Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de febreiro de 1996 pola que se regulan os ingresos en garderías infantís dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo

27.23º, atribúelle a esta Comunida de Autónoma

competencia exclusiva en materia de asistencia

social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais,

inclúe no artigo 5.3b como unha das súas áreas de

actuación a familia, a infancia e a mocidade, corres-pondéndolle

as competencias en materia de primeira

infancia, segundo o Decreto 2/1994, do 13 de xanei-ro,

á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Polo tanto, de acordo co exposto, en virtude das

competencias que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.–Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regula–lo pro-cedemento

de adxudicación de prazas nas garderías

infantís dependentes da Consellería de Familia,

Muller e Xuventude, tanto no relativo ás solicitudes

de novo ingreso como ás de renovación de prazas

e cobertura de vacantes que poidan producirse ó

longo de cada curso.

Artigo 2º.–Idades de ingreso e permanencia.

2.1. A idade mínima de ingreso queda establecida

nos 3 meses naqueles centros que posúan aulas axei-tadas

para a atención de nenos desta idade.

2.2. Aqueles centros que non posúan unidades do

segundo ciclo acollerán, prioritariamente, os nenos

e nenas que non teñan cumpridos os 3 anos antes

do 31 de decembro.

2.3. Naqueles centros nos que se imparta o segundo

ciclo de educación infantil, poderanse acolle–los

nenos e nenas que non teñan cumpridos os 6 anos

antes do 31 de decembro.

Artigo 3º.–Integración de nenos e nenas con

minusvalidez física, psíquica ou sensorial.

3.1. Poderán integrarse nenos e nenas con minus-validez

física, psíquica ou sensorial. O ingreso destes

estará supeditado á existencia de condicións infraes-tructurais

idóneas e de persoal axeitado e suficiente

no cadro de persoal do centro. En ningún caso poderá

haber máis dun neno ou nena de integración por

aula. Para efectos de ratio, estas prazas contabi-lizaranse

como dúas.

3.2. Os delegados provinciais, mediante resolución

motivada, poderán eximir dos límites de idade de

ingreso e permanencia no centro ós nenos e nenas

de integración.

3.3. Os equipos de valoración e orientación das

delegacións provinciais da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais serán os responsables do diag-nóstico,

de acordo coas súas propias normas de

actuación. Así mesmo, poderán colaborar co persoal

das garderías no referente ó seguimento e atención

do menor durante a súa estancia na gardería.

Artigo 4º.–Solicitudes de novo ingreso.

4.1. O prazo para a presentación das solicitudes

de novo ingreso segundo o modelo oficial (anexo I)

será do 1 ó 20 de abril de cada ano. As devanditas

solicitudes presentaranse nas garderías infantís nas

que se solicite praza ou nas delegacións provinciais

desta consellería, todo isto sen prexuízo do disposto

no artigo 38 da lei de réxime xurídico das admi-nistracións

públicas e do procedemento administra-tivo

común.

4.2. Poderase solicitar, no mesmo impreso, praza

para dous centros, detallándoos por orde de pre-ferencia.

Artigo 5º.–Documentación que se presenta rá coa

solicitude.

5.1. Os pais ou representantes legais do neno ou

nena presentarán a solicitude para o seu ingreso,

achegándose con ela os seguintes documentos:

–Fotocopia do libro de familia.

–Fotocopia do DNI do solicitante.

–Declaración e xustificación de haberes, conforme

o modelo do anexo II, de cada membro da unidade

familiar que perciba ingresos económicos ou sexa

demandante de emprego.

–Certificado de convivencia expedido polo con-cello

no que teña a residencia habitual a unidade

familiar.

–No caso de deficiencias ou enfermidades alegadas

polos membros da unidade familiar, certificado expe-dido

polo equipo de valoración e orientación da

correspondente delegación provincial sobre o grao

de minusvalidez, así como, se é o caso, certificado

médico de enfermidade.

