Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Roline, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Roline, S.A., que tivo entrada nesta delegacion provincial o día 17-1-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, 31-10-1995, de conformidade co

dispsoto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de xaneiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Roline, S.A. ano 1995.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo, ten ámbito de empresa e regula as condicións económicas e de traballo entre Roline, S.A. e o persoal do seu cadro de flota comprendido na ordenanza de traballo da mariña mercante (O.T.M.M.).

Non se aplicará este convenio para o persoal de inspección ou o de flota que preste servicios permanentes en terra, adscrito a calquera departamento da empresa.

Artigo 2º.-Vixenxia.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995. Quedará prorrogado por períodos anuais sucesivos de non terse denunciado por algunha das partes asinantes.

Unha vez denunciada a totalidade do presente convenio e actas que houber, seguirán vixentes ata a sinatura do próximo convenio.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

Para os efectos de aplicación do presente convenio, este constitúe un todo orgánico indivisible, polo que non se poderá pretende-la aplicación dunha ou varias das súas normas refugando o resto, senón que sempre deberá ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente. Se a autoridade laboral competente, non aprobase algunha das normas deste convenio e este feito desvirtuase o seu contido, a xuízo das partes, quedará sen eficacia a totalidade do convenio, que deberá ser considerado de novo polas comisións negociadoras.

Artigo 4º.-Prórroga e denuncia.

Será prorrogado por espacios sucesivos de 1 ano, se non é denunciado por algunha das partes contratantes.

Poderá ser denunciado por calquera das partes, durantes os tres últimos meses antes do seu vencemento.

Artigo 5º.-Melloras futuras.

Se unha vez vixente o presente convenio entrasen en vigor convenios de ámbito superior e para o sector da mariña mercante, aplicables ás relacións económicas, sociais e de traballo desta empresa, que establezan condicións máis favorables para os traballadores e sempre que estas condicións teñan carácter estrictamente oficial e estean publicadas no BOE, aplicaranse de acordo con el e a súa entrada en vigor será a que no citado BOE se indique.

Artigo 6º.-Imprevistos do convenio.

En todo o non previsto neste convenio, seguiranse aplicando as condicións de traballo vixentes en cada momento na empresa, remitíndose para o non establecido nelas á Ordenanza de traballo na mariña mercante, así como ó conxunto das disposicións legais vixentes que configuran as relacións laborais do Estado español e Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Período de proba.

Toda admisión de persoal fixo para as actividades comprendidas neste convenio considerarase provisional durante o período de proba, variable conforme o labor a que o tripulante se dedique, que non poderá ser superior ó que establece a escala seguinte:

A) Titulados: 4 meses de traballo efectivo.

B) Mestranza e subalternos: 45 días de traballo efectivo.

Durante o dito período, que poderá ser pactado por esrito, ámbalas partes poden rescindir unilateralmente o contrato de traballo, comunicándollo á outra parte en igual forma, cunha antelación mínima de 8 días.

Caso de que o período de proba expire no curso dunha travesía, este considerarase prorrogado ata que o buque toque porto, pero a vontade por parte do armador de rescindi-lo contrato de traballo por non supera-lo período de proba deberá serlle notificada ó tripulante polo capitán dentro do prazo estipulado no parágrafo anterior deste artigo. En caso contrario, considerarase o tripulante como fixo do cadro de persoal. No caso de expirar por vontade do tripulante e de que ocorra en viaxe ou porto estranxeiro, considerarase prorrogado ata porto español e, se o tripulante opta por desembarcar en porto estranxeiro, o traslado será pola súa conta.

Concluído a satisfacción de ámbalas partes o período de proba, o tripulante pasará a figurar no cadro de persoal fixo na empresa e o tempo prestado durante a dita proba seralle computado para efectos de antigüidade.

A empresa, no suposto de rescisión do período de proba, entregará a documentación relativa ó tempo efectivamente traballado e as cotizacións efectuadas á Seguridade Social.

Unha vez finalizado o período de proba ou coa chegada do buque a porto, os gastos de viaxe e axudas de custo ata o porto de embarque, serán por conta da empresa.

As baixas por enfermidade ou accidente interrompen o período de proba de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 8º.-Interinaxe e persoal eventual.

De acordo do Estatuto dos traballadores ou norma legal e non pactada.

Artigo 9º.-Traballos en categoría superior.

A) A realización de traballos en categoría superior dan dereito á percepción dos mesmos beneficios que correspondan á dita categoría.

B) O desempeño deste posto durante un período superior a noventa días continuados, dará dereito a consolidar este posto.

O non indicado nos parágrafos anteriores estará de acordo na súa totalidade co artigo 23 do Estatuto dos traballadores e ordenanza de traballo da mariña mercante, artigo 76.

No caso de finalización do prazo establecido no mar, considerarase prorrogado ata a chegada a porto español.

