Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0007020/1996, interposto por Viña do Val, S.A.

Para os efectos de dar cumprimiento ó solicitado polo secretario da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/0007020/96 interposto por Viña do Val, S.A. contra Resolución de data 30-10-1995, do conselleiro de Economía e Facenda desestimatoria do recurso ordinario interposto contra Resolución de data 22-5-1995 do presidente do Igape de declaración de incumprimento de condicións de subvención e reclamación do percibido indebidamente.

Este instituto resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo o tribunal mencionado.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazados para que poidan comparecer e constituírse en parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, según dispón o artigo 64 da Ley de xurisdicción contencioso-administrativa reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1996.

Augusto Rodríguez Jordá

Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

1605