Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de febreiro de 1996 pola que se convoca o VII certame galego de Teatro Xuventude-96.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre

traspaso de funcións e servicios do Estado á Comu-nidade

Autónoma de Galicia en materia de cultura,

especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume

as competencias de «promoción e organización de

actividades de animación sociocultural no ámbito

artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas

ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade

e sectores marxinados».

Neste marco competencial, o ámbito cultural e

artístico no que respecta á xuventude é compartido

conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller

e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de

Xuventude desenvolve o programa «Fomento da acti-vidade

xuvenil», figurando entre os seus obxectivos

básicos promociona–la actividade cultural e artística

entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura,

a través da súa Dirección Xeral de Cultura, que

ten entre outras funcións a de colaborar no desen-volvemento

do teatro, a danza, artes líricas e da

imaxe, así como a promoción das artes plásticas e

populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de

xaneiro e o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, polos

que, respectivamente, se establece a estructura orgá-nica

que cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e

Xuventude, consciente da importancia que ten faci-litar

vías polas que poida manifestarse a actividade

e inquedanza artística individual e colectiva da

xuventude galega, e contando coa colaboración da

Consellería de Cultura dada a natureza das acti-vidades

a realizar, convoca unha serie de certames,

concursos e mostras que abranguen un amplo abano

de manifestacións de carácter artístico e artesanal

e que constitúen o programa «Certames e Mostras

Xuventude–96».

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude con-voca

o VII certame galego de Teatro Xuventude–96,

segundo as bases que se establecen no anexo I desta

orde, onde se regulan os aspectos relativos á par-ticipación,

condicións xerais que van rexer na res-pectiva

convocatoria, inscricións, desenvolvemento,

premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria desen-volverase

a través das delegacións provinciais da

Consellería de Familia, Muller e Xuventude coa

colaboración das delegacións provinciais da Con-sellería

de Cultura.

Artigo 3º

As actividades que supoñan o desenvolvemento

deste certame serán custeadas con cargo á aplicación

orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos presupostos

xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para

o ano 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.–Facúltase ó director xeral de Xuventude

para dictar, no ámbito das súas competencias, as

resolucións precisas para o desenvolvemento desta

orde.

Segunda.– A presente orde entrará en vigor o día

seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de

Galicia.

antiago de Compostela, 5 de febreiro de 1996

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

VII CERTAME GALEGO DE TEATRO XUVENTUDE–96

I. Convocatoria.

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería

de Familia, Muller e Xuventude, en colaboración

coa Dirección Xeral de Cultura da Consellería de

Cultura, convoca o VII certame galego de Teatro

Xuventude–96.

II. Participantes.

Poderán concorrer a este certame tódolos grupos

teatrais non profesionais compostos por xoves gale-gos

ou residentes en Galicia, que se inclúan dentro

dalgunha das categorías da presente convocatoria.

III. Categorías.

Establécense dúas categorías:

Categoría A: para grupos de teatro independentes,

compostos por xoves de idade que non exceda dos

30 anos.

Categoría B: para grupos de teatro que se cons-titúan

nos distintos centros de ensino de Galicia

(institutos de bacharelato ou educación secundaria,

centros de formación profesional, etc.) e que agrupen

a xoves de idades que non superen os 30 anos.

A idade máxima dos participantes (30 anos) entén-dese

cumprida o 31–12–1996, agás dirección e equi-po

técnico.

IV. Condicións xerais.

1. As obras poderán ser de autores galegos, espa-ñois

ou estranxeiros.

2. Poderán presentarse textos orixinais.

V. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso nor-malizado

que se indica no anexo II.

Así mesmo, os participantes deberán envia–lo

boletín de inscrición que se indica no anexo III,

nun sobre pechado no que figurará exclusivamente

o título da obra que se vai representar.

Segundo a categoría presentaranse tamén:

Categoría A: unha síntese da obra (título, autor,

adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta

en escena (número de personaxes, tipo de decorado,

vestiario, espacio que se precisa, etc.).

Un video dunha representación da obra a concurso

ou dun ensaio xeral.

Categoría B: unha síntese da obra (título, autor,

adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta

en escena (número de personaxes, tipo de decorado,

vestiario, espacio, etc. que se precisan) e nomes

dos responsables e coordinadores.

