Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a declaración de mineral-natural dunhas augas de manancial en terreos do concello da Cañiza.

A Delegación de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber: que Mª Caridad Méndez Osario, con domicilio en r/ Progreso, 47, A Cañiza, solicitou na sección de minas desta delegación provincial a declaración da condición mineiro-natural dunhas augas que manan dun manancial, situado en terreo

propio e que é coñecido como aguas ferreas, sendo a súa situación xeográfica a seguinte: lugar de Aguas Férreas, parroquia da Cañiza Centro, concello da Cañiza.

O que se fai público para lle dar cumprimento ó artigo 24 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo e artigo 39 do seu Regulamento xeral, e para que todo aquel que se considere interesado poida constituírse en parte no expediente no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó desta publicación, pasado este prazo non se admitirá oposición ningúnha.

Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1385