Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 1.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 21 de febreiro de 1996 pola que se completa a do 15 de xaneiro deste mesmo ano pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1996 e se revisan as súas retribucións.

A Orde do 15 de xaneiro de 1996 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1996 e se revisan as súas retribucións (DOG nº 16, do 23 de xaneiro), non recolle certas retribucións correspondentes ó persoal que desempeña algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde (Sergas) e que percibe as súas retribucións conforme o R.D. Lei 3/1987, do 11 de setembro.

Non obstante, hai certos acordos e disposicións adoptados no ámbito da Comunidade Autónoma galega que aconsellan integrar na orde sinalada as ditas retribucións.

Trátase, en primeiro lugar, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xaneiro de 1996 no que se autoriza o acordo sindical acadado na Mesa Sectorial de Sanidade entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais, Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Sindical Independente de Funcionarios (CSIF) e Sindicato de ATS (SATSE), sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e non sanitario de atención especializada das institucións sanitarias do Sergas (DOG nº 34, do 16 de febreiro de 1996).

En segundo lugar, débense ter en conta outros actos e disposicións administrativas que modificaron e ampliaron substancialmente aspectos e contías retributivas do persoal indicado.

Por unha banda, o acordo do Consello da Xunta do 24 de febreiro de 1995, sobre a remuneración polo complemento de atención continuada dos servicios prestados fóra da xornada ordinaria polos facultativos internos residentes adscritos ás institucións sanitarias do Sergas, e polo que se fixan os importes correspondentes a este concepto retributivo, feito público mediante resolución da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 7 de marzo de 1995 (DOG nº 59, do 24 de marzo de 1995).

Por outra banda, o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de xuño de 1995, no que autorizou

o acordo sobre aspectos retributivos e demais condicións de traballo do persoal facultativo especialista de atención especializada do Sergas que percibe as súas retribucións conforme o R.D. Lei 3/1987, do 11 de setembro.

Por último, por medio do Decreto 172/1995, do 18 de maio, aprobouse o Plan de Urxencias Extrahospitalarias da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 121, do 26 de xuño de 1995).

O conxunto dos acordos e disposicións sinalados esixe o pagamento ó persoal afectado das novas retribucións que en cada correspondan, o que aconsella face-las adaptacións precisas na mencionada Orde do 15 de xaneiro de 1996.

En virtude do exposto, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-As retribucións correspondentes ás categorías de supervisor de área, supervisor de unidade e profesor de logofonía e logopedia, serán as que figuran detalladas no anexo I.

Segundo.-As retribucións correspondentes ás categorías de ATS Consultas II.AA. e ATS. Consultas Externas de Hospital, serán as que se detallan no anexo II.

Terceiro.-O persoal sanitario non facultativo e non sanitario de atención especializada das institucións sanitarias do Sergas, das que o seu réxime retributivo é o establecido no R.D. Lei 3/1987, do 11 de setembro, percibirá, ademais das retribucións que figuran na Orde do 15 de xaneiro de 1996, como retribución complementaria polo concepto de Penosidade, responsabilidade e dificultade (PRD) os importes que figuran no anexo III. Este complemento de PRD non será percibido polo persoal que ocupe os postos de traballo de: supervisor de área, supervisor de unidade, profesor de logofonía e logopedia, ATS Consultas Externas de Hospital e ATS Consultas II.AA.

Cuarto.-As retribucións correspondentes ó concepto de atención continuada serán as recollidas no anexo IV.

Quinto.-As retribucións recollidas nesta orde terán efectos económicos do 1 de xaneiro de 1996. Non obstante, as asignadas á categoría de profesor de logofonía e logopedia, serán efectivas en relación á data en que se produza a correspondente integración no grupo B.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

CódigoDenominaciónGr.Niv.SoldoC.DestinoC.Específ.P.R.D.Total Anual

S-B-02Supervisor áreaB23129.03864.53941.3039.8243.323.602

S-B-03Supervisor unidadeB22129.03860.22030.5899.8243 .134.568

ProfesorLogofonía y logopedia21129.03855.9112.589.286

ANEXO II

CódigoDenominaciónQuendaGr.Niv.SoldoC.DestinoPr. FixaP.R.D.Total Anual

S-B-25ATS Consulta Ext.HospitalFixoB21129.03855.9111.7885.082 2.671.726

S-B-25ATS Consulta Ext. HospitalR.SimpleB21129.03855.9111.7888.7052.715.202

S-B-24ATS Consulta II.AA.FixoB21129.03855.9115.082 2.650.270

S-B-24ATS Consulta II.AA.R.SimpleB21129.03855.9118.7052.693.746

ANEXO III

Quenda fixaQuendas

Quenda Rot. simple

Quenda Rot.Comple.