Un video dunha representación da obra a concurso

ou dun ensaio xeral.

Os participantes deberán presenta–lo impreso de

solicitude, a obra e o sobre pechado no Servicio

de Xuventude da Delegación Provincial da Conse-llería

de Familia, Muller e Xuventude correspon-dente

á provincia na que os interesados teñan fixada

a súa residencia habitual, que poderá ser na:

* r/ Ronda de Fingoi, s/n– 27002 Lugo.

* Avda. da Habana, 81– baixo– 32004 Ourense.

* r/ Durán Loriga, 9–1º– 15003 A Coruña.

* r/ Benito Corbal, 47– 2º– 36001 Pontevedra.

Ata o 14 de xuño de 1996.

VI. Desenvolvemento.

Categoría A:

–Fase provincial.

Cada xurado da fase provincial seleccionará, de

entre os participantes, ata seis grupos que pasarán

á fase autonómica.

–Fase autonómica.

O xurado da fase autonómica, vistos os videos

seleccionados polos respectivos xurados das fases

provinciais, seleccionará para a final desta fase auto-nómica

ata seis grupos.

Esta fase celebrarase na provincia de Lugo no mes

de outubro de 1996 coa asistencia dos grupos selec-cionados

polo xurado.

Categoría B:

–Fase provincial.

Os xurados seleccionarán 48 grupos de entre tódo-los

que se presenten dentro desta categoría repre-sentando

ós distintos centros de ensino de Galicia,

que serán os que conformen a primeira fase ou fase

provincial.

–Fase autonómica.

O xurado da fase autonómica, vistos os videos

seleccionados polos xurados provinciais, seleccio-nará

para a fase final desta fase autonómica ata seis

grupos.

Esta fase celebrarase na provincia de Lugo no mes

de outubro de 1996, co concurso dos grupos selec-cionados

polo xurado.

VII. Premios.

Establécense os seguintes premios:

Premios Categoría A

1º 200.000 ptas.

2º 100.000 ptas.

Premios Categoría A

3º 50.000 ptas.

4º ó 6º 40.000 ptas.

Premios Categoría B

1º 200.000 ptas.

2º 100.000 ptas.

3º 50.000 ptas.

4º ó 6º 40.000 ptas.

Tanto para a categoría A como para a B establécese

un premio especial de 125.000 pesetas para a mellor

representación feita en galego.

Prevese para ámbalas dúas categorías a concesión

de diversas axudas, que oscilan entre as 20.000 e

50.000 pesetas por distintos conceptos, ata un máxi-mo

de 500.000 pesetas. Así mesmo, establécese unha

axuda de 25.000 pesetas a cada un dos 48 centros

educativos seleccionados dentro da categoría B, para

cubrir gastos orixinados pola representación (ves-tiario,

decorados, desprazamentos, etc.) O total das

axudas neste último caso non poderá sobrepasar

1.200.000 pesetas.

As cantidades dos premios serán únicas e indi-visibles.

Así mesmo farase entrega a cada un dos grupos

seleccionados para a fase autonómica nas distintas

categorías dun diploma que acredite a súa parti-cipación

neste Certame Galego de Teatro.

Os grupos seleccionados polo xurado nas distintas

categorías comprométese na fase autonómica, no

momento de faceren a inscrición, a representa–las

obras polas que foron nomeados e premiados, na

cerimonia de entrega de premios que se celebrará

na cidade de Lugo no mes de outubro do 96 se

a organización o estimase oportuno.

Prevese a concesión dunha axuda de 50.000 pese-tas

en concepto de gastos de viaxe e xerais ó grupo

que represente o día da entrega de premios, na fase

autonómica.

VIII. Xurado.

Os xurados da fase provincial serán nomeados

polos respectivos delegados provinciais da Conse-llería

de Familia, Muller e Xuventude e da Con-sellería

de Cultura.

Por outra banda, o xurado da fase autonómica será

nomeado polo director xeral de Xuventude e polo

director xeral de Cultura e estará composto por per-soas

cualificadas no campo artístico recaendo a

secretaría nun funcionario da Delegación Provincial

da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de

Lugo.

O xurado, segundo a calidade das obras, poderá

deixar desertos algúns dos premios.

A decisión do xurado será inapelable.

1517