Artigo 10º.-Comisión de servicio.

Enténdese por comisión de servicio a misión de traballo profesional que lle ordene a empresa realizar ó tripulante en calquera lugar.

Durante o período de comisión de servicio, os tripulantes devengarán o salario profesional e as axudas de custo que correspondan sempre que a misión encomendada se realice fóra do seu domicilio habitual.

Na circunstancia de se encontrar fóra do seu domicilio, as vacacións rexeranse a réxime de mar, e, se fose no seu domicilio habitual, de acordo coa ordenanza de traballo da mariña mercante.

En calquera caso os gastos de viaxe que se puidesen ocasionar aboaranse logo de xustificación, debendo a empresa adiantar unha cantidade estimada polo importe dos ditos gastos.

Artigo 11º.-Transbordo.

A empresa armadora atenderá as peticións dos tripulantes relacionadas co seu destino, en relación cos seus domicilios legais ou outras causas xustificadas.

Non obstante, acórdanse dúas situacións de transbordo:

1.-Por necesidade do servicio.

2.-Por iniciativa do tripulante.

Procurarase garda-la orde inversa de antigüidade de cada categoría na empresa armadora.

Artigo 12º.-Expectativa de embarque no domicilio.

Considérase expectativa de embarque a situación do tripulante que se acha no seu domicilio, procedente dunha situación diferente á de embarque, estando dispoñible e ás ordes da empresa.

A expectativa de embarque durará ata o día anterior a aquel en que o tripulante saia do seu domicilio.

O período máximo que se establece para esta situación é de 20 días, pasando a partir deste momento á situación de comisión de servicio.

Durante a expectativa de embarque percibirase o salario profesional correspondente a este convenio e vacacións de ordenanza de traballo.

Artigo 13º.-Licencias.

A) Con independencia do período regulamentario de vacacións, recoñécese o dereito a desfrutar de licencias polos motivos que a seguir se enumeran: de índole familiar, para asistir a cursos ou exames para a obtención de títulos ou nomeamentos superiores ou cursos de carácter obrigatorio, complementarios ou de perfeccionamento e capacitación na mariña mercante e para asuntos propios.

B) A concesión de toda clase de licencias correspóndelle ó armador. O peticionario deberá presenta-la oportuna instancia e o armador adoptará a resolución sobre ela dentro dos trinta días seguintes á súa solicitude.

Nos supostos de licencias por motivos de índole familiar, os permisos que se soliciten deberán ser concedidos polo capitán no momento de seren solicitados, desembarcando o tripulante no primeiro porto con medios máis directos de desprazamento e dentro dos límites xeográficos considerados na alínea C). Todo isto sen prexuízo das sancións que se poidan impor a quen posteriormente non xustifique en forma debida a causa alegada ó formula-la petición.

C) Os gastos de desprazamento para o desfrute das licencias correrán por conta do permisionario, a excepción dos ocasionados no suposto de morte do cónxuxe ou fillos e a do apartado 2º B) e D), que correrán por conta do armador, quedando restrinxido o uso do dereito a desembarque e reembarque a tódolos portos de Europa, mar Mediterráneo, mar Negro e os portos de África, ata o paralelo de Noadibou (Port Atienne). Non obstante quedan excluídos destas limitacións xeográficas as causas de enfermidade grave e morte do cónxuxe ou fillos.

1. Licencias por motivo de índole familiar.

Estas licencias serán retribuídas nos seguintes casos:

CausaDías

1) Casamento20

2) Nacemento de fillos17

3) Enfermidade grave do cónxuxe,

fillos, pais e irmáns ata15

CausaDías

4) Morte do cónxuxe ou fillos15

5) Morte de pais ou irmáns15

Non obstante estes prazos, e atendendo ás excepcionais circunstancias que poidan concorrer nalgunhas situacións xustificadas, a empresa concederá os días necesarios, sempre e cando sexa compatible co servicio, a excepción das causas 3ª, 4ª e 5ª.

Ningunha das licencias descritas neste apartado será acumulada a vacacións, a excepción da de casamento, que se poderá acumular. Non obstante o parágrafo anterior, o tripulante embarcado, logo de comunicación á empresa, poderá optar á acumulación en caso de natalidade.

Os tripulantes que desfruten as licencias previstas neste apartado, percibirán o seu salario profesional.

As licencias comezarán a contar desde o día seguinte ó de desembarcar.

2. Licencias para asisitir a cursos, cursiños e exames.

A) Cursos oficiais para a obtención de títulos ou nomeamentos superiores da mariña mercante.

Antigüidade mínima: 1 œ anos.

Duración: a do curso.

Salario: profesional.

Núm. veces: retribuída unha soa vez.

Vinculación á empresa armadora: segundo o disposto na O.T.M.M.,salvo caso de resarcimento.

Peticións máximas: 6% dos postos de traballo de cada categoría.

