Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.735

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de febreiro de 1996 pola que se dá publicidade a acordos plenarios relativos á forma de cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta e a documentación remitida polo

concello da Coruña relativa á modificación da forma

de provisión dos postos de traballo reservados a fun-cionarios

de Administración local con habilitación

de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido

nos artigos 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do

29 de xullo, e en uso das facultades conferidas polo

artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da

función pública de Galicia,

DISPÓN:

Darlle publicidade ó acordo plenario do concello

da Coruña relativo ós postos de traballo que se deta-llan

no anexo que se xunta á presente orde, que

poderán cubrirse polo sistema de libre designación

entre habilitados de carácter nacional da subescala

e categoría correspondentes.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso

contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses con-tados

a partir da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Acordo plenario do 18 de decembro de 1995

Corporación: Concello da Coruña.

Posto de traballo: secretaría xeral.

Clase: primeira.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior

Forma de provisión: libre designación.

Corporación: Concello da Coruña.

Posto de traballo: intervención xeral.

Clase: primeira.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Forma de provisión: libre designación.

1319