Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 1.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 5661/95, interposto por María Consuelo Mariño Bobillo e outros.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo Presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo nº 5661/95 interposto por María Consuelo Mariño Robillo e outros, contra a desestimación presunta por silencio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do recurso ordinario interposto contra acordo da CPU de Pontevedra de 14-4-1993, sobre aprobación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Forcarei, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-1503