Mensualmente enviaráselle á empresa armadora xustificación de asistencia expedida pola escola, para ter dereito á retribución.

B) Cursiños de carácter obrigatorio, complementarios dos títulos profesionais.

Antigüidade mínima: sen limitación.

Duración: a do cursiño.

Salario: profesional.

Núm. veces: retribuída unha soa vez.

C) Cursos de perfeccionamento e capacitación profesional de tripulantes e adecuados ós tráficos específicos de cada empresa.

Antigüidade mínima: 1 ano.

Duración: a do curso.

Salario: profesional.

Núm. de veces: unha soa vez.

Vinculación á empresa armadora: 1 ano.

Peticións máximas: 6% dos postos de traballo.

En todas estas licencias seguirase a orde de antigüidade ata completa-los topes establecidos. A empresa atenderá as peticións formuladas ata os ditos topes, podendo concedelos durante o período de vacacións.

Se os tripulantes se integrasen en calquera dos cursos durante as vacacións, estas quedarán interrompidas. Unha vez finalizado o curso seguirá o seu desfrute.

D) Cursiños por necesidade da empresa.

Cando algún dos cursos das alíneas anteriores se realice por necesidade da empresa, o tripulante estará en situación de comisión de servicio todo o tempo que duren os ditos cursos.

Licencias para asuntos propios.

Os tripulantes poderán solicitar licencias por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, por un período de ata 6 meses, que poderán ser concedidos polo armador.

A empresa imformará o comité de empresa dos permisos efectuados.

Artigo 14º.-Excedencia voluntaria.

Pódea solicitar cada tripulante que conte polo menos cun ano de antigüidade na empresa. As peticións resolveranse dentro dos trinta días seguintes á data da súa presentación.

O prazo mínimo para a excedencia será de seis meses e o máximo de cinco anos.

O tempo transcorrido nesta situación non se computará para ningún efecto.

Se o excedente, un mes antes de finaliza-lo prazo para o que se lle concedeu a excedencia, non solicitase o seu reingreso na empresa, causará baixa definitiva nela. Se solicitase o reingreso, este efectuarase tan pronto exista vacante da súa categoría.

No suposto de que non existise vacante da súa categoría, e o excedente optase voluntariamente por algunha de categoría inferior dentro da súa especialidade, percibirá o salario correspondente a esta última, ata que se produza a súa incorporación á categoría que lle corresponda.

O excedente, unha vez incorporado á empresa, non poderá solicitar unha nova excedencia, ata que non transcorresen polo menos catro anos de servicio activo na compañía, desde que aquela se produciu.

Artigo 15º.-Cadro orgánico e a súa aplicación.

Obrigarase á existencia, como mínimo, dun cadro orgánico por buque, actualizado e legalizado polas autoridades competentes, nun lugar de libre acceso a toda a tripulación.

En caso de as autoridades competentes variaren o cadro orgánico, a dita variación enviaráselle ó capitán do buque para o seu coñecemento e información de toda a tripulación.

Tódolos buques compoñentes da flota, estarán obrigados a te-lo cadro orgánico totalmente actualizado, de acordo co seu cadro indicador de tripulacións mínimas.

Cada compoñente da dotación do buque, deberá saber executar correctamente os diferentes exercicios que os mencionados cadros indiquen.

A falta de coñecemento e execución daqueles, suporá sanción de acordo coa lei vixente no seu momento.

Artigo 16º.-Escalafón.

A) A empresa estará obrigada a confeccionar un escalafón público de tódolos tripulantes da empresa, no que figurará nome, apelidos, cargo e data de ingreso na empresa, así como as notas aclaratorias que se consideren convenientes.

B) Sempre que a capacidade profesional o permita, respectarase este, para prove-los ascensos e prazas en terra.

C) Este escalafón editarase e esixirase que haxa un exemplar actualizado en cada buque, ó cal terá acceso calquera membro da tripulación.

Artigo 17º.-Axudas de custo e viaxes.

Axuda de custo é a cantidade que se devenga diariamente para establece-los gastos de manutención e estadías que se orixinan no desprazamento e permanencia fóra do domicilio ou do buque de enrolamento.

Percibiranse axudas de custo nos seguintes casos:

1º.-Comisión de servicio fóra do domicilio.

2º.-Durante o tempo de viaxe necesario para o embarque ou desembarque ata a chegada ó seu domicilio.

3º.-Na expectativa de embarque fóra do domicilio.

A axuda de custos en territorio nacional virá integrada polo conxunto dos seguintes conceptos e valores: consideraranse axudas de custos enteiras ou medias axudas de custos, 7.773 ptas. e 3.587 ptas. respectivamente e neste último caso cando non se pernocte.

No estranxeiro a empresa estará obrigada a facilita-los medios de transporte e aloxamento ó tripulante.

