deportivo, sempre que non estea incursa na cualificación de falta moi grave.

h) A vilolación de segredo en asuntos que se coñezan por razón da pertenza a calquera dos órganos da Federación Galega de Automobilismo.

i) A mala fe na conservación de instalacións deportivas que produza roturas ou deterioración palpables nelas.

j) Faltar á verdade nas declaracións que se plasmen en documentos oficiais, así como a manipulación ou alteración do seu contido, entendéndose por tales os boletíns de inscrición, fichas médicas ou calquera outro con relevancia deportiva.

k) A realización de publicidade da clasificación final dun campionato, copa, trofeo ou Challenge de Galicia, antes que se dera por finalizada a derradeira proba, e a clasificación final fora confirmada pola Federación Galega de Automobilismo. E así mesmo, calquera omisión ou adición na publicidade que poida crear confusión na opinión pública sobre o acontecemento deportivo publicado.

l) O pagamento de inscricións ou de caucións de reclamación ou apelación, con cheques, mandamento de pago ou outros medios de pagamento, que non sexan atendidos.

Artigo 77º

Consideraranse como infraccións específicas graves as seguintes:

A.-Específicas para federativos.

1.-A non convocatoria, nos prazos e condicións legais, dos órganos colexiados federativos.

2.-O incumprimento das regras de administración e xestión do orzamento e patrimonio previstas no artigo 36 da Lei do deporte e precisadas nas súas disposicións de desenvolvemento e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

B.-Específicas para comisarios e oficiais.

1.-A neglixencia e a mera ignorancia vencible no cumprimento das súas funcións por parte dos oficiais e comisarios actuantes nunha proba, cando non sexa cualificada como falta moi grave.

2.-A incomparecencia en competicións ás probas para as que fora debidamente designado e/ou a ausencia inxustificada durante o desenvolvemento delas.

Serán responsables subsidiarios da competencia dos oficiais, e das consecuencias dos seus actos, as entidades e comités organizadores que os designasen.

Artigo 78º

Consideraranse como infraccións leves contra as regras do xogo ou competición, ou as normas xerais deportivas:

a) As observacións formuladas a oficiais, directivos e autoridades deportivas no exercicio das súas funcións de maneira que signifiquen unha lixeira incorrección.

Entenderanse incluídas dentro do concepto de autoridades deportivas todas aquelas persoas que, federadas ou non, desenvolvan funcións de calquera índole dentro da organización e desenvolvemento dunha proba ou competición.

b) A lixeira incorrección co público, así como cos outros deportistas, compañeiros e subordinados.

c) A adopción dunha actitude pasiva no cumprimento das ordes e instruccións recibidas de oficiais, directivos e autoridades deportivas, no exercicio das súas funcións.

d) O descoido na conservación e coidado dos locais sociais, instalacións deportivas e outros medios materiais.

e) As que con tal carácter se establezan nos regulamentos particulares de cada proba, como infracción das normas que rexen as competicións e manifestacións automobilísticas e a conducta deportiva a observar.

f) O incumplimento das normas deportivas por neglixencia ou descoido escusable, e a mera ignorancia ou descoñecemento acreditado das normas e regras que rexen o automobilismo en xeral, ou a especialidade deportiva na que participe o encausado en particular.

g) O organizador que publique o nome dun concursante ou conductor sen ter recibido a inscrición formal deste.

Sección cuarta

Das sancións.

As sancións que poden impoñerse conforme o presente regulamento son:

I. Xenéricas:

a) Apercibimento.

b) Amoestación pública.

c) Multa.

d) Inhabilitación temporal.

e) Suspensión temporal de licencia federativa ou habilitación equivalente.

f) Inhabilitación definitiva.

g) Privación definitiva de licencia federativa ou de habilitación equivalente.

II. Específicas para faltas cometidas durante o desenvolvemento de probas ou competicións:

a) Exclusión ou perda de puntos, postos, premios e/ou trofeos na clasificación da proba na que se producen os feitos.

b) Exclusión ou perda de puntos, postos, premios e/ou trofeos na clasificación do campionato ou certame completo do que forma parte a proba na que se producen os feitos.

c) Perda da categoría da propia proba, competición, campionato ou certame.

d) Clausura do circuíto ou do recinto deportivo.

e) Prohibición temporal do acceso a un circuíto ou a un recinto deportivo.

Artigo 80º.-Sancións por infraccións moi graves.

