Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.601

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO PARA AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 93/1996, do 26 de xaneiro, sobre ampliación dos medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura (desenvolvemento rural).

A Constitución española reserva para o Estado no artigo 149.1.13º a competencia sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica; e no artigo 148.1.7º establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

Por outra parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 30.1.tres a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e da política monetaria do Estado.

Mediante os reais decretos 2423/1982, do 24 de xullo; 1124/1985, do 30 de abril; 167/1981, do 9

de xaneiro, e 1535/1984, do 20 de xuño, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de agricultura, procedendo agora completar e amplia-los traspasos efectuados.

A comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, co obxectivo de proceder á referida ampliación, adoptou ó respecto o oportuno acordo na súa sesión do Pleno celebrado o día 21 de decembro de 1995, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro para as Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se amplían os medios adscritos ás funcións e servicios traspasados en materia de agricultura, adoptado polo Pleno da dita comisión, na súa sesión do día 21 de decembro de 1995, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigacións, persoal e créditos orzamentarios correspondentes, nos termos que resultan do propio acordo e das relacións anexas.

Artigo 3º

Os traspasos a que se refire este real decreto terán efectividade a partir do día sinalado no acordo da mencionada comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen, de conformidade coa relación número 3 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os respectivos certificados de retención de crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei 41/1994, do 30

de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1995.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Xoán Carlos R.

Juan Lerma Blasco

Ministro para as Administracións públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta, celebrada o día 21 de decembro de 1995, se adoptou un acordo sobre ampliación dos medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura (desenvolvemento rural), nos termos que se expresan a seguir:

A) Referencia ás normas constitucionais e estatutarias nas que se ampara a ampliación de medios.

A Constitución, no artigo 148.1.7º, establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

O artigo 149.1.13º, tamén do texto constitucional, reserva para o Estado a competencia sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica.

O Estatuto de autonomía para Galicia arpobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 30.1.tres, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega en materia de agricultura e gandería, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e da política monetaria do Estado.

Mediante os reais decretos 2423/1982, do 24 de xullo; 1124/1985, do 30 de abril; 167/1981, do 9 de xaneiro, e 1535/1984, do 20 de xuño, traspasáronse á Comunidade Autónma de Galicia funcións e servicios en materia de agricultura.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións a que se axustarán os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á dita Comunidade Autónoma.

Sobre as bases destas previsións normativas, procédese a efectuar unha ampliación dos medios que foron obxecto de traspaso en materia de agricultura, mediante os referidos reais decretos.

B) Bens, dereitos e obrigacións que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura.

Traspásanselle á Comunidade Autónoma de Galicia os bens a que se fai referencia na relación adxunta número 1, nos termos que se recollen nela.

No prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo, asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipo e material inventariable.

C) Medios persoais correspondentes á ampliación.

1. Amplíanse os medios persoais adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de agricultura, co traspaso do persoal que nominalmente se referencia na relación adxunta número 2.

2. O dito persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos legais en cada caso aplicables e nas circunstancias que se especifican na relación adxunta número 2 e que figuran nos seus expedientes de persoal.

3. A Subsecretaría do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación notificaralles ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa tan pronto o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto.

Así mesmo, remitiráselle ós órganos competentes da Comunidade Autónoma unha copia certificada de tódolos expedientes deste persoal traspasado, así como os certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas durante 1995.

D) Valoración das cargas financeiras correspondentes á ampliación de medios.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1990, corresponde á ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónma de Galicia elévase a 50.917.052 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1995, que corresponde ó custo efectivo anual da ampliación de medios, detállase na relación número 3.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 3, financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o dito custo financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do custo efectivo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio a que se refire o parágrafo anterior, respecto ó financiamento do persoal transferido, serán obxecto de regularización, se é o caso, ó peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

E) Documentación e expedientes dos medios que se amplían.

A entrega da documentación e expedientes dos medios traspasados realizarase no prazo dun mes a partir da publicación do real decreto polo que se aproba este acordo.

F) Data de efectividade da ampliación de medios.

A ampliación de medios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xaneiro de 1996.

E para que conste, expídese a presente certificación en Madrid o 21 de decembro de 1995. Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín. Rubricado.

RELACIÓN NÚMERO 1

GALICIA

BENS INMOBLES

UnidadeDomicilioPoblaciónSituación xurídicaSuperficie m

ICONA c/ Liñares Rivas, 28 A Coruña P.E. 431

VEHÍCULOS-ICONA

ClaseModeloMatrícula PMM

TurismoRenault 4-TL1524-F
TractorRenault-41155-F
TurismoPasqualiBAS 96459

Total: 3

VEHÍCULOS-IRYDA

ProvinciaModeloMatrícula
PontevedraSeat-RitmoPMM-3187-F
A CoruñaOpel Kadett 1,6 D-GLPMM-3369-F
LugoRenault-4-GTLPMM-3391-F

Total: 3

RELACIÓN NÚMERO 2

PERSOAL FUNCIONARIO

ProvinciaPosto de traballo

e corpo

Apelidos e nome

e número de rexistro persoal

Retribucións

básicas

pesetas

Retribucións

complementarias

pesetas

Total

pesetas

GaliciaXefe sección técnica N-24.