A empresa aboará os gastos de viaxe elixindo o tripulante o medio de transporte máis idóneo, adecuado e directo, quedando excluídos os taxis de alugueiro de longo percorrido, os coches de alugueiro e as clases de luxo. Para os taxis de longo percorrido, considerarase como tal, as distancias superiores a 25 km.

No caso de uso destes medios, a súa utilización deberá estar xustificada por falta de billete doutro tipo, urxencia de embarque ou porque da súa utilización se deriven maiores economías que os propios gastos. O tripulante presentará os comprobantes.

En todo caso, o tripulante percibirá por adiantado da empresa armadora, armador ou do seu representante, importe aproximado dos gastos de locomoción e axudas de custos, caso de que non se lle entreguen os correspondentes billetes de pasaxe.

No caso de que os gastos de desembarque por accidente ou enfermidade sexan aboados pola empresa ós tripulantes, estes estarán obrigados a enviarlle a esta os correspondentes xustificantes.

Percibirase axuda de custos enteira, exclusivamente por cada día natural en que se pernocte fóra da residencia oficial, buque da compañía ou medio de transporte.

Percibirase media axuda de custos cando a saída e entrada se realice o mesmo día.

Non se pecibirá ningunha axuda de custos cando a chegada ó buque ou á residencia se produza antes das 12 horas, e a viaxe durase menos de 4 horas ou a distancia percorrida sexa inferior a 100 km.

Artogo 18º.-Manutención.

O importe polo concepto de manutención será aboado pola empresa, sendo esta controlada, tanto en cantidade como en calidade, por dous membros da tripulación, procurando o capitán que os compoñentes da citada comisión sexan rotativos e de diferentes categorías.

A dita comisión vixiará que a manutención sexa variada, sa e abundante, e apropiada en cada caso á navegación do buque.

Este cometido non dará dereito a horas extraordinarias en ningún momento.

A manutención en ningún momento terá a consideración de salario, por conseguinte, non será esixible durante o período de vacacións, permisos, licencias, etc.

Os sábados, domingos e/ou días festivos que o buque permaneza en porto e que non teña actividade, no servicio de cea darase un menú frío.

Artigo 19º.-Entrepot.

O entrepot normal será adquirido pola empresa, descontado na columna correspondente da nómina ou pagado directamente polo tripulante.

O reparto do entrepot será efectuado pola comisión sobre cantidade e calidade da comida a bordo, correspondéndolle o control ó capitán do buque.

Artigo 20º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo computarase anualmente e aplícase de acordo co R.D. 2001/1983, que regula a xornada de traballo no mar, establecéndoa nunha xornada máxima semanal de 40 horas.

Non obstante, a xornada distribúese en 8 horas diarias de luns a venres. As 4 horas da mañá do sábado acumúlanse a vacacións.

Artigo 21º.-Incremento salarial.

O salario profesional será o que figura en táboas adxuntas, desde o día un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Artigo 22º.-Materia salarial.

Salario profesional.-É o importe que para cada categoría figura na táboa salarial adxunta e que corresponde ó pagamento da xornada laboral establecida no art. 20 deste convenio. Este salario profesional está formado por A) salario real e B) complemento.

Salario embarcado.-Será para toda a tripulación. O salario profesional e os traballos extraordinarios.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Equivale ó 5% do salario profesional por trienio acumulado, segundo a táboa adxunta.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal de mar, percibirá anualmente, con carácter obrigatorio, dúas pagas extraordinarias, de igual contía que o salario profesional máis antigüidade.

Estas pagas aboaranse unha o 15 de xullo e outra o 15 de decembro.

A empresa comprométese a enviar directamente nestas datas ó seu domicilio as correspondentes pagas ó persoal que por calquera causa estea desembarcado.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán de libre ofrecemento por parte do armador ou o seu representante, e a súa prestación será voluntaria por parte dos tripulantes, salvo nos seguintes supostos:

1.-Os traballos de fondeo, atraque, desatraque, emendadas previstas, apertura e peche dos zapóns e arranche.

2.-No mar, sempre que as necesidades da navegación o esixan para levar a boa fin a viaxe iniciada polo buque e en porto cando a programada saída do buque o requira.

3.-Atención á carga e ás operacións necesarias para que o buque poida realiza-la carga e descarga. Nestes casos utilizarase o persoal estrictamente necesario.

4.-Aprovisionamento, sempre e cando por te-lo buque que zarpar inmediatamente non se poida realizar en xornada normal.

5.-Atención de autoridades en porto e traballos similares de ineludible realización.

Non se computarán como horas extraordinarias, aínda que se efectúen fóra da xornada normal, as realizadas nos seguintes casos:

A) Cando as ordene o que exerza o mando do buque para socorrer outros barcos ou persoas en perigo, sen prexuízo dos dereitos que a lexislación lles recoñece ás tripulacións nos casos de achado ou salvamento.