Ás infraccións comúns moi graves e ás específicas de organizadores, comisarios e oficiais, corresponderán as seguintes sancións:

a) Multa de 500.000 pesetas a 5.000.000 de pesetas.

b) Exclusión ou perda de puntos, postos, premios e/ou trofeos na clasificación da proba na que se producen os feitos.

c) Exclusión ou perda de puntos, postos, premios e/ou trofeos na clasificación do campionato ou certame completo do que forma parte a proba na que se producen os feitos.

d) Prohibición de acceso ós circuítos ou ós recintos deportivos nos que se desenvolvan as probas e/ou as competicións, por tempo non superior a cinco anos.

e) Inhabilitación por tempo non inferior a dous anos nin superior a cinco, para que o sancionado non poida participar nun determinado certame, especiolidade ou actividade deportiva, ou non poida organizar unha determinada proba durante o mesmo período.

f) Inhabilitación para ocupar cargos na organización deportiva, ou suspensión ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente, con carácter temporal, por un prazo de dous a cinco anos, en xusta proporción á infracción cometida.

g) Inhabilitación a perpetuidade para ocupar cargos na organización deportiva ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente igualmente a perpetuidade.

As sancións previstas neste último apartado unicamente poderán acordarse, de xeito excepcional, pola reincidencia en infraccións de extraordinaria gravidade.

Para estes efectos considerarase que concorre tal reincidencia cando unha persoa fora obxecto de sanción firme por falta moi grave, xa sexa da mesma ou diferente natureza, máis de dúas veces durante unha temporada deportiva, ou máis de cinco veces durante catro temporadas consecutivas, ou por falta grave da mesma ou diferente natureza, máis de tres veces nunha mesma temporada deportiva, ou máis de seis veces durante catro temporadas consecutivas.

h) Clausura do circuíto ou recinto deportivo por un período dun mes a un ano.

Artigo 81º.-Sancións por infraccións específicas moi graves dos directivos.

Pola comisión das infraccións establecidas no artigo 75º poderán impoñerse as seguintes sancións:

a) Amoestación pública.

b) Inhabilitación temporal de dous meses a un ano.

c) Destitución do cargo.

Para a aplicación de cada unha destas sancións, o Tribunal Galego de Apelación aplicará o disposto no artigo 22 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995, pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

Artigo 82º.-Sancións por infraccións graves.

Ás infraccións graves, comúns e específicas corresponderán as seguintes sancións:

a) Amoestación pública.

b) Multa de 100.000 a 500.000 pesetas.

c) Exclusión ou perda de puntos, postos, premios e/ou na clasificación da proba na que se producen os feitos.

d) Clausura do circuíto ou recinto deportivo ata un mes.

e) Inhabilitación, por tempo non inferior a un mes nin superior a dous anos, para que o sancionado non poida participar nun determinado certame, especialidade ou actividade deportiva, ou non poida organizar unha determinada proba durante o mesmo período.

f) Inhabilitación para ocupar cargos na organización deportiva, ou suspensión ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente, con carácter temporal, por un prazo dun mes a dous anos, en axeitada proporción á infracción cometida.

Artigo 83º.-Sancións por infraccións leves.

Ás infraccións leves corresponderán as seguintes sancións:

a) Apercibimento.

b) Multa de ata 100.000 pesetas.

c) Inhabilitación por tempo non superior a un mes, para que o sancionado non poida participar nun

determinado certame, especialidade ou actividade deportiva, ou non poida organizar unha determinada proba durante o mesmo período.

d) Inhabilitación para ocupar cargo na organización deportiva, ou suspensión ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente, con carácter temporal, por un prazo máximo dun mes, en axeitada proporción á infracción cometida.

Artigo 84º.-Regras comúns para a determinación e imposición de sancións.

1.-Para unha mesma infracción poderán acumularse de xeito simultáneo, ou con carácter subsidiario unha de outras, unha ou varias das sancións que están previstas para cada categoría de faltas, de forma congruente coa súa gravidade.

2.-A sanción de multa poderá impoñerse, tamén, de forma principal ou accesoria, pero, en todo caso, o retraso no pagamento das multas, por riba do prazo que para tal efecto se conceda en cada caso, implicará -mentres dure- a suspensión das licencias federativas ou habilitacións equivalentes, así como a inhabilitación, polo mesmo período, dos sancionados morosos.

3.-A partir dun mes de mora, o non pagamento das multas terá a consideración de quebrantamento de sanción.

4.-En todo caso, entenderase que o concursante é responsable subsidiario do pagamento das multas impostas ós membros do seu equipo e quedará obrigado nos mesmos termos establecidos nos dous puntos anteriores.

5.-En todo caso, as multas, entendidas como sancións únicas, principais, subsidiarias ou accesorias doutras, deberán impoñerse dentro dos límites cuantitativos vixentes en cada momento, e considerando especialmente a situación económica do sancionado e a gravidade da infracción e con estricto respecto do disposto no artigo 27.1º do Real decreto 1591/1992, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

6.-A sanción de inhabilitación a perpetuidade e a de privación definitiva de licencia federativa ou de habilitación equivalente, deberá ser acordada polo Tribunal Galego de Apelación en pleno, o cal quedará validamente constituído pola presencia da metade máis un dos seus membros, e o acordo deberá tomarse por maioría absoluta dos comparecentes. Caberá a posibilidade de formulación de votos particulares.

Para tal reunión decisoria farase chegar con sete días de anticipación á data da reunión, a tódolos membros do órgano, copia estrictamente confidencial do expediente.

