Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (264/1995).

Francisco Javier Miguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 264/1995 por instancia de José Luís García Barcia contra Francisco Javier Marxuach García e nas actuacións dictouse sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela o catorce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 264/1995, sobre lesións, no que foron partes, como denunciante José Luis García Barcia e como denunciado Francisco Javier

Marxuach García, de quen as circunstancias persoais constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronunciou a seguinte sentencia,

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Francisco Javier Marxuach García da falta pola que se denunciou neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta sentencia, da que se levará testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Francisco Javier Marxuach García expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1146