B) Cando o que exerza o mando do buque as considera necesarias ou urxentes durante a navegación para a súa seguridade, das persoas a bordo ou do cargamento.

C) Nos casos de exercicios periódicos prescritos para a seguridade da vida humana no mar.

D) Cando o esixan as formalidades aduaneiras, a corentena ou outras disposicións sanitarias.

O aumento habido na táboa de horas extraordinarias, son parte do cómputo das melloras recollidas neste convenio.

Tódalas horas extraordinarias ou traballos extras que se realicen en consecuencia con este artigo ou concordantes, tanto na súa realización como no aboamento, terán carácter de estructurais, de acordo co establecido na lexislación vixente.

Artigo 26º.-Vacacións.

Serán de 66 días de vacacións, cada 110 días de embarque ininterrompido.

O período de flexibilidade será de 10 días.

Os días de viaxe, tanto ó embarcar como ó desembarcar, por razón de vacacións, non serán considerados como tales vacacións, empezando a contarse estas o segundo día de desembarque, salvo causa que xustifique o contrario, e finalizadas desde a data en que o tripulante abandone o seu domicilio co obxecto de embarcar.

As tripulacións e empresa comprométense a facer cumpri-lo desfrute das vacacións en cada período, ou perde-lo seu desfrute.

O período posterior ó embarque dos tripulantes unha vez disfrutadas será regulado de acordo co establecido no artigo de expectativa de embarque.

Estas vacacións teñen o carácter de totais por tódolos conceptos e nelas encóntranse acumuladas por compensación as 4 horas da mañá do sábado e os descansos de sábado tarde, domingos e festivos.

Artigo 27º.-Baixas por enfermidade profesional ou accidental laboral.

Durante o tempo de baixa por enfermidade profesional ou accidente laboral, ambos con ou sen hospitalización, percibirase o 100% da base reguladora do tripulante afectado e devengará vacacións de ordenanza de traballo.

En caso de baixa por enfermidade común, a empresa aboará a diferencia ata completa-lo 100% da base reguladora.

O mesmo día en que cause alta, o tripulante comunicaralle á empresa o evento, debéndose realiza-la comunicación por teléfono e ratificala posteriormente por telegrama.

Artigo 28º.-Mercadorías explosivas, tóxicas ou prigrosas.

As tripulacións dos buques que transporten mercadorías conceptuadas como perigosas conforme o indicado no presente artigo, terán dereito a percibir

unha remuneración en función do incremento do risco a que están expostos e conforme se establece neste mesmo artigo. Todo isto sen prexuízo das medidas de seguridade a tomar durante a carga, transporte e descarga das ditas mercadorías conforme as disposicións legais ó respecto e á consideración da IMCO segundo táboa adxunta.

A) Naqueles buques especializados e dedicados habitualmente ó transporte das mercadorías de referencia, con carácter de exclusividade, e que pola súa construcción ou posteriores modificacións estean especialmente acondicionados e debidamente preparados para o seu transporte, percibirán o establecido na O.T.M.M.

B) Nos buques que circunstancialmente transporten as materias indicadas, en concepto de carga, aboaranse durante o tempo que dure o seu transporte as remuneracións abaixo indicadas, en función do grao de perigosidade asignado á mercadoría e do tanto por cento que o seu peso supoña en relación co peso morto do buque, indicado este no certificado de arqueo.

No caso de diferentes mercadorías asignadas todas ó mesmo grupo, sumaranse os seus pesos para os efectos de cálculo da porcentaxe de remuneración. No caso de mercadorías asignada a diferentes grupos, sumaranse os productos dos pesos de cada mercadoría polo número asignado ó grupo que corresponda, e dividirase o total entre o total de peso das ditas mercadorías, sendo o coeficiente o que marque o grupo a que debe asignarse ó conxunto destas mercadorías.

Se, considerando as mercadorías por separado, a remuneración fose superior, aplicarase isto último.

Grupo de perigosidade

As referencias a «clase», «tipo», «división», «grupo de compatibilidade», «observacións» e os condicionamento reseñados para a clase 7 fan referencia ós vocábulos e referencias no Código Internacional Marítimo de Mercadorías Perigosas da IMCO.

Os «grupos de perigosidade» son divisións entre as mercadorías a que fai referencia a anterior publicación en función do risco que, en xeral, poidan supoñer para a vida dos tripulantes dos buques que as transporten.

Grupo «A»: mercadorías reseñadas como pertencentes a:

-Explosivos: clase 1. División 1-1. Grupo compatibilidade A ó F.

-Infecciosos: clase 6-2.

-Radioactivos: clase 7. Cando de materiais radioactivos explosivos ou de acordos especiais se trate.

Grupo «B»:

-Explosivos:

Clase 1. División 1-1. Grupo compatibilidade G.

