Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.788

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (153/1995).

Polo presente edicto e en virtude do acordo nesta data polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Ana Mª Lorenzo Carou, nos autos de xustiza gratuíta nº 153/1995 de orde, seguidos por instancia de Cipriano Patió Oujo, representado polo procurador Arca

Soler e defendido polo letrado Poch Sampedro contra Francisco Vidal Ageitos e os herdeiros descoñecidos e incertos de Ramona Ageitos Sevilla e de Jesús Vidal Ageitos e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 11 de marzo de 1996 ás 12 horas, cítanse os demandados Francisco Vidal Ageitos e os herdeiros descoñecidos e incertos de Ramona Ageitos Sevilla a Jesús Vidal Ageitos, que tiveron o seu domilicio en Ribeira e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que acompañados de tódolos medios de proba de que intenten valerse comparezan neste xulgado, sito na praza do Concello

s/n de Ribeira, co fin de asistiren á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoos de que a copia da demanda se atopa a disposición neste xulgado.

E para que teña luar a citación acordada, expido o presente edicto en Ribeira, o 26 de xaneiro de 1996.

A secretaria

Rubricado

1478