Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 66/1996, do 15 de febreiro polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo 2º, título II o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 12 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, a proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade ofertante.

Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991, foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo o artigo 4.d) da Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, en relación coa evolución xeral dos custos previstos, así como coa inclusión de novos servicios sanitarios, establece que o Servicio Galego de Saúde axustará a súa actuación ás normas e instruccións emanadas da Consellería de Sanidade, á que lle corresponde aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión, logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.

Faise necesario actualiza-lo Decreto 123/1995 do 20 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, para efectos de adecua-las tarifas ó custo económico derivado do servicio ou actividades prestadas.

Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Apróbanse as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde que figuran no anexo I e II do presente decreto.

2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables ós servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, con excepción daqueles servicios sanitarios a prestación dos cales veña regulada por convenios ou concertos.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servicio ou, se é o caso, coas do día de alta do paciente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Prezos de servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social (en pesetas).

A. Estancias.

1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estancia e cama ocupada será de45.000.

Entenderase por día de estancia e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico, pase a noite no establecemento sanitario, e faga efectiva como mínimo unha das comidas principais.

2. Cando o paciente ingrese nun hospital e ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estancia segundo a interpretación do apartado 1., facturaráselle esa prestación polo 50 por 100 da que lle correspondería por día de estancia e cama ocupada22.500.

3. A estancia en UVI, UCI, unidades de atención especializada, servicio de reanimación ou unidade de queimados facturarase por102.300.

4. Por estancia en unidades de psiquiatría de agudos21.000.

5. Na estancia están incluídas as prestacións de tódolos servicios e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que se estableza pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como custo independente da estancia, reco

llidas no apartado C deste decreto como servicios especiais.

B. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

1. Por primeiras consultas ambulatorias19.000.

2. Por consultas sucesivas e sesións ambulatorias posthospitalarias9.800.

3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:

Cataratas: 115.500.

Incisión ciste lacrima: l24.200.

Amigdalectomías: 19.800.

Safenectomías: 99.000.

Hallux valgus: 52.800.

Herniorrafía unilatera: l66.000.

Herniorrafía bilateral: 115.500.

Fimose: 38.500.

4. Por asistencia en urxencias que se presten en institucións sanitarias23.00.0

5. Por consultas sucesivas en urxencias11.500.

Nestes importes está contida a prestación de tódolos servicios e os gastos que orixinen, coas excepcións que se determinan no apartado C de servicios especiais.

Enténdese por primeira consulta ambulatoria ou de urxencias cantas actuacións sexa preciso efectuar no centro hospitalario, para a determinación diagnóstica e orientación terapéutica do proceso asistencial do paciente, estando contidas as probas necesarias como diagnóstico, determinación do tratamento e acto cirúrxico ambulatorio cando proceda que se efectúen dentro dos 15 días seguintes.

As revisións ambulatorias posthospitalarias comprenderán as revisións as que deban ser sometidos os pacientes hospitalizados, despois de seren dados de alta no centro hospitalario, incluíndo cantas actuacións sexa preciso realizar no centro hospitalario para coñece-la evolución clínica do paciente e mentres persista a súa relación inmediata co proceso que determina o ingreso.

Entenderanse consultas ambulatorias e de urxencias sucesivas, todas e cada unha das asistencias dispensadas a partir dos 15 días da visita inicial sempre e cando se trate do mesmo proceso.

C. Tarifas por servicios especiais.

As tarifas especificadas a continuación como «tarifas especiais» facturaranse con independencia da que lle corresponda por consulta ou, se é o caso, estancia.

1. A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estancias e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse por16.500.

2. Cardioloxía.

2.1. Cardioloxía intervencionista.

Cateterismo (coronariografía)94.500.

Procedementos terapéuticos203.700.

Implantación de marcapasos:

Marcapaso endocavitario197.000.

Marcapaso epicárdico131.000.

Marcapaso con implantación ambulatoria: 94.500.

Biopsia endomiocárdica131.000.

2.2 Cardioloxía diagnóstica.

Ecocardiograma doppler28.800.

Estudio electrofisiolóxico21.000.

Proba de esforzo15.800.

Holter15.800.

Eco transesofáxico28.800.

2.3 Cirurxía vascular.

Flebografía63.000.

Estudio de membros superiores e inferiores: 29.400.

Estudio renal29.400.

3. Radiodiagnóstico.

3.1. Neuroloxía diagnóstica e terapéutica.

Estudio de troncos supraórticos92.400.

Anxiografía dixital38.400.

Anxiografía dixital terapéutica 99.800.

Embolización cerebral545.000.

Por arteriografía cerebral73.500.

Por arteriografía periférica52.500.

Por arteriografía toracoabdominal52.500.

3.2. Por cada exploración mediante TAC Scaner.

Tanto que se faga con contraste coma sen el34.500.

3.3. Por exploración mediante resonancia nuclear magnética:

Por cada estudio simple63.200.

Por cada estudio dobre80.400.

Por cada estudio triple de médula, columna e abdome98.800.

Plus de contraste........................ 18.100.

