Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 312/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Picoña, concello de Salceda de Caselas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Electra Alto Miño, S.A. a instalación dunha R.B.T. en Picoña, concello de Salceda de Caselas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 5 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-1194