Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se notifica acordo de incoación de procedemento disciplinario a Pedro Fernando Fernández Díaz.

En exercicio das facultades conferidas polo artigo 17 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, se resolveu publica-lo acordo de incoación do procedemento disciplinario, por non ser posible a súa notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No referido acordo de incoación adoptouse tamén a decisión de suspender provisionalmente das súas

funcións ó expedientado, durante a tramitación do procedemento, debido á gravidade e trascendencia dos feitos que se lle imputan.

Nomeuse instructor do procedemento a Emiliano Rivero Bandera e secretario a José Luis Villar Iglesias, funcionarios con destino na Delegación Provincial desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da citada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenació Universitaria

ANEXO

Expedientado: Pedro Fernando Fernández Díaz.

DNI: 32.427.863.

Último enderezo: Rúa Bao 2º, 1º D, edificio Fonte do Bao.- 15930- Boiro.

Feito denunciado: ausencia do traballo desde o día 15 de setembro de 1995.

1208