Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 1996 Páx. 1.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de marzo de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

A modificación da estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, efectuada polo Decreto 33/1996, de 12 de xaneiro (DOG nº 26, de 6 de febreiro de 1996) fai necesario modificar parcialmente a relación de postos de traballo da citada consellería co fin de adaptala á nova estructura orgánica.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo I da presente orde.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía e

e Administración PúblicaFacenda

973