Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de febreiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón, denominada Rianxo número 10, a favor de Juana Iglesias Romero, Manuel Piñeiro Romero e Jesús Mª Piñeiro Romero.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Rianxo nº 10.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 162.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-1996.

Anterior concesionario: Manuel Romero Abuín e Juana Iglesias Romero.

Novo titular da concesión e batea: Juana Iglesias Romero, Manuel Piñeiro Romero e Jesús Mª Piñeiro Romero.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumplimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña,7 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

697