Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.879

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados (grupo A), pola que se fai público o lugar, data e hora do comezo da celebración do primeiro exercicio.

De conformidade co previsto na base III.4 da Orde do 28 de novembro de 1995, pola que se convocan as referidas probas selectivas (DOG do 12 de decembro), constituíuse validamente o tribunal que as cualificará e acordou, na antedita sesión constitutiva celebrada na data mencionada no encabezamento, facer público o lugar, data e hora do comezo da celebración do primeiro exercicio, convocando ós aspirantes que logo se indicarán para que comparezan o próximo día 20 de marzo, mércores, ás 17 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Os aspirantes convocados son os comprendidos entre Real Serán, Eva María e Vázquez Seijas, Juan José, ámbolos dous inclusive.

Os restantes aspirantes convocaranse mediante anuncios na Escola Galega de Administración Pública.

De conformidade coas bases II.3.2 e II.3.3 da orde de convocatoria xa citada, os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. O chamamento para a realización do exercicio será único, e serán excluídos das probas selectivas os que non comparezan.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

José Vicente Alvariño Alejandro

Presidente do tribunal

1501