Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MP-32-B/95 OUR.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso ordinario, sen que este se presente esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 44030/003917-0 de recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten na Caixa Ourense, delegación da Torre, rúa Curros Enríquez, nº 1 de Ourense. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e nas oficinas desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente sancionador: MP-32-B/95 OUR.

Artigo infrinxido: 432 del Regulamento de montes.

Contía da sanción: corenta e sete mil (47.000) pesetas.

Denunciada: Matilde Martínez Colemán.

DNI: 34.382.120.

Último enderezo coñecido: Xunqueira de Ambía (Ourense).

1148