Plus de anestesia........................ 18.100.

3.4. Outras probas de radiodiagnóstico:

Urografías26.300.

Ecografías15.800.

Densitometrías15.800.

4. Respiratorio.

Por broncoscopia con anestesia local23.100.

5. Otorrinolaringoloxía, foniatría e logopedia.

Probas labirínticas nistagmografía24.000.

Por cada mes completo de tratamento de logopedia ou foniatría en réxime de sesión diaria28.800.

Por sesións illadas do tratamento1.700.

6. Neurofisioloxía clínica.

Por exploración electroencefalográfica11.600.

Por exploración electroencefalográfica con cuantificación (cartografía, reparto de frecuencias, comparación estatística con patróns normais, etc.)28.800.

Por exploración electroencefalográfica con cuantificación con electrodos implantados40.200.

Por exploración electroencefalográfica con privación do sono17.300

Por exploración de potenciais evocados auditivos23.100.

Por exploración de potenciais evocados de tronco23.100.

Por exploración de potenciais evocados somestésicos23.100.

Por exploración de potenciais evocados visuais 17.300.

Por exploración de Onda P-30023.100.

Por exploración de variación continxente negativa23.100.

Por estudio electroencefalográfico con sistema HOLTER57.500.

Por exploración electroencefalográfica ou subcorticográfica con ou sen electroencefalograma con electrodos implantados34.500.

Por electro-retinograma23.100.

Por electro-oculograma23.100.

Por audiometría obxectiva28.800.

Por nistagmograma23.100.

Por reoencefalograma6.900.

Por estudio neurofisiolóxico con estimulación magnética e/ou eléctrica transcranal28.800.

Por electromiograma cuantificado (electromiografía)23.100.

Por electromiograma fibra illada46.000.

Por estudio electromiográfico de esfínteres (electromiografía)28.800.

Por neurografía con estimulación repetitiva (electromiografía)11.600.

Por neurografía convencional (electromiografía)6.900.

Por neurografía S.N. vexetativo17.300.

Por estudio neurofisiolóxico de movementos anormais (electromiografía)17.300

7. Dixestivo.

Por colanxiopancreatográfico retrógrada endoscopia80.500.

Por colanxiografía retrógrada80.500.

Por esfinterotomía137.900.

Por extracción de corpos estraños28.800.

Por dilatacións esofáxicas (por sesión)34.500.

Por dilatación esofáxica (acalasia)57.500.

Por esclerose de varices esofáxicas (por sesión)34.500.

Por colonoscopia28.800.

Por polipectomía51.700.

Por sonda de gastrotomía endoscópica114.900.

Por colocación de drenaxes nasobiliares206.800.

Por drenaxe biliar interna206.800.

Por prótese esofáxica91.900.

Por terapia endoscópica ulcerosa46.000.

Por biopsia xexunal17.300.

Por rectoscopia/anuscopia9.200.

Por papiloctomía endoscópica137.900.

Por laserterapia sesión55.000.

Por laserterapia de estómago55.000.

Por laserterapia de esófago55.000.

Por laserterapia de colon55.000.

Por laparoscopia diagnóstica81.900.

Por laparostomías93.500.

8. Hemodiálises.

Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio20.400.

O prezo da sesión de hemodiálise comprende a analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.

Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de1.200.

9. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria28.800.

Por sesións illadas do tratamento1.700.

10. Quimioterapia e radioterapia.

Por sesión de quimioterapia2.300.

Por sesión de radioterapia superficial1.700.

Por sesión de radioterapia profunda2.300.

Se se subministran fármacos, estes facturaranse a prezo de custo.

11. Procedementos especiais.

No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizarlle ó paciente con anterioridade ó procedemento a que vaia ser sometido. Honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermería, estancias no hospital, medicación, material sanitario, alimentación incluída a nutrición parenteral e enteral e estancias na unidade de coidados intensivos que puidera precisar.

Transplante autólogo de medula ósea3.029.900.

Transplante cardíaco4.111.300.

Transplante hepático5.161.300.

Transplante renal2.403.400.

Artroscopias79.800.

Estudio de inmunohistoquímica (ptas/anticorpo)5.300.

Amniocentese84.000

Litotricia renal extracorpórea322.900

12. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría46.000.

Por cada sesión deste tratamento2.300.

13. Órtese e prótese.

As órteses e próteses que sexa necesario implantarlle ou adaptarlle ó paciente, así como a súa renovación ou preparación, facturaranse ó prezo de custo.

14. Medicina nuclear.

Gammacámara dixital:

Gammagrafía de corpo enteiro54.500.

Gammagrafía pulmonar con galio41.500

Gammagrafía suprarrenal54.500.

15. Hospitalización a domicilio.

Por atención prestada a pacientes en réxime de hospitalización a domicilio, por día13.200.

D. Servicios prestados en centros de atención primaria do servicio galego de saúde.

1. Tarifa básica.

Por primeira consulta6.200.

Por consultas sucesivas3.100.

2. Tarifa para consulta con probas complementarias.

Por primeira consulta7.700.

