Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de febreiro de 1996 sobre postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta e a documentación aportada polo

Concello de Vigo (Pontevedra) sobre a modificación

da súa relación de postos de traballo, relativa á

supresión dos postos de colaboración de oficial maior

e vicesecretario, e creación dun posto, de igual

carácter, de secretario xeral adxunto do devandito

concello, reservados a funcionarios/as de Adminis-tración

local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co establecido no artigo 159.1º

do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril,

e nos artigos 2,9 e 17 do Real decreto 1732/1994,

do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire

o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da

función pública de Galicia, esta Consellería da Pre-sidencia

e Administración Pública,

DISPÓN:

1.–Suprimi–los postos de oficial maior e vicese-cretario

do Concello de Vigo, provincia de Pon-tevedra.

2.–Crea–lo posto de colaboración de secretario

xeral adxunto do concello de Vigo, provincia de Pon-tevedra,

clasificándose conforme se especifica no

anexo que se acompaña á presente orde.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso

contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses con-tados

a partir da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Corporación: Concello de Vigo.

Posto de traballo: secretario xeral adxunto.

Clase: primeira.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Forma de provisión: libre designación.

1282