Artigo 85.-Medidas cautelares.

1.-Son medidas cautelares que poden ser adoptadas para garanti-los resultados dun procedemento, as seguintes:

a) Precintado de vehículos participantes.

b) Precintado de pezas extraídas dos vehículos participantes.

2. As medidas cautelares poderán ser acordadas polo Colexio de comisarios Deportivos dunha proba ou polo Tribunal Galego de Apelación, logo de audiencia do ou dos interesados.

Sección quinta

Da responsabilidade

Artigo 86º

Na determinación da responsabilidade derivada das infraccións deportivas, os órganos disciplinarios deberán aterse ós principios informadores do dereito sancionador.

Para o establecemento da sanción que resulte aplicable, os órganos disciplinarios poderán valora-lo resto de circunstancias que concorran na falta, tales como as consecuencias da infracción, a natureza dos feitos ou a concorrencia no inculpado de singulares características na orde deportiva.

Artigo 87º

A responsabilidade disciplinaria deportiva extínguese:

a) Polo cumprimento das sancións impostas.

b) Pola prescrición das infraccións.

c) Pola prescrición das sancións.

d) Polo falecemento do sancionado.

e) Polas causas previstas no artigo 9 do Real decreto 1591/1992, do 13 de decembro, sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

Artigo 88º

A. As infraccións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate de infraccións moi graves, graves ou leves, comezándose a conta-lo prazo desde o día seguinte á súa comisión.

O prazo de prescrición interromperase pola iniciación do procedemento sancionador pero se este permanecese paralizado durante máis dun mes por causa non imputable á persoa ou entidade suxeita ó mesmo, volverá a corre-lo prazo de prescrición, que se interromperá de novo no caso de reiniciarse a tramitación do procedemento.

B. As sancións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate das que correspondan a faltas moi graves, graves ou leves, comezándose a conta-lo prazo desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución en virtude da cal se impuxo a sanción, ou desde que se quebrantase o seu cumprimento se este xa comezara.

C. No caso de que unha persoa ou entidade que, sendo obxecto dun procedemento sancionador, ou tendo sido xa obxecto de sanción firme, decidise

voluntariamente renunciar á súa licencia ou á calidade en virtude da cal formaba parte da Federación Galega de Automobilismo -e en consecuencia da cal estaba sometido á súa potestade disciplinaria- e abandonar esta, non lle computará o tempo que permaneza fóra da federación para efectos de prescrición no caso de que volte -ou pretenda voltar ou reincorporarse- antes de tres anos despois de separarse voluntariamente dela.

Artigo 89º.-Circunstancias modificativas da responsabilidade.

I. Consideraranse en todo caso circunstancias atenuantes da responsabilidade disciplinaria deportiva:

a) A de arrepentimento espontáneo.

b) A de ter precedido, inmediatamente á infracción, provocación suficiente.

c) A de non ter sido sancionado con anterioridade no transcurso da vida deportiva, sempre que esta sexa maior de dous anos no intre de cometerse a infracción que orixine a aplicación deste precepto.

II. Consideraranse en todo caso, como circunstancias agravantes da responsabilidade disciplinaria deportiva:

a) A reincidencia.

Existirá reincidencia cando o autor xa fora sancionado anteriormente por calquera infracción da disciplina deportiva de igual ou maior gravidade, ou por dúas infraccións ou máis de inferior gravidade da que ese suposto trate.

A reincidencia entenderase producida no transcurso dos últimos catro anos, contados a partir do momento no que se cometera a infracción.

b) A premeditación.

Existirá premeditación cando o autor da falta que se axuíce tivera realizado, con anterioridade, aínda que sexa inmediata á comisión de infracción, accións ou omisións claramente encamiñadas á súa preparación.

c) A aleivosía.

Existirá aleivosía cando o autor da falta que se axuíce tivera realizado accións ou omisións claramente encamiñadas a garanti-los resultados da infracción en prexuízo do suxeito pasivo, ou a impedir que se identifique o autor da mesma.

d) Prezo ou acordo simple.

Concorrerá esta circunstancia cando o autor dunha falta teña sido movido á súa comisión medidante pago dun prezo, ou por acordo simple con outra persoa ou entidade.

Nos casos nos que concorra esta circunstancia, a persoa ou persoas con quen se pactara o acordo ou de quen se recibira o prezo serán tamén axuizadas como coautoras da infracción que se cometera.

Artigo 90º.-Réxime de suspensión das sancións.

1.-A mera interposición das reclamacións non paralizará nin suspenderá a execución das resolucións.

2.-De oficio ou por petición fundada e expresa do interesado, o Tribunal Galego de Apelación poderá suspendere razoadamente a execución das sancións impostas.

3.-Para o outorgamento da suspensión da executividade dos actos recorridos valorarase se o cumprimento da sanción pode producir prexuízos de dificil ou imposible reparación.

