Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña A 220 kV. Tibo-Troncal á subestación de Tomeza, concello de Vilaboa, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 89/158 A.T.)

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, ó que se lle outorgou a declaración de urxente ocupación polo Decreto 51/1996, do 1 de febreiro (DOG nº 31 do 13-2-1996), que o día 28 de marzo de 1996, a partir das 11 horas, o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós terreos situados no concello de Vilaboa, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan. Os interesados na respectiva notificación individual que mediante cédula se lles practicará serán avisados coa debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia. Nos ditos actos

poderanse facer acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa costa, se así o estimaren conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e no desta delegación.

Vigo, 21 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 89/158 A.T.

Líña 220 KV. Tibo-Troncal a Sub. Tomeza.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilaboa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

13PinalMonteJosé Fernández AmilPedrouzo-Bértola

36140-Vilaboa

14644

17PinalMonteJosé Fernández AmilPedrouzo-Bértola

36140-Vilaboa

12552

29O CoboMonteGermán Vázquez CanosaRamalleira, 27-Bértola

36140-Vilaboa

1003.908

32Os CorgosPradoJosé Fernández AmilPedrouzo-Bértola

36140-Vilaboa

24396

44O CoboLaborGermán Vázquez CanosaRamalleira, 27-Bértola

36140-Vilaboa

601.086

45O CoboLaborGermán Vázquez CanosaRamalleira, 27-Bértola

36140-Vilaboa

12236

47O MariñoLaborGermán Vázquez CanosaRamalleira, 27-Bértola

36140-Vilaboa

1072

50PumariñoLaborJesús Peón GonzálezAmbroa, 2-Bértola

36140-Vilaboa

25280

62Veiga GrandeLaborJosé Fernández AmilPedrouzo-Bértola

36140-Vilaboa

9170

1360