Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (90/1996-05).

En virtude de resolución dictada neste día en expediente de xurisdicción voluntaria de dominio, que se segue neste xulgado co número 90/1996-05, por instancia de Hermanos Lago Ríos, S.L. representado polo procurador Merelles Pérez, sobre inmatriculación do predio sito no concello de Teo, parroquia de Cacheiras: sobremouro, a labradío, de vinteúnha áreas e cincuenta centiáreas. Linda, norte: estrada; sur, muro que divide toxeiras de Veiga do Mouro; leste, toxeira de Benito Martínez, e oeste, Agustín Suárez; por medio da presente cédula cítase ós habentes causa daqueles dos que procedan sos bens, herdeiros de Dolores Seoane Matalobos, herdeiros de José, Arturo, Dorinda, Josefina, Severino, Manuela e Aurora Framil Suárez, e ás persoal ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que no termo de dez días contados a partir da publicación do presente edicto, poidan comparecer perante este xulgado para alegaren o que ó seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1996.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

O secretario

0594