Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto con trámite de urxencia para a contratación do servicio de limpeza no Centro Social de Fene.

Obxecto do contrato: servicio de limpeza no Centro Social de Fene.

Orzamento e licitación: 2.100.000 ptas.

Prazo de execución: 9 meses (1-4-1996 a 31-12-1996).

Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, r/. Gregorio Hernández 2-4, no Servicio de Administración e Xestión Económica de Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 horas ata as 14 horas, en días hábiles agás sábados.

Garantía provisional: 42.000 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Modelo de proposicións: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral da Delegación Provincial

da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, en sobres pechados, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou ben por correo con xustificación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 11 horas do sexto día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, se este día coincide en sábado ou festivo reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

O pagamento do anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de febreiro de 1996.

Diego M. Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

1672