Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 44/1996, interposto por Carlos Vázquez García contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros do 13 de novembro de 1995.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data remíteselle ó Presidente da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia expediente reclamado pola mesma en relación co recurso contencioso-administrativo nº 44/1996, interposto por Carlos Vázquez García contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros do 13-11-1995, desestimatoria de recurso ordinario contra outra da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre adscrición funcional realizada no colexio público Virxe do Mar de Cospeito-Lugo, co fin de que poidan comparecer diante do dito tribunal no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-1193