Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor dos expedientes sancionadores C-87/1995, C-88/1995 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no Art. 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examila-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na c/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 6 de febreiro de 1996.

Vicente Piorno González

Instructor

ANEXO

Expediente: C-87/1995

Denunciado: José Pregal Pérez

Último domicilio coñecido: Valdomar-Covelo.

Feito denunciado: adestrar cans nun couto privado de caza, en época de veda e sen levar consigo a licencia de caza.

Precepto infrinxido: Art. 48.2º.1 Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.500

Expediente: C-88/1995

Denunciado: José Pregal Durán

Último domicilio coñecido: Valdomar-Covelo.

Feito denunciado: adestrar cans nun couto privado de caza, en época de veda e sen levar consigo a licencia de caza.

Precepto infrinxido: Art. 48.1º.1 Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.500

96-1187