Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 1.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de febreiro de 1996 pola que se aproba a transformación e clasificación definitiva, no nivel de educación primaria, do centro privado Santa Gema da Coruña, do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Santa Gema da Coruña en solicitude de transformación e clasificación definitiva, para o nivel de educación primaria, no dito centro. Resultando que o devandito centro privado obtivo, por orde ministerial do 3 de setembro de 1974, a clasificación condicionada para 8 unidades de educación xeral básica

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro que se expresa, de acordo cos informes emitidos e coas disposicións vixentes na materia, reune os requisitos necesarios, esta consellería.

DISPÓN:

Autoriza-la transformación e clasificación definitiva, para o nivel de educación primaria, do centro privado que se relaciona no anexo da presenta orde.

Excepcionalmente, e en canto non se extingan as ensinanzas de educación xeral básica, o centro poderá seguir impartindo as ditas ensinanzas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello: A Coruña

Localidade: A Coruña

Enderezo: Santa Gema, 40

Denominación: Santa Gema

Titular: Colegio Santa Gema, Sociedad Cooperativa Limitada

Nivel: educación primaria

Transformación e clasificación definitiva para seis (6) unidades de educación primaria.

96-1227