Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5425/1995, interposto por Leonardo López Rama, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, de 27-7-1994, sobre aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Cambre, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo a dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
1248