Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 5/1993 de pesca fluvial de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que se relaciona no anexo, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial en Galicia.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

ANEXO

Procedemento sancionador número: 5/1993.

Denunciado: Castro Otero, Manuel Ángel.

DNI: 35.452.588.

Último enderezo coñecido: San Xulián Pontecesures.

Feitos imputados: pescar con arte prohibida.

Tipificación infración Lei de pesca:

Artigo infrinxido: 35.3º.

Cualificación infración: grave.

Resolución: prescrición.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

1145