Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.879

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Por Resolución do 19 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 21, do 30 de xaneiro de 1996, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galica e nas bases I.4 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 28 de novembro de 1995, publicada no DOG nº 236, do 12 de decembro de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista definitiva de excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

Joaquín López-Rua Soler

Director xeral da Función Pública

Solicitudes presentadas á escala de letrados da Xunta de Galicia

Relación definitiva de excluídos

Apelidos e nomeDNICausas de exclusión

Campo Barcón, Luis G. del 40.271.81303
Tavera Rodríguez, Rafael José 7.874.35503

Causas de exclusión

CódigoDescrición

01Non cumpri-lo requisito da base I.2.3.1 da convocatoria
02Non ter cumpridos os 18 anos
03Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame
04Non adxuntar copia do DNI dou documento fidedigno
05Non cumpri-lo requisito da titulación esixida
06Presenta-la solicitude fóra de prazo
07Instancia non asinada

1602