Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 29 xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias que se cita, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente 259/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 do novembro de 1992 (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas

como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

Lugo, 29 de xaneiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 259/95.

Denunciado: Jesús Vega Arias.

DNI: 9.984.135.

Último enderezo coñecido: rúa Conde de Lemos, 40-Ponferrada-León.

Feitos imputados: dedicarse ó transporte de gando no automóbil 3551-J, carecendo do documento acreditativo de te-lo automóbil inscrito no servicio de Agricultura e Gandería da Delegación Territorial de Agricultura de León para transportar gando.

Tipificación da infracción no Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 52.

Precepto sancionador: 215.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 30.000 ptas.

1170