4.-Ó dita-lo acordo de suspensión da execución dunha sanción, o tribunal poderá acorda-las medidas cautelares que coide necesarias para asegura-la protección do interese público e a eficacia da resolución impugnada.

As contías das medidas cautelares máximas deberán ser aprobadas pola asemblea xeral da Federación Galega de Automobilismo.

Artigo 91º.-Aplicación condicional das sancións.

Nos casos nos que concorran os seguintes requisitos:

1.-Que se trate da primeira vez que unha persoa ou entidade é sancionada.

2.-Que a sanción se deba a falta leve ou grave castigada con multa inferior a 250.000 pesetas, ou unha sanción inferior a seis meses de inhabilitación ou privación de licencia.

3.-Que o interesado o solicite expresamente.

O Tribunal galego de Apelación poderá condiciona-lo cumprimento de todas ou dalgunha das sancións impostas, ou dalgunha parte delas, ó feito de que durante un determinado período de tempo -que non poderá exceder da duración das sancións impostas- o interesado non incorra en ningunha outra infracción disciplinaria, da mesma ou distinta natureza, e sempre que se aprecie a concorrencia de circunstancias atenuantes da responsabilidade ou outras de especial consideración que así o aconsellen.

Para estes efectos o vocal-asesor deberá emitir por escrito informe previo con carácter preceptivo.

No caso de non incorrer en infracción ningunha durante o período de tempo establecido, entenderase cumprida a sanción aplicada condicionalmente.

Pola contra, no caso de comete-lo interesado dentro do período de condicionalidade, algunha infracción disciplinaria pola que se chegase a ser sancionado, deberá cumprir integramente a sanción imposta pola nova infracción e a sanción da que o cumprimento quedou condicionado, E isto aínda que a firmeza da sanción que se deba aplicar a esta última infracción se alcance dóra do dito período.

Sección sexta

Dos procedementos

Artigo 92º

As actuacións dos colexios de comisarios deportivos durante o transcurso das probas ou competicións en materia técnico-deportiva e do Tribunal Galego de Apelación (TGA) nas materias técnico-deportivas en vías de apelación e disciplina en primeira instancia, rexeranse polos procedementos que a continuación se detallan.

Artigo 93º

Unicamente se poderán impoñer sancións disciplinarias en virtude de expediente instruído para o efecto conforme o contido dos presentes artigos e conforme o disposto na Lei do deporte, Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva e Código Deportivo Internacional, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

Artigo 94º.-Disposicións xerais.

1.-O procedemento para a sanción de faltas disciplinarias será iniciado polo órgano competente, ben pola súa propia iniciativa, de oficio, ou como consecuencia de orde superior ou denuncia motivada.

2.-Deberase respectar, en todo caso, o trámite de audiencia e o dereito a reclamación dos interesados naquelas intervencións necesarias para garanti-lo normal desenvolvemento das probas ou competicións deportivas.

3.-O interesado deberá ter coñecemento dos feitos que se lle imputan, así como as porbas que existen ó respecto, podendo face-las manifestacións que coide oportunas na defensa do seu dereito.

4.-Os feitos relevantes para o procedemento e a súa resolución poderán acreditarse por calquera medio, podendo os interesados propoñer que se practique calquera proba ou aportar directamente cantas sexan de interese para a correcta resolución do expediente.

En todo caso corresponderá a quen as propoña a responsabilidade e o custo da súa aprotación e/ou práctica ante o TGA.

5.-As reclamacións, as intencións de apelar, as apelacións -en si mesmas- e as denuncias formuladas en materia disciplinaria, deberán presentarse en forma escrita, ante a autoridade corrrespondente e nos prazos sinalados para o efecto.

6.-Os informes subscritos polos oficiais da proba constituirán medio documental necesario no conxunto da proba das infraccións das regras e normas deportivas.

Igual natureza terán as ampliacións ou aclaracións ás mesmas suscritas polos propios oficiais, ben de oficio, ben por solicitude dos órganos correspondentes.

As declaracións dos oficiais presúmense certas, salvo erro material manifesto que poderá acreditarse por calquera medio admitido en dereito.

7.-Calquera persoa ou entidade, dos que os dereitos ou interese lexítimos poidan verse afectados pola substanciación dun procedemento dos definidos a continuación, poderá comparecer no mesmo, tendo desde entón e para os efectos de notificacións e de proposición e práctica da proba, a consideración de interesado.

8.-Os órganos disciplinarios deportivos competentes deberán, de oficio ou a instancia do instructor do expediente, comunicar ó Ministerio Fiscal a existencia daquelas infraccións que puideran revestir caracteres de delicto ou falta pernal.

Neste caso os órganos disciplinarios deportivos acordarán a suspensión do procedemento, segundo as circunstancias concorrentes, ata que recaia a correspondente resolución xudicial. En cada suposto concreto os órganos disciplinarios valorarán as circunstancias que concorran nel co fin de acordar motivadamente a suspensión ou a continuación do expediente disciplianrio deportivo ata a súa resolución e imposición de sancións, se procedera.