Por consultas sucesivas3.900.

3. Tarifas para consultas con coidados de enfermería.

Primeira consulta:

Con probas9.200.

Sen probas7.400.

Consultas sucesivas:

Con probas4.600.

Sen probas3.700.

4. Consultas de enfermería.

Consultas de enfermería1.300.

5. Consultas a domicilio.

5.a) Sen coidados de enfermería.

Primeira consulta:

Con probas9.200.

Sen probas7.400.

Consultas sucesivas:

Con probas4.600.

Sen probas3.700.

5.b) Con coidados de enfermería.

Primeira consulta:

Con probas11.100.

Sen probas8.900.

Consultas sucesivas:

Con probas5.600.

Sen probas4.400.

6. Intervencións cirúrxicas ambulatorias.

Intervencións cirúrxicas ambulatorias9.200.

E. Servicios de centros psiquiátricos.

1. Por internamento completo en unidades de media e longa estancia9.400

2. Por estancias causadas en réxime de hospital día9.800.

3. Por servicios extrahospitalarios en ambulatorios:

3.a) Primeira consulta médica8.300.

3.b) Revisións médicas4.200.

3.c) Visitas domiciliarias:

Por médico/hora5.000.

Asistencia social/hora2.300.

Auxiliar social/hora2.100.

Quilómetro percorrido30.

F. Transporte sanitario.

Será por conta directa do paciente. En caso de que se realice con medios propios do Servicio Galego de Saúde facturarase aplicando as tarifas que se indican.

Entenderase por servicio urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servicio interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.

As tarifas por servicios interurbanos serán aplicables cando do número de Km efectuados en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servicio, ó prezo por servicio urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.

1. Ambulancias non asistidas.

1.a) Servicio interurbano por cada Km de:

Transporte programado60.

Transporte non programado65.

1.b) Servicios urbanos:

-Para poboacións de mais de 200.000 habitantes:

Transporte programado1.800.

Transporte non programado2.000.

-Para poboacións de ata 200.000 habitantes:

Transporte programado1.300.

Transporte non programado1.400.

1.c) O tempo de espera que se computará cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade do regreso do enfermo por traslados interurbanos distantes máis de 40 Km aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servicio sexa programado ou non programado.

Tempo de espera por cada hora1.700.

2. Ambulancias asistidas.

Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoa, médico e auxiliar, do Servicio Galego de Saúde. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.

2.a) Por cada servicio urbano34.500.

2.b) Por cada quilómetro de servicio interurbano210.

2.c) Por cada hora de espera4.000.

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1.c).

ANEXO II

Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico con cobertura de responsabilidade civil derivada do uso e circulación de vehículos de motor de subscrición obrigatoria, aplicables nas institucións propias ou nas alleas concertadas en réxime de administración e financiamento directas (en pesetas).

A. Hospitalización.

Por cada día de estancia hospitalaria quedando incluída a totalidade dos gastos asistenciais, pero facendo excepción expresa de hemodiálise, transfusións e a tomografía axial computarizada, (TAC) e resonancia nuclear magnética (RMN) que se facturará a parte:

Estancia30.682.

Estancia UVI ou UCI54.382

B. Asistincia ambulatoria.

Primeira consulta13.080.

Consultas sucesivas6.304.

Entenderase por primeira consulta a asistencia inicial de urxencia, estando incluídas tódalas probas de diagnóstico e de fixación do tratamento que se realicen dentro dos 15 días seguintes a esta primeira consulta, salvo as especificadas nesas tarifas.

Entenderanse por consultas sucesivas facturables o conxunto de actos ambulatorios prestados en cada semana, mentres dure o mesmo proceso excepto os especificados nestas tarifas.

C. Fisioterapia e rehabilitación.

Por cada día de tratamento ambulatorio de fisioterapia e rehabilitación1.051.

D. Hemodiálisis.

Por cada sesión15.000.

E. Gastos orgoprotésicos.

Consideraranse como tales aqueles correspondentes a material ortoprotésico de implantación cirúrxica que puidera precisa-lo lesionado durante o seu tratamento, os que serán facturados de xeito detallado e individualizado ó prezo de custo. Respecto ós elementos de que consta un fixador externo de fracturas, só se facturarán os cravos ou parafusos con que o corpo principal se fixa ó oso.

F. Transporte sanitario.

Os gastos ocasionados polo traslado do doente lesionado facturaranse conforme ás tarifas establecidas en cada ámbito polo Servicio Galego de Saúde.

Naqueles casos en que se utilice transporte sanitario distinto ó propio do centro sanitario ou concertado por este, será a entidade aseguradora a que deberá facerse cargo do pago directo dos gastos que o dito transporte represente, logo de conformidade da aseguradora.

G. Tomografía axial, computarizada (TAC).

A tomografía Axial Computarizada (TAC)20.000.

H. Resonancia nuclear magnética.

Resonancia nuclear magnética35.000.

I. Transfusións e hemoderivados.

As transfusións de sangue e hemoderivados facturaranse segundo a tarifa fixada polo Servicio Galego de Saúde.

1143