Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 23/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de 2 L.M.T., 2 CC.TT. e 2 R.B.T. en Piñeiro-Golfariz (Pardemarín), coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I - desde o apoio n.71 da L.M.T. ó C.T. de Pardemarín existente, ata o C.T. que se proxecta en Piñeiro; Tramo II - desdo o apoio n.5 da L.M.T. ó C.T. de Piñeiro ata o C.T. que se proxecta en Golfariz, ámbalas dúas no concello da Estrada.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:

L.M.T. - Tramo I - aérea, a 20 kV, de 872 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos.

L.M.T. - Tramo II - aérea, a 20 kV, de 472 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, en Piñeiro, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

C.T. de 100 kVA, en Golfariz, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

R.B.T. de Piñeiro de 585 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

R.B.T. de Golfariz de 220 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 9.864.103 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1278