Enxeñeiro de montes

Cifuentes Alonso, Bienvenido

1937183468 A0101

2.214.4501.522.0083.736.458

Técnico N-20

Enxeñeiro técnico forestal

Taboada Moreno, María Jesús

67567135 A0113

1.984.940767.5562.752.496

Xefe Negociado N-16

Auxiliar Admón. Estado

Morales Feijoo, Consuelo

349700135 A1146

1.095.514624.0481.719.562

Auxiliar oficina N-12

E. Auxiliar OO.AA. MAPA

López Díaz, Consolación

3384288935 A6032

1.190.434480.5041.670.938

Axente forestal N-10

Garda ICONA

Casas López, Pedro

7634459335 A5059

1.158.794634.5361.793.330

Subalterno N-8

C. Conductores OO.AA.

MAPA

Raposo Barba, José Luis

3313204802 A5068

1.208.522322.8761.531.398

Axente forestal N-12

Gardas de ICONA

Alviño Monelos, Felipe

32397504 A5059

1.158.794480.5041.639.298

Xefe negociado N-14

Xral. auxiliar

Admón. Estado

Álvarez Rodríguez, Sonia

3496452368 A1146

1.063.874552.2881.616.162

Total11.075.3225.384.32016.459.642

ProvinciaPosto de traballo

e corpo

Apelidos e nome

e número de rexistro persoal

Retribucións

básicas

pesetas

Retribucións

complementarias

pesetas

Total

pesetas

Seguridade

Social

pesetas

A CoruñaXefe servicio territorial

N-26. Enxeñeiros Agrónomos

Martínez de Velasco Miraved

José Luis

61031013 A0101

2.846.1302.262.3485.108.478

Xefe Sec. Sis. Inf. N-24 G.

Sis. E. Inf. Admón. Estado

Morales Molina, Antonio

2467994646 A1177

2.377.1161.975.6324.352.748861.492

Técnico N-20Vacante2.056.5301.105.5363.162.066

Conductor N-10.

Conductores OO.AA.

Rey Zas, José

3213015035 A5068

1.232.252634.5361.866.788527.823

Aux. Oficina N-10

Xral. Aux. Admón. Estado

Diz Barreira, Adelaida

3497061146 A1146

1.27.154408.7801.535.934

Xefe Secc. Provincial N-24

Téc. Fac. Sup. OO.AA.

Blanco Calviño, Manuel

3377639302 A5001

2.609.2501.779.1444.388.3941.094.828

Auxiliar Infor. N-10

Xral. Auxil. Admón. Estado

Fraga López, María Victoria

3277639513 A1146

1.127.154594.0361.721.190

LugoTécni. N-17. Tit. Esc. Tec.

Grao Medio OO.AA.

Iglesias Dobarrio, Manuel Jesús

3380125002 A5014

2.187.612997.8723.185.484802.553

Axte. Admón. N-11

Xral. Administrativo Estado

Roca Prado, Mª Carmen

3380980957 A1135

1.538.348480.5042.018.852

OurenseAxte. Admón. N-11

Administrativo OO.AA.

Contreras Mata, Jorge

3454610124A6025

1.727.740444.6602.172.400546.825

ProvinciaPosto de traballo

e corpo

Apelidos e nome

e número de rexistro persoal

Retribucións

básicas

pesetas

Retribucións

complementarias

pesetas

Total

pesetas

Seguridade

Social

pesetas

PontevedraXef. Secc. Provinc. N-24

Enxeñeiros Agrónomos

Baena Farriols, Manuel

42024946 A0100

2.925.0901.779.1444.704.234

Técnico N-17. Tit. Esc.

Téc. Grd. medio OO.AA.

Ventura Chas, Federico

3227946146 A5014

2.313.948997.8723.311.820834.293

Auxiliar oficina N-10

Auxiliar OO.AA

Rodríguez de la Peña,

Mª del Carmen

1304510424 A6032

1.316.994408.7801.725.774434.376

Total25.385.31813.868.84439.254.1624.240.698

PERSOAL LABORAL

ProvinciaApelidos e nomeNº de rexistro de persoalPosto de traballoRetribucións

anuais

pesetas

Seguridade

Social

pesetas

LugoFernández Ares, Hermilda3381955246 L096185050Peón agrario1.626.590523.145

Total1.626.590523.145

RELACIÓN NÚMERO 3

GALICIA

CUSTO AMPLIACIÓN MEDIOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Pesetas

I. Capítulo I: Gastos de persoal.

SERVICIO 20.

Programa 533A

Artigo 1216.459.642

Artigo 162.107.269

Servicio 19

Programa 531A

Artigo 1239.254.162

Artigo 131.626.590

Artigo 164.763.843

Total capítulo I64.211.506

II. Capítulo II: Gastos correntes en bens e servicios.

Servicio 03

Programa 711A

Artigo 22 7.052.000

Total capítulo II7.052.000

Total traspaso71.263.506

1258