Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.880

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 29 de febreiro de 1996, do tribunal cualificador, do concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

O apartado 7 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez comenzadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comenzo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría de celador sobre as datas e lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade a este no Diario Oficial de Galicia ademais dos lugares previstos na convocatoria.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do segundo exercicio da dita fase, ás oito horas e quince minutos do día 17 de marzo de 1996 nas localidades e lugares que aparecen reflectidos na lista que se atopa exposto ó público nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde e nos servicios de persoal das administracións das xerencias de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Os aspirantes haberán de ir provistos de documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Presidente del tribunal

1407