–No caso de nenos e nenas con minusvalidez física,

psíquica ou sensorial, informe do correspondente

equipo de valoración no que se indique o grao de

minusvalidez así como a súa necesida de de inte-gración.

–Documentación acreditativa de incidencias na

orde socio–familiar tales como: abandono do fogar,

separación legal de cónxuxe ou calquera outra cir-cunstancia

alegada nesta orde.

–Informe dos servicios sociais, nos supostos en

que sexa necesario por falta de acreditación docu-mental

suficiente ou pola situación especial na que

viva a unidade familiar.

5.2. No caso de que a solicitude non reúna os

requisitos esixidos, a delegación requirirá ó inte-resado

para que, nun prazo de 10 días, emende a

falta ou xunte os documentos necesarios, con indi-cación

de que, se así non se fixer, se terá por desis-tida

a súa petición, arquivándose sen máis trámite.

Artigo 6º.–Documentación complementaria.

6.1. Os interesados terán que presentar, dentro

dos 15 días seguintes á notificación da admisión,

a seguinte documentación complementaria:

–Certificado médico do neno ou nena.

–Carné de vacinación actualizado.

Se non se presentase a devandita documentación

no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude

da praza.

6.2. As direccións das garderías infantís deberán

presentar na delegación correspondente, antes do

31 de xullo, relación de prazas confirmadas e das

solicitudes decaídas, se é o caso, co fin de que a

delegación poida preve–la cobertura destas últimas

coas solicitudes da lista de espera antes do inicio

do curso.

Artigo 7º.–Reserva de praza.

7.1. As familias con nenos ou nenas xa matri-culados

nas garderías infantís dependentes desta

consellería que desexen renovar praza nos mesmos

centros, deberán cubri–la folla de reserva de praza

(anexo III), na que se xustificarán, entre outros, os

ingresos económicos actualizados, e presentala na

gardería infantil que corresponda, entre o 1 e o 15

de marzo.

Transcorrido este prazo, a dirección da gardería

infantil remitirá á delegación provincial correspon-dente

a lista nominal por grupos de idade dos nenos

e nenas que renoven praza.

Non poderá renovar praza quen no momento de

formaliza–la súa solicitude manteña algunha men-sualidade

impagada de calquera curso.

7.2. Reservarase un 5% das prazas de cada gar-dería

infantil para supostos de máxima urxencia,

entendendo por tales os ingresos de menores tute-lados

pola Consellería de Familia, Muller e Xuven-tude

e aqueloutros nos que concorran circunstancias

socio–económicas e familiares que requiran unha

intervención inmediata. O ingreso nestes supostos

será acordado pola Dirección Xeral da Familia.

Artigo 8º.–Baremo de admisión.

8.1. A selección das solicitudes efectuarase en

función da puntuación acadada segundo o baremo

establecido no anexo IV, mediante o que se avaliarán

os factores socio–económicos, familiares e laborais

da unidade familiar.

Entenderase por unidade familiar o conxunto de

tódalas persoas que, por parentesco de consangui-nidade

ou afinidade, conviven no domicilio familiar.

Artigo 9º.–Comisión de baremación.

9.1. Aplicaráselles a tódalas solicitudes recibidas

un procedemento de valoración. Con tal fin cons-tituirase,

en cada unha das delegacións, unha comi-sión

provincial de baremación e selección coa

seguinte composición:

Presidente: o xefe do Servicio de Familia, Infancia

e Menores.

Vocais: o/a director/a da gardería e un represen-tante

dos pais da gardería da que se estean a bare-ma–

las solicitudes.

Secretario: un funcionario da delegación provin-cial

designado polo delegado provincial.

Os acordos tomaranse por maioría simple, e resol-verá,

en caso de empate, o presidente.

9.2. A dirección de cada gardería convocará os

pais a unha reunión, que se celebrará anualmente

antes do 15 de maio, co fin de proceder á elección,

mediante votación e por maioría simple, do seu

representante na comisión de baremación e selec-ción.

