Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 febreiro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Burgo de Negral (Friol-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Burgo de Negral (Friol-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 474/1990, do 27 de setembro, o seguinte:

Primeiro.-Con data 29 de xaneiro de l996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Burgo de Negral (Friol-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello de Friol e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de mais circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvento Rural (Ronda da Muralla, 197, 1º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademáis, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985.

Lugo, 5 de febreiro de 1996.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo

1471