No caso de que se acordara a suspensión do procedemento poderán adoptarse medidas cautelares mediante providencia notificada a tódalas partes interesadas.

9.-No suposto de que un mesmo feito puidera dar lugar á responsabilidade administrativa prevista no artigo 5.2º do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas e a responsabilidade de índole deportiva, os órganos disciplinarios deportivos comunicarán á autoridade correspondente os antecedentes de que dispuxesen con independencia da tramitación do procedemento disciplinario deportivo. Cando os órganos disciplinarios deportivos tiveran coñecemento de feitos que puideran dar lugar, exclusivamente, a responsabilidade administrativa, darán traslado sen máis dos antecedentes de que dispoñan á autoridade competente.

Artigo 95º.-Normas especiais en materia técnico-deportiva.

Os procedementos nestas materias regularanse necesariamente polas normas contidas nos capítulos XII e XIII do Código Deportivo Internacional (CDI). En todo caso, deberán cumprirse as seguintes regras xerais:

-En materia de reclamacións e apelacións, e con independencia das actuacións de oficio, a lexitimación activa e pasiva corresponderá ó concursante (ou representante debidamente habilitado). Entenderase como concursante o titular da licencia de tal categoría que figure nos arquivos da Federación Española de Automovilismo ou Federación Galega de Automobilismo.

-Nas reclamacións, así como nas apelacións, que se presenten nesta materia deberá prestarse previamente unha caución polo interesado, que lle será

restituída ó finaliza-lo expediente se se recoñece o fundamento dela. Se a reclamación ou apelación se desestimara, poderá ser retida a caución entregada na súa totalidade ou en parte, a criterio do Colexio de comisarios Deportivos da proba ou do Tribunal Galego de Apelación, segundo o caso.

Artigo 96º.-O procedemento ordinario.

O TGA resolverá a través do procedemento ordinario a imposición de sancións por infracción das regras do xogo ou da competición, ocorridas con ocasión ou como consecuencia do desenvolvemento da actividade deportiva, en todas as súas facetas, apreciando as probas segundo o seu leal saber e entender, e sancionando -de acordo co establecido no presente regulamento- as infraccións que se cometeran no transcurso dunha proba, competición ou certame, xa sexa nos seus preliminares, durante o seu desenvolvemento ou despois da súa terminación.

1º-O procedemento iniciarase por providencia do órgano competente -de oficio- a solicitude do interesado, ou a requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A incoación de oficio poderase producir por iniciativa do propio órgano ou en virtude de denuncia motivada.

2º-Para tal efecto, ó ter coñecemento dunha suposta infracción das normas deportivas, o órgano competente para incoa-lo expediente poderá acorda-la instrucción dunhas dilixencias informativas antes de dicta-la providencia na que se pronuncie sobre a incoación do expediente disciplianrio -en si mesmo- ou, se é o caso, sobre o arquivo das actuacións.

3º-A providencia de incoación que será notificada ó interesado deberá conte-lo nomeamento do secretario instructor do expediente, un resumo sucinto dos feitos imputados, dos artigos infrinxidos e as sancións que poidan ser impostas.

Así mesmo poneráselle de manifesto o seu dereito a examina-lo expediente, no prazo preclusivo de sete días, subseguintes á data da notificación da incoación do expediente e a evacuar en forma escrita as manifestacións que coide oportunas en defenbsa do seu dereito.

4º-Ó secretario instructor, que deberá ser licenciado en dereito, sonlle de aplicación as causas de abstención e recusación previstas na lexislación do Estado para o procedemento administrativo común.

O dereito de recusación poderá ser exercido polos interesados no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ó que teñan coñecemento da correspondente providencia de nomeamento, ante o TGA, que deberá resolver no termo de tres días.

Contra as resolucións adoptadas nesta materia non se dará recurso, sen prexuízo da posibilidade de reproduci-la recusación ó impoñe-lo recurso administrativo ou xurisdiccional, segundo proceda, contra o acto que poña fin ó procedemento.

5º-Iniciado o procedemento e con suxeición ó principio de proporcionalidade, o TGA poderá adopta-las medidas provisorias que coide oportunas para

asegura-la eficacia da resolución que puidera recaer. A adopción de medidas provisorias poderá acordarse en calquera momento do procedemento, ben de oficio, ben por moción razoada do instructor.

O acordo de adopción deberá ser debidamente motivado.

Non se poderán dictar medidas provisionais que poidan causar prexuízos irreparables.

6º-O secretario instructor ordeará a práctica de cantas dilixencias sexan axeitadas para a determinación e comprobación dos feitos, así como para a fixación das infraccións susceptibles de sanción.

7º-O TGA reunirase dentro dos dez días seguintes á data na que o interesado efectuase as súas alegacións, ou a aquela na que finalizase o prazo para podelas realizar, co obxecto de debater e resolve-lo expediente en cuestión.