Artigo 10º.–Relación provisional de admitidos.

A comisión será competente para efectua–la pro-posta

inicial de baremación e selección, así como

para a fixación da contía que se deberá aboar ou

exención que se aplicará en cada caso, sempre de

acordo coas tarifas en vigor, segundo o disposto no

artigo 14º.1 da presente orde, e fará pública a rela-ción

provisional, coa puntuación obtida, de admi-tidos

e excluídos, correspondéndolle a resolución

ó delegado provincial. Esta relación expoñerase nas

delegacións provinciais da consellería e nas respec-tivas

garderías infantís do 16 ó 20 de xuño.

Artigo 11º.–Reclamacións.

Os solicitantes que o desexen poderán efectua–las

reclamacións, debidamente documentadas, que coi-den

oportunas no prazo de dez días contados desde

a data de publicación da relación provisional.

Artigo 12º.–Relación definitiva de admitidos e lis-ta

de espera.

12.1. Unha vez estudiadas pola comisión tódalas

reclamacións presentadas, e resoltas polo delegado

provincial, procederase á publicación, entre o 1 e

o 10 de xullo, da relación definitiva de admitidos

e da lista de espera coa puntuación obtida en cada

caso.

12.2. As resolucións recaídas deberánselles noti-ficar

ós solicitantes. Os admitidos disporán dun pra-zo

de quince días para confirmaren a súa praza e

achegaren a documentación complementaria, segun-do

o disposto no artigo 6º.1.

Artigo 13º.–Solicitudes fóra de prazo.

13.1. As solicitudes presentadas fóra de prazo de

convocatoria, por circunstancias sobrevidas a este,

serán tramitadas e baremadas para a súa inclusión

na lista de espera, segundo a puntuación obtida.

13.2. As vacantes que se vaian producindo ó longo

do curso serán cubertas por rigorosa orde de pun-tuación

entre os solicitantes en lista de espera.

Artigo 14º.–Tarifas.

14.1. Para a determinación das tarifas aplicables

terase en conta o establecido no Decreto 179/1992,

do 26 de xuño, e demais normativa vixente en materia

de prezos da Comunidade Autónoma de Galicia. Para

tales efectos entenderase por renda per cápita men-sual

a suma dos ingresos totais netos dos membros

da unidade familiar dividida polo número destes.

14.2. O pagamento de tarifas será mensual e debe-ranas

aboa–los interesados nos dez primeiros días

de cada mes.

14.3. Non se aboará a tarifa que corresponda ó

mes en que o centro permaneza pechado por razóns

de vacacións de verán. Se por calquera motivo, o

centro permanecese pechado durante un número

superior a quince días consecutivos, non se aboará

a tarifa que corresponda a este período.

14.4. A inasistencia do usuario durante un período

determinado non supón reducción ningunha nin

exención da tarifa, mentres non se formalice a baixa

correspondente.

Artigo 15º.–Revisión da tarifa.

Ó longo do curso poderase proceder á revisión

da tarifa fixada inicialmente, sempre que se pro-duzan

e xustifiquen variacións nas circunstancias

económicas ou familiares. Neste sentido, o bene-ficiario

queda obrigado a comunicar calquera varia-ción

que se produza ó respecto.

Artigo 16º.– Baixas.

Causarase baixa nas garderías infantís por algunha

das circunstancias seguintes:

1. Por cumprimento da idade máxima regulamen-taria

de permanencia na gardería.

2. Por solicitude dos pais ou representantes legais.

3. Polo non pagamento da cota establecida durante

dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera

que sexa o curso escolar ó que se refire a débeda.

4. Por comprobación de falsidade nos documentos

ou datos achegados.

5. Por incompatibilidade ou inadap tación absoluta

para permanecer no centro.

6. Por falta de asistencia continuada durante un

mes sen causa xustificada.

