Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 6 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas (expediente número 115/1994).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954 e consecuentes do seu Regulamento de 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 7/1996 de 12 de xaneiro, (Diario Oficial de Galicia de data 29 de xaneiro de 1996), para expropiación e imposición de servidumes de paso sobre os benes e dereitos afectados polas instalacións da líña eléctrica a 15/20 kV desde a subestación de Vilar do Colo ata a líña As Chancas-Franza, no concello de Fene, das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación ó efecto, que polo representante da Administración procederáse o día 20 de marzo de 1996 a partir das 11.30 horas, ó levantamento das actas previas á ocupación das fincas afectadas por ditas instalacións.

As relacións dos predios afectados para as que se sigue este proceso expropiatorio, foron publicadas

no BOP da Coruña de data 22 de maio de 1995. Exclúense as fincas con mutuo acordo que foran notificadas no expediente.

Advírtese ós interesados que no día e hora señalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e de un notario, a súa costa, e formular por escrito ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións ós solos efectos de subsanar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 6 de febreiro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-1186