Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público aberto da asistencia técnica: servicio de limpeza de varios locais da Delegación da Consellería de Agricultura en Ourense.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación do servicio de limpeza de varios locais da Delegación da Consellería de Agricultura en Ourense, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o

seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 20 de marzo de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 25 de marzo de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Conselleria de Agricultura, Gandería e Montes

1038