As baixas por incompatibilidade ou inadaptación

serán resoltas pola Dirección Xeral da Familia a

proposta do delegado provincial, unha vez oídos a

dirección da gardería e mailo interesado. Nos demais

supostos, será competencia do delegado provincial

correspondente o acordala.

As baixas producidas ó longo do curso escolar por

calquera dos motivos anteriormente expostos cubri-ranse

coas solicitudes que quedasen en lista de espe-ra

en cada grupo de idade, por rigorosa orde de

puntuación.

Artigo 17º.–Participación dos pais.

As direccións das garderías infantís fomentarán

a colaboración dos pais co centro e as relacións

co persoal deste, así como a súa participación nos

órganos colexiados que puideran crearse.

Disposición derrogatoria

Quedan sen efecto tódalas disposicións anteriores

de igual ou inferior rango que se opoñan ó disposto

na presente orde, especialmente a Orde do 16 de

febreiro de 1995.

Disposicións derradeiras

Primeira.–Facúltase a directora xeral da Familia

para que dicte, no ámbito das súas competencias,

as resolucións necesarias para o desenvolvemento

e cumprimento desta orde.

Segunda.–A presente orde entrará en vigor o día

da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO IV

BAREMO DE APLICACIÓN ÁS SOLICITUDES DE ADMISIÓN NAS GARDERÍAS INFANTÍS

1.–Situación socio–familiar:

1.1.–Por cada membro menor de 16 anos a cargo da unidade familiar, incluído o solicitante ......................4 puntos.

1.2.–Por cada membro maior de 16 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás

os pais do solicitante ...................................................................................................................................4 puntos.

1.3.–Por minusvalidez física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento

periódico, alcoholismo ou drogadicción (segundo o grao):

–Pai...................................................................................................................................................ata 5 puntos.

–Nai ..................................................................................................................................................ata 5 puntos.

–Outros membros da unidade familiar ...............................................................................................ata 5 puntos.

1.4.–Por ausencia do fogar familiar (viuvez, separación, divorcio, familia monoparental, etc.):

–Pai ........................................................................................................................................................5 puntos.

–Nai ........................................................................................................................................................5 puntos.

1.5.–Por irman/irmans con praza renovada no centro nun grupo de idade superior do neno para o que solicita

praza ..............................................................................................................................................................5 puntos.

1.6.–Calquera outra circunstancia socio–familiar que sexa susceptible de valoración a xuízo da comisión e ade-cuadamente

acreditada .............................................................................................................................ata 5 puntos.

2.–Situación laboral familiar:

2.1.–Situación laboral de desemprego sen prestación económica:

–Pai ........................................................................................................................................................5 puntos.

–Nai ........................................................................................................................................................5 puntos.

2.2.–Situación laboral de desemprego con prestación económica:

–Pai ........................................................................................................................................................2 puntos.

–Nai ........................................................................................................................................................2 puntos.

2.3.–Traballos sen cualificar fóra do fogar sen percepción económica fixa:

–Pai ........................................................................................................................................................2 puntos.

–Nai ........................................................................................................................................................2 puntos.

3.–Situación da vivenda:

3.1.–En chabola, caravana, etc....................................................................................................................5 puntos.

3.2.–Que non reúne condicións totais de habilitabilidade, apreciados á vista do preceptivo informe social pola

comisión de baremación............................................................................................................................ata 5 puntos.

3.3.–Por condicións de amontoamento apreciadas pola comisión de baremación ...................................ata 5 puntos.

4.–Situación económica:

4.1.–Ingresos mensuais da unidade familiar equivalente ó salario mínimo interprofesional vixente...........10 puntos.

4.2.–Por cada tramo de 6.000 ptas. en sentido decrecente a partir do salario mínimo interprofesional ......+1 punto.

4.3–Por cada tramo de 6.000 ptas. en sentido crecente a partir do salario mínimo interprofesional ............–1 punto.

* En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa.

1281