8º-De forma excepcional, e se o tribunal o considerase conveniente, poderán os interesadospersoalmente ou a través de representante debidamente acreditado comparecer, no acto da reunión do TGA co obxecto de ser oídos. Así mesmo, poderanse aportar escritos e documentos ata a data da reunión sinalada.

9º-Para resolver, o TGA terá en conta -entre outros- os elementos seguintes:

a) As actas das probas.

b) O informe do observador nomeado pola Federación Galega de Automobilismo, se o houbese.

c) As alegacións dos interesados.

d) Calquera outro testemuño do que o valor probatorio será apreciado discrecionalmente polo tribunal.

e) Así mesmo, poderá ser examinado calquera medio de reproducción audio-visual que permita ter un coñecemento dos feitos ocorridos, e do que o valor probatorio será apreciado polo tribunal.

10º-A resolución do TGA pon fin ó expediente disciplinario deportivo, e haberá de dictarse no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da elevación do expediente polo instructor.

Artigo 97º.-O procedemento extraordinario.

O procedemento extraordinario, que se tramitará para as sancións correspondentes ás infraccións ás normas deportivas xerais axustarase ós principios e regras da lexislación xeral e ó establecido no presente regulamento.

1.-O procedemento iniciarase por providencia do órgano competente de oficio, a solicitude do interesado ou a requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A incoación de oficio poderase producir por iniciativa do propio órgano ou en virtude de denuncia motivada.

Para tal efecto, ó ter coñecemento dunha suposta infracción das normas deportivas, o órgano competente para incoa-lo expediente poderá acorda-la instrucción dunha información reservada antes de dicta-la providencia na que se decida a incoación do expediente ou, se é o caso, o arquivo das actuacións.

2.-A providencia que inicie o expediente disciplinario conterá o nomeamento do instructor, que deberá ser licenciado en dereito, a cargo de quen correrá a tramitación deste, e do secretario que o asistirá.

3.-A providencia de incoación inscribirase nun rexistro de acordo co establecido no artigo 32 do Real decreto 1591/1992, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

4.-Ó instructor e ó secretario sonlles de aplicación as causas de abstención e recusación previstas na lexislación do Estado para o procedemento administrativo común.

O dereito de recusación poderá ser exercido polos interesados no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ó que teñan coñecemento da correspondente providencia de nomeamento, ante o mesmo órgano que a dictou, que deberá resolver no termo de tres días.

Contra as resolucións adoptadas nesta materia non se dará recurso, sen prexuízo da posibilidade de reproducir alegación da recusación ó interpoñer recurso administrativo ou xurisdiccional, segundo proceda, contra o acto que poña fin ó procedemento.

5.-Iniciado o procedemento e con suxeición ó principio de proporcionalidade, o TGA, poderá dopta-las medidas provisorias que coide oportunas para asegura-la eficacia da resolución que puidera recaer. A adopción de medidas provisionais poderá acordarse en calqeura momento do procedemento, ben de oficio, ben por moción razoada do instructor.

O acordo de adopción deberá ser debidamente motivado.

Non se poderán dictar medidas provisionais que poidan causar prexuízos irreparables.

6.-O instructor ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan axeitadas para a determinación e comprobación dos feitos así como a fixación das infraccións susceptibles de sanción.

7.-Os feitos relevantes para o procedemento poderán acreditarse por calquera medio de proba, unha vez que o instructor decida a apertura da fase probatoria, a cal terá unha duración non superior a quince días hábiles, nin inferior a cinco, comunicando ós interesados, coa suficiente antelación, o lugar e o momento da práctica das probas. Os interesados poderán propoñer, en calquera momento anterior ó inicio da fase probatoria, a práctica de calquera proba, ou aportar directamente as que resulten de interese para a axeitada e correcta resolución do expediente.

Contra a denegación expresa ou tácita da proba proposta polos interesados, estes poderán presentar reclamación, no prazo de tres días hábiles, ante o TGA, que deberán pronunciarse no termo doutros tres días.

En ningún caso a interposición da reclamación paralizará a tramitación do expediente.

8.-O TGA poderá, de oficio ou a solicitude do interesado, acorda-la cumulación de expedientes cando se produzan as circunstancias de identidade ou analoxía razoable e suficiente, de carácter subxectivo ou obxectivo, que fixeran aconsellable a tramitación e resolución únicas.

A providencias de acumulación será comunicada ós interesados no procedemento.

9.Á vista das actuacións practicadas, e nun prazo non superior a un mes, contado a partir da iniciación do procedemento, o instructor propoñerá o sobresemento ou formulará o correspondente prego de cargos comprendendo no mesmo os feitos imputados, así como as sancións que puideran ser de aplicación. O instructor poderá por causas xustificadas, solicita-la ampliación do prazo referido ó TGA.

No prego de cargos, o instructor presentará unha proposta de resolución que será notificada ós interesxados para que, no prazo de dez días hábiles, manifesten cantas alegacións consideren convenientes en defensa dos seus dereitos e intereses.

