Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de espacios naturais que formula o instructor do expediente sancionador C-171/1995 (E.N.-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución de espacios naturais por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no Art. 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da

publicación desta notificación, poderán examila-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na c/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 6 de febreiro de 1996.

Vicente Piorno González

Instructor

Expediente: C-171/1995.

Denunciado: Luis Alfonso Paz Martínez

Último domicilio coñecido: r/ Rotea, 82-Sampaio-Vigo.

Feito denunciado: instalar unha rede circular empregando como reclamo dous exemplares de xílgaros silvestres, e ocultarse a continuación nunha casa en construcción.

Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: 33 da Lei 4/1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 75.000

1657