Clase 1. División 1-2.

Clase 1. División 1-3. Grupo compatibilidade A, B, C e Nro. 0019.

Grupo «C»:

-Explosivos: clase 1. División 1-3. Resto de mercadorías non incluído no grupo B.

-Gases inflamables ou tóxicos:

Clase 2. Nro. ONU 1016, 1023, 1026, 1017, 1589, 1045, 1051, 1052, 1053, 1975, 1067, 1076 e o gas de auga.

-Radioactivos: clase 7. Mercadorías das que a aprobación do modelo de embalaxe e a da expedición correspondan a tódolos países afectados pola expedición.

Grupo «D»:

-Líquidos inflamables con punto medio de inflamación:

Clase 3-1.

Radioactivo: clase 7. Mercadorías que a aprobación do modelo de embalaxe corresponde ós países de orixe, destino e tránsito e se requira notificación previa a tódolos países.

Grupo «E»:

-Explosivos:

Clase 1. División 1-4.

-Líquidos inflamables co punto medio de inflamación:

Clase 3-2, cando sexan ademais mercadorías tóxicas.

Grupo «F»:

-Radioactivos: clase 7. Mercadorías das que a aprobación do modelo de embalaxe corresponda ó país de orixe da expedición e se requira notificación previa da expedición a tódolos países afectados.

-Gases inflamables:

Clase 2 cando sexan inflamables.

Clase 3-2, mercadorías non tóxicas.

Grupo «G»:

Clase 2, cando sexan tóxicas non inflamables.

Inflamables: clase 3-3.

-Tóxicos: clase 6-1.

Grupo «H»:

-Sólidos inflamables espontaneamente:

Clase 4-2. Espectro Nrs. S. ONU 1361, 1362, 1857 e 1387.

-Peróxidos orgánicos:

Clase 5-2.

Grupo «I»:

-Radioactivos: clase 7. Mercadorías das que a aprobación do modelo de embalaxe corresponda ó país de orixe e non se requira notificación nin aprobación das autoridades competentes.

-Corrosivos: clase 8. Cando en observacións está anotado que provocan graves queimaduras e desprenden gases moi tóxicos.

Grupo «K»:

-Sólidos inflamables en presencia de humidade:

Clase 4-3.

Corrosivos: clase 8. Cando en observacións estea anotado que provocan graves queimaduras ou que desprenden gases moi tóxicos.

Cálculo de remuneración en tanto por cento do salario profesional

*

**

*5102030405060708090100

A50
B304050
C1020304050
D1520304050
E10152530
F5122030
G10203040
H2030
I101520
J15
K10

Os números interiores do cadro indican a porcentaxe de salario profesional.

* Sen mínimo.

* % mínimo carga: peso morto.

** Grupo perigosidade.

Artigo 29º.-Servicio do Golfo de Guinea.

Aplicarase o disposto na ordenanza de traballo da mariña mercante no seu Art. 113.

Artigo 30º.-Navegación por zonas insalubres e epidémicas.

Consideraranse portos insalubres ou epidémicos aqueles que así fosen declarados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) durante o tempo en que estivese vixente a dita declaración.

As tripulacións dos barcos que escalen nos ditos portos, anteportos, baías ou radas ou que deban realizar ascensións ou descensos por ríos de lugares declarados insalubres e epidémicos, ademais da adopción de tódolos medios preventivos precisos para garanti-la sanidade a bordo, percibirán como compensación á permanencia nos ditos lugares, durante a estadía, un incremento do 50% sobre o salario profesional máis trienios e horas extras.

A empresa enviará mensualmente esta información da Organización Mundial da Saúde ou do departamento correspondente de sanidade exterior, sempre que sexa facilitada. No seu defecto, calquera compoñente do comité o poderá solicitar por si mesmo.

Artigo 31º.-Zona de guerra.

Cando o buque teña que partir cara a unha zona de guerra efectiva, a tripulación terá dereito:

A) A non partir co buque e pedi-lo transbordo a outro barco e, se a dita situación non se puidese obter, pasará a situación de permiso pola súa conta ata o regreso deste.

B) O tripulante tamén poderá solicita-las vacacións devengadas ata a data do evento.

C) Os que desen a viaxe e en canto o buque se encontre na dita zona de guerra, percibirán unha prima especial de 1.500 ptas. diarias.

D) Caso de que sen previo coñecemento ó partir de viaxe, o buque se encontrase en zona de guerra efectiva, os tripulantes percibirán o 100% de aumento do salario profesional, durante o tempo en que estean na dita zona.

A tal comporbación, os tripulantes terán acceso ó frete percibido polo transporte, seguro de casco ou póliza de fretaxe.

Artigo 32º.-Perda do equipaxe a bordo.

