Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 25/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica 2 L.M.T., 2 CC.TT. e 2 R.B.T. en Correáns-Lamas, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I - desde o apoio 47 da L.M.T. derivación a Pardemarín ata o C.T. que se proxecta en Correáns; tramo II - desde o apoio 7 da L.M.T. ó C.T. de Correáns ata o C.T. que se proxecta en Lamas, ámbalas dúas no concello da Estrada.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:

L.M.T., aérea, a 24/20 kV, de 1.472 m de lonxitude o tramo I e 20 m de lonxitude o tramo II, con conductores tipo LA-56, sobrea apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, en Correáns e C.T. de 50 kVA en Lamas, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

R.B.T., aérea, de 215 m de lonxitude o tramo de Correáns e 535 m de lonxitude o tramo de Lamas, con conductores tipo R.Z.

Orzamento: 8.759.401 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1277