Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 22 de febreiro de 1996 pola que se regula o exercicio do dereito ó voto dos traballadores por conta allea de cara ás eleccións ás Cortes Xerais, convocadas para o día 3 de marzo de 1996 polo Real decreto 1/1996, do 8 de xaneiro.

Convocadas eleccións ás Cortes Xerais polo Real decreto 1/l996, do 8 de xaneiro, da Presidencia do Goberno, e de conformidade co establecido no artigo l4 do Real decreto 42l/l99l, do 5 de abril, modificado polo Real decreto 563/l993, do l6 de abril, polo que se dictan normas reguladoras dos procesos electorais, cómpre, malia que as eleccións se celebren en domingo, regula-las diversas situacións que poidan presentarse para o exercicio do voto daqueles traballadores que non desfruten do seu descanso semanal, así como das persoas que interveñen no proceso electoral. Para este fin, e logo de acordo co delegado do Goberno en Galicia,

DISPOÑO:

Artigo lº.-As presentes normas seranlles de aplicación a aqueles traballadores por conta allea que teñan a condición de electores, ou concorra neles a condición de membros de mesas electorais, interventores ou apoderados, nas eleccións do día 3 de marzo de l996, e non desfruten o devandito día do descanso semanal previsto no artigo 37.lº da Lei 8/l980, do l0 de marzo, do Estatuto dos traballadores, modificada pola Lei ll/l994, do l9 de maio.

Artigo 2º.-Para que os traballadores por conta allea poidan participar nas eleccións ás Cortes Xerais que se levarán a cabo o día 3 de marzo de l996, no suposto de que non desfruten en tal data de descanso semanal, gozarán do permiso retribuído correspondente segundo as seguintes prescricións:

a) Os traballadores por conta allea, cun horario de traballo que non coincida co de apertura das mesas electorais ou o faga por un período inferior a dúas horas, non terán dereito a permiso retribuído.

b) Os traballadores por conta allea, cun horario que coincida en dúas ou máis horas e menos de catro co horario de apertura das mesas electorais, desfrutarán dun permiso retribuído de dúas horas.

c) Os traballadores por conta allea, cun horario que coincida en catro ou máis horas e menos de seis co horario de apertura das mesas electorais, desfrutarán dun permiso retribuído de tres horas.

d) Os traballadores por conta allea, cun horario que coincida en seis ou máis horas co horario de apertura das mesas electorais, desfrutarán dun permiso retribuído de catro horas.

Cando o traballo se preste en xornada reducida efectuarase a correspondente reducción proporcional do permiso.

Correspóndelle ó empresario a distribución, consonte a organización do traballo, do período en que os traballadores dispoñan de permiso para acudiren a votar.

Artigo 3º.-No suposto de traballadores por conta allea que teñan previsto que na data da votación non se atopen na localidade onde lles corresponda exerce-lo seu dereito o voto, ou que non poidan comparecer, disporán no seu horario laboral, de ata catro horas libres, para que poidan formular persoalmente a solicitude do certificado de inscrición no censo para efectua-lo voto por correo, procedendo para a súa determinación consonte o establecido no artigo anterior.

Artigo 4º.-Os traballadores por conta allea nomeados presidente ou vocal das mesas electorais e os que acrediten a súa condición de interventores disporán durante o día da votación dun permiso retribuído de xornada completa, se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e terán dereito, en todo caso, a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior, segundo os artigos 28.lº e 78.4º da Lei orgánica do réxime electoral xeral.

Se algún dos traballadores ós que se refire o parágrafo anterior tivese que traballar na quenda de noite na data inmediatamente anterior ó día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite.

Artigo 5º.-Os que acrediten a súa condición de apoderados de acordo co previsto no artigo 76.4º da Lei orgánica do réxime electoral xeral, teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non desfrutan de descanso semanal.

Artigo 6º.-Os empresarios poderán solicitar dos traballadores que exerzan os dereitos regulados na presente orde a certificación de voto, ou, se é o caso, a acreditación da mesa electoral.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de l996.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

701