En caso de perda de equipaxe a bordo por calquera membro da tripulación, debida a naufraxio, incendio ou calquera outro accidente non imputable ó ou ós prexudicados, a empresa aboará como compensación as cantidades seguintes:

Perda total: 125.000 ptas.

Perda parcial, a xuízo do capitán, unha vez oído o interesado, e en ningún caso se superarán as 100.000 ptas.

No caso de que a empresa aboe indemnización polo concepto de vestiario ou se faciliten uniformes, deducirase a indemnización nun 20%.

No caso de falecemento do tripulante, esta cantidade seralle aboada ós seus herdeiros legalmente recoñecidos.

Artigo 33º.-Familiares acompañantes.

Todo o persoal de flota pode solicitar da empresa directamente ou a través do capitán ser acompañado pola muller ou fillo mentres se encontren embarcados.

A empresa admitirá a solicitude sen que, en ningún caso, poida sobrepasarse o marco das normas establecidas para o buque por SEVIMAR. En todo momento daráselle prioridade a aquelas persoas (garantías, técnicos, sobrecargos, etc.) que por necesidades da empresa deban embarcar no buque.

Para efectua-lo embarque, o tripulante autorizado deberá entregar póliza de seguro, que cubra os riscos que se poidan producir mentres se encontre nesta situación, remitindo o capitán fotocopia das mesmas á empresa armadora.

Igualmente, xuntarase certificado médico actualizado no momento de embarcar.

Non poderán ser enroladas mulleres en estado de xestación, fillos menores de 8 anos en viaxes superiores a tres días sen escalas e, en ningún caso, o acompañante que padeza calquera enfermidade ou se poida sentir afectado pola navegación.

O capitán, de acordo coas circunstancias establecidas, e sen sobrepasar en ningún caso os límites establecidos, coordinará as solicitudes de acompañantes.

Establécese un período máximo de estadía do acompañante a bordo de 30 días.

O acompañante tomará ó seu cargo o coidado completo dos aloxamentos do tripulante, exceptuando despachos e recintos comúns, e non solicitará servicios extras do departamento de fonda. Os almorzos, comidas e ceas serviranse na hora establecida e no comedor en que se sirva ó tripulante ó que acompaña. O familiar acompañante queda obrigado a cumprir tódalas normas de seguridade que rexen no buque.

A muller ou fillo acompañante non alterará en ningún momento a convivencia a bordo nin a marcha normal dos traballos do buque.

Artigo 34º.-Postos en terra.

A empresa dará cargo preferentemente ós tripulantes fixos da súa flota sobre o persoal alleo a ela co obxecto de ocupar prazas en terra. Isto sempre que os mariños reúnan as condicións esixidas pola empresa para ocupa-las prazas.

A dita preferencia no trato, inclúe a espera para os casos en que o tripulante estea embarcado.

Estas prazas deberán ser anunciadas ó capitán de cada buque, para a súa publicación, e ó comité de empresa.

Artigo 35º.-Correspondencia.

Os capitáns deberán expor nos taboleiros de anuncios, os enderezos postais dos consignataros ou axentes nos portos onde o buque vaia facer escala proximamente, ou indicar se o buque sae a ordes.

A empresa adoptará medidas co fin de enviar ós buques as cartas que, dirixidas ós tripulantes, se recibisen na empresa armadora.

Cando o buque se encontre en porto estranxeiro, as cartas remitidas polos tripulantes, serán entregadas para a súa franquía ó consignatario.

Artigo 36º.-Aire acondicionado e/ou calefacción.

A empresa comprométese a manter en perfecto estado de funcionamento, co persoal de a bordo que lle corresponda, os servicios de aire acondicionado e calefacción existentes.

De non existiren estes, os buques serán equipados cos ventiladores e placas precisas.

Artigo 37º.-Natalidade e casamento.

O tripulante cunha antigüidade non menor de dous anos de servicio na empresa percibirá 22.496 ptas. polo nacemento de cada fillo. Será requisito formal para o aboamento indicado, a presentación do libro de familia.

O tripulante cunha antigüidade non menor de dous anos de servicio na empresa percibirá, con carácter de gratificación, 24.745 ptas. por contraer casamento. Sendo imprescindible para o seu cobro os mesmos requisitos que no apartado anterior.

Artigo 38º.-Préstamos.

Concederase ata un máximo de catro mensualidades, de acordo co establecido na ordenanza de traballo na mariña mercante no seu artigo 225.

Artigo 39º.-Seguro de accidentes.

Á parte do seguro obrigatorio de accidentes e como complemento deste, a empresa establece ó seu cargo e a favor dos tripulantes un seguro de accidentes, cubrindo os riscos de morte e invalidez absoluta na súa actuación profesional, cos capitais asegurados seguintes:

-Por morte: 5.000.000 de ptas.

-Por invalidez total e absoluta: 8.000.000 de ptas.

Os riscos cubertos por estas pólizas enténdense unicamente durante o tempo de enrolamento a bordo.

