Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1996 pola que se convoca un curso sobre dereito procesual básico, dirixido ós membros dos corpos da Policía Local de Galicia, e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de Creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre dereito procesual básico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo principal dota-lo policía dun coñecemento teórico-práctico nos temas de dereito procesual, que lle poida ser eficaz no desempeño posterior da súa profesión.

Destinatarios.

O curso vai dirixído ós membros dos corpos da policía local de Galicia, e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertará neste curso será de 50.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas do día 18 de marzo de 1996.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) O proceso penal e o dereito procesual penal.

b) A xurisdicción penal. c) Acción penal e acción civil.

c) Actos do proceso penal.

d) Actuacións sumariais.

e) A sentencia e a cousa xulgada penal.

f) Os recursos.

g) O proceso penal abreviado. O xuízo de faltas.

h) O procedemento de habeas corpus.

i) A execución penal.

Datas.

O curso celebrarase do 25 ó 29 de marzo de 1996.

O horario será das 16 ás 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 21 de marzo de 1996, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolverase na cidade de Pontevedra, quedando por concretar o seu lugar de celebración, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas

que acrediten a súa participación continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificación.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro RodríguezA

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

0762