Grupo A7.763
Grupo B5.1758.79812.420
Grupo C4.1406.9869.833
Grupo D3.1055.6938.280
Grupo E2.5884.6586.728

ANEXO IV

GARDAS MÉDICAS SERVICIOS XERARQUIZADOS

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioValor módulo

Ptas./mes

Presencia física17 horas30.525
Presencia física24 horas43.095
Localizada17 horas15.262
Localizada24 horas21.546

ATENCIÓN CONTINUADA MÉDICOS XERAIS E PEDIATRAS E.A.P.

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioValor módulo

Ptas./mes

A: Actividades comunitarias6 horas mes4.891
B: Asistencia urxenciaata 200 horas ano

de 200 a 300 h./ano

de 300 a 425 h./ano

20.425

53.972

78.259

ATENCIÓN CONTINUADA RESIDENTES EN FORMACIÓN

Facultativos internos residentes (MIR)

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioImporte (ptas.)

Presencia física:
MIR primeiro ano17 horas

24 horas

17.147

24.208

MIR segundo ano17 horas

24 horas

18.191

25.681

MIR terceiro ano e sucesivos17 horas

24 horas

19.246

27.215

Matronas en formación

ResidentesImporte/hora

Enfermeira/o en formación 1º año857
Enfermeira/o en formación 2º año911

ATENCIÓN CONTINUADA PERSOAL NON FACULTATIVO. AT. PRIMARIA

Modalidade Prest. servicioGrupoImporte (ptas.)

A: Serv. noct. 1ª y 2ª semanaB14.444
A: Serv. noct. 1ª y 2ª semanaC11.749
A: Serv. noct. 1ª y 2ª semanaD e E10.278
A: Serv. noct. 3ª y 4ª semanaTodos8.510
A: Serv. domingos e festivosB1.703
A: Serv. domingos e festivosC1.560
A: Serv. domingos e festivosD e E1.419

ATENCIÓN CONTINUADA PERSOAL NON FACULTATIVO. AT. ESPECIALIZADA

Modalidade Prest. servicioGrupoContía (ptas.)

A: Serv. noct. 1ª e 2ª semanaB14.444
A: Serv. noct. 1ª e 2ª semanaC11.749
A: Serv. noct. 1ª e 2ª semanaD e E10.278
A: Serv. noct. 3ª e 4ª semanaTodos8.510
A: Serv. domingos e festivosB3.406
A: Serv. domingos e festivosC3.120
A: Serv. domingos e festivosD e E2.838

A.T.S./D.U.E. EQUIPOS TRASPL., PERFUSIÓN, HEMODIN. E HISTOCOMP.

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioValor módulo

Ptas./mes

Presencia física67 horas/mes50.367
Localizada134 horas/mes50.367

A.T.S./D.U.E. EQUIPOS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioValor módulo

Ptas./mes

A: Actividades comunitarias6 horas/mes18.423
B: Asistencia urxenciaata 200 horas ano

de 200 a 300 h./ano

de 300 a 425 h./ano

13.894

34.737

50.367

COORDINADOR DE ENFERMERÍA EQUIPOS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioValor módulo

Ptas./mes

A: Actividades comunitarias6 horas/mes19.584
B: Asistencia urxenciaata 200 horas ano

de 200 a 300 h./ano

de 300 a 425 h./ano

13.894

34.737

50.367

PUNTOS DE AT. CONTINUADA (DECRETO 172/1995)

Modalidade Prest. servicioMódulo horarioValor módulo

Ptas./hora

Presencia física persoal

facultativo

1188 horas anuais1.487
Localizada persoal

facultativo

1188 horas anuais753
Presencia física ATS/DUE1188 horas anuais1.041
Localizada ATS/DUE1188 horas anuais528

1250