Así mesmo, no prego de cargos, o instructor deberá propo-lo mantemento ou levantamento das medidas provisionais que, se é o caso, se adoptarán.

10.-Transcorrido o prazo sinalado no apartado anterior, o instructor, sen máis trámite, elevará o expediente ó TGA, ó que se unirán, se é o caso, as alegacións presentadas.

11.-A resolución do TGA pon fin ó expediente disciplinario deportivo e terá que dictarse no prazo maximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da elevación do expediente polo isntructor.

Sección sétima

Das providencias, resolucións, notificacións e recursos

Artigo 98º.-Motivación de providencias e resolucións.

As providencias e resolucións deberán ser motivadas nos casos previstos na lexislación do Estado sobre procedemento administrativo común e cando así o dispoña no Real decreto 1591/1992, de disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995, pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 15 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

Artigo 99º.-Contido das notificacións.

As notificacións deberán conte-lo texto íntegro da resolución coa indicación de se é ou non definitiva, a expresión das reclamacións ou recursos que pro

cedan contra ela, o órgano ante o que deberán de presentarse e o prazo de interposición.

Artigo 100º.-Prazo, medio e lugar para as notificacións.

A.-En materia técnico-deportiva.

As notificacións que se produzcan nesta materia rexeranse en canto a prazos, medios e lugares para realizalas, polas disposicións do Código Deportivo Internaiconal e regulamentos aplicables ós campionatos, copas e trofeos de Galicia.

B.-En materia disciplinario-deportiva.

1.-Toda providencia ou resolución que afecte ós interesados no procedemento disciplinario deportivo, será notificada a aqueles no prazo máis breve posible, co límite máximo de dez días hábiles.

2.-As notificacións realizaranse de acordo coas normas previstas na lexislación de procedemeanto administrativo común.

3.-As notificacións persoais realizaranse nos domicilios que os licenciados teñan manifestados á Federación Galega de Automobilismo, e realizaranse por medio de correo certificado, telegrama, telefax, télex ou por calquera outro medio que permita ter constancia da recepción.

4.-Non obstante o disposto no punto anterior, os interesados poderán designar un domicilio para efectos de notificacións para ser utilizado durante a tramitación dun determinado procedemento, sempre que o fagan de xeito expreso e escrito, e dentro do territorio do Estado español.

5.-Nos casos nos que un interesado non tivese domicilio declarado na Federación Galega de Automobilismo, ou este resultase descoñecido, ou as notificacións nel realizadas fosen infructuosas, -e sempre que se respecte o dereito á honra e á intimidade da persoa afectada-, as notificacións poderán facerse por medio do taboleiro de anuncios oficial da Federación Galega de Automobilismo.

6.-Cando teña que empregarse este medio de notificación, entenderase que se produce a plena eficacia notificadora, a efectos de cómputo de prazos de toda índole, transcorridos sete días naturais despois da publicación da providencia ou resolución no taboleiro de anuncios oficial da Federación Galega de Automobilismo.

C.-En todo caso, excepcionalmente, se a notificaicón non puidese ser realizada persoalmente por causas imputables ó propio interesado, a mesma poderá ser publicada no taboleiro oficial de anuncios correspondente para efectos de notificación, non podendo os afectados alegar ignorancia ou descoñecemento por tal causa.

No caso de producirse esta publicación no taboleiro de anuncios, o secretario da proba ou o vocal asesor do tribunal, se é o caso, deberá realizar un informe sobre o proceso de citación, que será unido ó expediente para os efectos oportunos.

A plena eficacia notificadora da publicación nun taboleiro de anuncios, -para efectos de cómputo de prazos de toda índole, entenderase que se produce no intre da súa inserción, e farase constar na notificación a data e hora dela, sen prexuízo do disposto no punto 6 do apartado anterior.

Artigo 101º.-Obriga de resolver.

As peticións ou reclamacións de mero trámite, e as que non poñan fin a expedientes abertos, presentadas ante o TGA, deberán resolverse de maneira expresa no prazo non superior a quince días. Transcorrido o dito prazo, entenderanse desestimadas.

Artigo 102º.-Prazos dos recursos e órganos ante os que interpoñelos.

A.-En materia técnico-deportiva.

1. As decisións tomadas polos Colexios de Comisarios Deportivos poderán ser recorridas ante o Tribunal Galego de Apelación nos prazos establecidos para o efecto no CDI.

2.-Contra as resolucións dictadas polo Tribunal Galego de Apelación en materia técnico-deportiva, non disciplinaria, non caberá recurso ningún, agás para o disposto no Código Deportivo Internacional e estes efectos para probas internacionais.

3.-Non obstante o anterior, as resolucións de contido exclusivamente técnico-deportivo emitidas polo TGA poderán ser revisadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, no prazo de quince días, con motivo da existencia de presuntos defectos formais que puideran ter provocado a conculcación de dereitos fundamentais dos implicados.

