Examinados os expedientes instruídos por intancia dos titulares dos centros, polos que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.
Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que os remiten cos informes das unidades técnicas e inspeccións educativas.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.
Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna
revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO QUE SE CITA
-Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Domicilio: Paseo de Ronda, 2.
Denominación específica: Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús.
Titular: Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 5 unidades.
b) Centro de educación primaria: 12 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.
d) Centro de bacharelato de 4 unidades, coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.
-Provincia: A Coruña.
Concello: Santiago de Compostela.
Localidade: Santiago de Compostela.
Domicilio: A Rosa, 13
Denominación específica: San José de Cluny.
Titular: RR San José de Cluny.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 6 unidades.
b) Centro de educación primaria: 12 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.
-Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Domicilio: Praza María Auxiliadora,7.
Denominación específica: Salesiano San Juan Bosco.
Titular: PP. Salesianos.
Composición resultante:
a) Centro de educación primaria: 12 unidades:
b) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obigatoria.
c) Centro de bacharelato de 6 unidades, coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.
-Provincia: Lugo.
Concello: Lugo.
Localidade: Lugo.
Domicilio: Praza de España, 26.
Denominación específica: Padres Franciscanos.
Titular: Orde Franciscana.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 5 unidades.
b) Centro de educación primaria: 12 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.
1215