Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 1.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza o establecemento da liña eléctrica aérea a 220 kV entre Castrelo de Miño (Ourense) e Pazos de Borbén (Pontevedra) e se declara a súa utilidade pública (expediente 97/1994-A.T. de Ourense e 92/1994-A.T. de Pontevedra).

Vistos os escritos e a documentación presentados perante as delegacións provinciais desta consellería de Ourense e Pontevedra pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, polo que solicita a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da liña eléctrica referenciada.

Resultando que a anterior petición se somete a información pública, tal e como prevé o artigo 9 do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos do 20 de outubro, aplicables a este expediente en virtude do que establece a alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, mediante resolucións das delegacións provinciais citadas que foron publicados nos seguintes medios: BOE do 28-9-1994; DOG do 19-10-1994; BOP de Ourense do 21-9-1994; BOP de Pontevedra do 9-1-1995; e nos xornais La Región de Ourense do 10-9-1994 e Faro de Vigo do 17-12-1994, non se presentan no prazo legalmente establecido para iso reclamación nin oposición ningunha.

Resultando que a empresa beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ante a dificultade de instala-la subestación de Pazos de Borbén na proximidades de Amoedo, dediciu o traslado daquela a Areeiro, no mesmo concello, polo que ó verse afectada a traza da liña eléctrica obxecto da presente autorización, presentou solicitude de variación parcial do trazado, dentro da provincia de Pontevedra, a partir do apoio nº 61, solicitude que foi así mesmo sometida a información pública, inseríndose no BOE do 13-11-1995, no DOG do 16-11-1995, no BOP de Pontevedra do 8.11.1995 e no Faro de Vigo do 18.11.1995, non presentándose, como no anterior caso, reclamacións nin oposicións durante o plazo establecido para iso.

Resultando que a liña eléctrica, coa súa variante solicitada, queda definida basicamente polas seguintes características técnicas:

Liña eléctrica con dous tramos, un a 220 kV, de 2.454 m de lonxitude entre os apoios 1 e 6 con circuíto trifásico simple e cable Condor, e outro a 220 kV de 39.224 m de lonxitude entre os apoios 6 e o pórtico da subestación de Areeiro-Pazos de Borbén, con dobre circuíto dúplex e cable Rail; este segundo tramo proxéctase para a tensión de 400

kV, para nun futuro explotalo á dita tensión. Atravesa a liña os concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia e Melón, da provincia de Ourense e, Mondariz, Ponteareas e Pazos de Borbén da provincia de Pontevedra. Corrente alterna trifásica; frecuencia 50 Hz; tensión nominal 220 kV; tensión máis elevada, 245 kV; tipo de illamento, de vidro temperado U-160-BS; tipos de apoios, torres metálicas de celosía con cimentacións de zapatas individuais.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación cos decretos 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento de execución da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Considerando que a solicitude e o anteproxecto da liña están informados favorablemente polas delegacións provinciais respectivas, cumpren as normativas técnicas vixentes en materia de tendidos de liñas eléctricas, así coma o preceptuado no Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (Decreto 3151/1968, do 28 de novembro; BOE 27-12).

Condiderando que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta na normativa antes mencionada e que coa construcción e posta en funcionamento desta liña eléctrica aérea a 220 kV, atendendo as previsións do Plan MEGA, conséguese un mellor servicio eléctrico nos sectores de influencia.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

a) Autorizarlle á empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT a 220 kV, entre Castrelo de Miño e Pazos de Borbén, coa variante descrita entre o apoio nº 61 e a subestación de Areeiro, afectando ós termos municipais de Castrelo de Miño, Ribadavia, A Arnoia e Melón da provincia de Ourense, e A Cañiza, O Covelo, Mondariz, Ponteareas e Pazos de Borbén, da provincia de Pontevedra.

b) Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de execución, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Esta instalación non poderá entrar en servicio, mentres non conte o peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos

trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1374