Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de febreiro de 1996 pola que se aproba a prórroga da concesión administrativa, permisos de actividade e remodelación das instalacións, da granxa mariña e criadoiro, titularidade de Insuíña, S.A., sito en Ardía-O Grove (Pontevedra).

Vista a documentación presentada por Enrique de Llano Monelos, no nome e representación da entidade mercantil Insuíña, S.A. constituída ante José Ángel Dopico Álvarez, notario de Cambados, con data do 21 de decembro de 1987, con CIF nº A-36.021.954, solicitando prórroga da concesión dos permisos de actividad e remodelación da granxa mariña e do criadoiro titularidade de Insuíña, S.A. sitos no lugar de Ardía - O Grove (Pontevedra).

Esta consellería, tendo en conta os informes que constan no expediente e o proposto polo director xeral de Marisqueo e Acuicultura, de conformidade co disposto nos artigos 55 e 66 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la remodelación das instalacións da granxa mariña outorgada con data 24-4-1984 (DOG. nº 221) e do criadoiro outorgado con data 18-4-1986 (DOG nº 90), titularidade de Insuíña S.A., situadas no lugar de Ardía - O Grove (Pontevedra).

A nova distribución dos establecementos, que supón a unificación de ámbolos dous, será acorde co disposto no plano anexo titulado Planta de distribución de engorda de rodaballo feito con data marzo de 1995, polo enxeñeiro técnico Eduardo de Llano Monelos, colexiado nº 1.250, e axustarase ás seguintes características:

-Tipo de establecemento: granxa mariña.

-Especies: Rodaballo (Psetta maxima).

-Capacidade: 120 TM/ano.

-Situación: Ardía - O Grove (Pontevedra).

-Titular: Insuíña, S.A..

-Distribución superficies:

Dominio privado:

* Parcela:10.506 m

* Resume de superficies de cultivo:

Nave 1 ... 32 estanques ... 19,20 m ... 614,40 m

Nave 2 ... 32 estanques ... 29,20 m ... 914,40 m

Nave 3 ... 34 estanques ... 32,40 m ... 1.101,60 m

Nave 4 ... 2 estanques ... 100,00 m ... 200,00 m

6 estanques ... 32,40 m ... 194,40 m

6 estanques ... 1,00 m ... 6,00 m

22 estanques ... 4,00 m ... 88,00 m

6 estanques ... 6,50 m ... 39,00 m

TOTAL .... 140 estanques ................. 3.157,80 m

Dominio público:

* Para toma de auga de mar e desaugadoiros: 893,30 m.

Correspondentes á orde inicial con data 24-4-1984, (DOG nº 87), pola que se autoriza a instalación da granxa mariña inicial.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de actividade das instalacións do criadoiro outorgado con data 18-1-1986 (DOG nº 90), polo de granxa mariña dedicada á engorda de rodaballo.

Terceiro.-Prorrogar por dez (10) anos, a concesión administrativa e permisos de actividade das dúas instalacións, unificándose a data de remate das vixencias que rematarán o 24-4-2004, dado que a partir da publicación da presente orde ámbalas dúas instalacións pasan a integrarse nun único establecemento.

As anteriores modificacións outórganse baixo as seguintes

CONDICIÓNS:

Primeira.-De acordo co disposto no apartado segundo da disposición adicional quinta da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, a eficacia da prórroga a que fai referencia esta orde, queda demorada á resolución que o Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (Dirección Xeral de

Costas) dicte sobre a ocupación do dominio público marítimo-terrestre preciso para instalación das tuberías que subministran de auga do mar a granxa mariña.

Segunda.-O concesionario non poderá modifica-las instalacións baixo ningún concepto, agás que medie autorización desta consellería.

Terceira.-Ó novo establecemento seralle de aplicación o disposto nas ordes iniciais de outorgamento das anteriores instalacións excepto no modificado por esta orde, así como nas disposicións legais concordantes.

Cuarta.-O titular do establecemento xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará non estar suxeito ó acto do dito imposto, feito pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Quinta.-O disposto na presente orde, non exclúe á empresa Insuíña, S.A. da obriga de obte-los permisos esixibles por outros organismos, de acordo coa lexislación vixente, en razón das súas competencias.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

1066