Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.605

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO PARA AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 94/1996, do 26 de xaneiro, sobre traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Constitución española establece no seu artigo 149.1.5º que o Estado ten competencia exclusiva en materia de administración de xustiza.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 20.un que, en relación coa Administración de xustiza, corresponde á Comunidade Autónoma exercer tódalas facultades que as leis orgánicas do Poder Xudicial e do Consello Xeral do Poder Xudicial recoñezan ou atribúan ó Goberno do Estado.

Mediante o Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, aprobouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de funcións da Administración do Estado en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

A Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia adoptou, na súa sesión do Pleno celebrado o día 21 de decembro de 1995, un acordo polo que se concretan as contías correspondentes a 1995, que se transfiren á Comunidade Autónma de Galicia, destinadas ó investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais. A virtualidade práctica do referido acordo esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do Ministerio para as Administracións Públicas, e logo da deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, sobre a determinación das contías correspondentes a 1995, destinadas ó investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais, adoptado polo

Pleno da dita comisión na súa sesión do día 21 de decembro de 1995, que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

A oficina orzamentaria do Ministerio de Xustiza e Interior realizará as operacións requiridas para a posta á disposición da Comunidade Autónoma de Galicia das contías aprobadas, de conformidade coa relación anexa do acordo, e terán efectividade a partir do día sinalado no mesmo.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado asemade no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid, vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Xoán Carlos R.

Juan Lerma Blasco

Ministro para as Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia.

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta, celebrada o día 21 de decembro de 1995, se adoptou un acordo de traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de funcións da Administración do Estado en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, nos termos que a seguir se expresan:

A) Normas constitucionais e estatutarias nas que se ampara o traspaso.

De conformidade co artigo 149.1.5º da Constitución, o Estado ten competencia exclusiva en materia de Administración de xustiza

Segundo o artigo 20.un do Estatuto de autonomía para Galicia, en relación á Administración de xustiza, corresponde á Comunidade Autónoma exercer tódalas facultades que as leis orgánicas do poder xudicial e do Consello Xeral do Poder Xudicial recoñezan ou atribúan ó Goberno do Estado.

Así mesmo, o artigo 24.2 do referido Estatuto de autonomía para Galicia establece que corresponde integramente ó Estado, de conformidade coas leis xerais, a organización e o funcionamento do Ministerio Fiscal.

Polo Real decreto 2166/1994, aprobouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de funcións da Administración do Estado en materia de provisión

de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

Procede agora, para facer efectivas as previsións contidas no acordo complementario ó acordo aprobado polo referido real decreto, concreta-las contías correspondentes a 1995 que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia, destinadas ó investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais.

B) Valoración das cargas financeiras.

A Administración do Estado transferirá á Comunidade Autónoma de Galicia, para gastos de investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais, por unha soa vez e sen integrarse no custo efectivo dos servicios traspasados, as cantidades que se identifican no anexo a este acordo, con cargo ós créditos orzamentarios situados no Ministerio de Xustiza e Interior.

C) Data de efectividade.

O presente acordo terá efectividade a partir do día 21 de decembro de 1995.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid, 21 de decembro de 1995. Os secretarios da Comisión Mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín. Rubricado.

ANEXO

Identificación das cantidades a traspasar á Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1995.

Anualidade correspondente a 1995: 100.000.000 de pesetas.

1093