B.-En materia disciplinaria.

1.-As resolucións disciplinarias dictadas en primeira instancia, e por calquera procedemento polos órganos deportivos competentes, poderán ser recorridas, no prazo máximo de dez días hábiles, ante o Trbunal galego de Apelación da Federación Galega de Automobilismo, de conformidade co disposto nos artigos 65º, 66º e 67º do presente regulamento.

2. As resolucións dictadas polo TGA en materia de disciplina deportiva de ámbito autonómico que esgoten a vía federativa poderán ser recorridas, no prazo máximod e quince días hábiles, ante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 103º.-Forma de interposición de recursos.

Os recursos que se interpoñan ante o TGA deberán selo por escrito, que conterá necesariamente:

a) O nome e apelidos, ou denominación social completa, da persoa recorrente.

b) Se é o caso, o nome, apelidos e enderezo do representante do interesado, podendo acredita-la súa representación -ademais de polos medios normais en dereito- a través de comparecencia ante a secretaría do TGA.

c) As alegacións que se coiden oportunas, así como os medios de proba que se ofrezan en relación a

aquelas- e das que a disposición e práctica correrá a cargo de quen os propoña-, e os razoamentos e preceptos nos que se baseen as súas pretensións.

d) As pretensións que se perseguen.

e) O documento acreditativo do pagamento da caución correspondente, se é o caso.

Artigo 104º.-Contido das resolucións que decidan sobre recursos.

1.-A resolución dun recurso confirmará, revogará ou modificará a decisión recorrida, non podendo, no caso de modificación, derivarse maior prexuízo para o interesado, cando este sexa o único recorrente.

2.-Se o órgano competente para resolver estimase a existencia de vicio formal, poderá ordena-la retroacción do procedemento ata o momento no se se produciu a irregularidade, con indicación expresa da fórmula para resolvela.

Artigo 105º.-Desestimación presunta de recursos.

A.-En materia disciplinaria.

A resolución expresa dos recursos nesta materia disciplinaria deberá producirse nun prazo non superior a trinta días.

En todo caso, e sen que isto supoña a exención do deber de dictar resolución expresa, transcorridos trinta días hábiles sen que se dicte e notifique a resolución do recurso interposto, entenderase que este foi desestimado, quedando expedita a vía procedente.

Para as resolucións que deba dicta-lo Comité Galego de Disciplina Deportiva, os prazos axustaranse á lexislación sobre o procedemento administrativo común.

B.-En materia técnico-deportiva.

A resolución expresa dos recursos nesta materia deberá producirse nos prazos establecidos no CDI.

Artigo 106º.-Cómputo de prazos en recursos e reclamacións.

A.-En materia disciplinaria.

O prazo para formular recurso ou reclamación en materia disciplinaria, contarase a partir do día seguinte hábil ó da notificación da resolución ou providencia, se estas foran expresas. Se non o foran, o prazo será de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó que deban entenderse desestimadas as peticións, reclamacións ou recursos conforme ó disposto nos artigos 101º e 105º deste regulamento.

B.-En materia técnico-deportiva.

A interposición de recursos nesta materia deberá producirse nos prazos establecidos no CDI.

Artigo 107º.-Ampliación de prazos na tramitación de expedientes.

Se concorresen circunstancias excepcionais no curso da instrucción dun expediente disciplinario

deportivo, os órganos competentes para resolver poderán acorda-la ampliación dos prazos previstos, ata un máximo de tempo que non supere a metade, corrixida por exceso, daqueles.

Sección oitava

Do desistimento

Artigo 108º

Os interesados poderán desistir das súas pretensións en calquera fase do procedemento, aínda que o desistimento só producirá efecto respecto de quen o formulase.

O desistimento poderá formularse por escrito ou verbalmente, por medio de comparecencia ante a secretaría do Tribunal Galego de Apelación, que quedará debidamente asinada polo interesado.

Artigo 109º.-Disposicións derradeiras.

Primeira.-Para os efectos do disposto no artigo 32 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, créase un Rexistro de Sancións no que se fará constar:

a) O nome, veciñanza, enderezo e número de DNI do sancionado.

b) O tipo e número de licencia, en virtude da cal foi sancionado.

c) A data da resolución sancionadora e do intre na que aquela gañou firmeza.

d) A sanción, ou sancións impostas.

e) A referencia do expediente sancionador no que foi acordada.

Segunda.-En todo o non previsto por este Regulamento de réxime disciplinario en materia de disciplina deportiva, aplicarase o disposto no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro sobre disciplina deportiva, e en concordancia coa Orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, ou na disposición ou disposicións que no futuro puidesen substituír ou complimentar.

Terceira.-Queda derrogado o anterior Regulamento de réxime disciplinario de data 7 de xuño de 1990.

Cuarta.-Quedan derrogados e sen efecto os estatutos anteriores de data 15 de maio de 1984, unha vez aprobados e publicados no Diario Oficial de Galicia, logo de visto e prace da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

1248