Artigo 40º.-Hora de saída.

Á chegada do buque a porto e dentro da primeira hora do comezo das operacións de traballo, por medio do taboleiro de anuncios, comunicaráselle á tripulación unha hora estimada de saída.

Con dúas horas de anticipación á saída estimada do buque, modificarase, se procede, o dito horario de saída, comunicándollo por medio dos citados taboleiros de anuncios.

Artigo 41º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Procederase de acordo co establecido na ordenanza de traballo da mariña mercante e Estatuto dos traballadores.

A empresa facilitaralles ós respectivos delegados do comité cantas disposicións adicionais se promulguen sobre o tema.

Artigo 42º.-Buques de dique.

Cando un buque, durante a estadía en dique, non dispoña das mesmas condicións hixiénicas e sanitarias que navegando, obrigarase a empresa a que facilite aloxamento en terra ós tripulantes que non dispoñan das condicións que teñen navegando.

Artigo 43º.-Servicio de lanchas.

Cando o buque se encontre fondeado terá que pór ó dispor da tripulación un servicio de lanchas para ir a terra.

O capitán disporá dun servicio mínimo de lanchas por cada unha das quendas de garda. En todo caso, estes servicios disporanse sempre e cando a fondeada sexa de 24 horas.

Artigo 44º.-Servicios recreativos e culturais.

A empresa dotará a tódolos seus buques de dous aparellos de TV e de dous vídeos, salvo que o buque estivese provisto de sistema de música ambiental, sendo por conta da empresa o mantemento, instalación e reparación.

-Fondos culturais.

A empresa proporcionará a cantidade de 8.570 ptas. mensuais por buque, co fin de manter un servicio de biblioteca e xogos recreativos.

Unha comisión, formada polo capitán e a tripulación, controlará a boa utilización dos ditos fondos.

Artigo 45º.-Roupa de traballo e servicio de lavandería.

A roupa de traballo será aboada pola empresa en nómina, atendéndose ás normas de seguridade e hixiene no traballo, aboando a cantidade de 5.740 ptas. mensuais nos períodos de embarque.

Independentemente, a empresa proverá o buque de dúas lavadoras para o lavado de efectos persoais dos tripulantes e dous ferros de pasar.

Artigo 46º.-Alumnos.

Os alumnos de calquera especialidade percibirán, con independencia da axuda familiar a que tivesen dereito, durante o período en que estean embarcados, unha gratificación mensual de 45.063 ptas. nas que se encontran incluídos tódolos conceptos retributivos.

Se o alumno en prácticas supera o período de seis meses en vinculación ó buque ininterrompido, percibirá unha gratificación equivalente á mensual.

Artigo 47º.-Comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la aplicación do vixente convenio, créase unha comisión composta por un membro da comisión negociadora, tanto por parte empresarial como social.

Artigo 48º.-Reunión de delegados de persoal.

De acordo co establecido no título segundo do Estatuto dos traballadores, dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores da empresa.

Artigo 49º.-Actividade sindical.

De acordo co Estatuto dos traballadores ou norma legal e non pactada, dictada en desenvolvemento daquel e aplicable ó sector da mariña mercante.

Salario profesional 1995

CategoríasSalario profesional

Capitán241.825

1º Oficial225.005

2º Oficial209.779

Oficial radio209.779

Contramestre131.884

CategoríasSalario profesional

Mariñeiro119.393

Mozo113.188

Xefe máquinas237.722

1º Maquinsta225.005

2º Maquinsta209.779

Caldereteiro131.884

Engraxador119.393

Cociñeiro131.884

Camareiro119.393

Antigüidade 1995

CategoríasValor trienio

Capitán12.091

1º Oficial11.250

2º Oficial10.489

Oficial radio10.489

Contramestre6.594

Mariñeiro5.970

Mozo5.659

Xefe máquinas11.885

1º Maquinsta11.250

2º Maquinsta10.489

Caldereteiro6.594

Engraxador5.970

Cociñeiro6.594

Camareiro5.970

Horas extraordinarias. Exercicio 1995

CategoríasImporte1º Trienio2º Trienio

Capitán

1º Oficial711747784

2º Oficial627658691

Oficial radio627658691

Contramestre487511537

Mariñeiro459482506

Mozo419440462

Xefe máquinas

1º Maquinsta711747784

2º Maquinsta627658691

Caldereteiro487511537

Engraxador459482506

Cociñeiro487511537

Camareiro459482506

Horas extras Forfait. Exercicio 1995

CategoríasNº Horas

Capitán

1º Oficial90

2º Oficial72

Oficial radio72

Contramestre69

Mariñeiro66

Mozo58

Xefe máquinas

1º Maquinista90

2º Maquinista72

Caldereteiro69

Engraxador66

Cociñero69

Camareiro66

1390