Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.593

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO PARA AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 91/1996, do 26 de xaneiro, sobre ampliación de medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 2834/1983, en materia de protección á muller.

A Constitución no seu artigo 148.1.20º establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de asistencia social e no artigo 149 reserva ó Estado a competencia exclusiva sobre lexislación civil, penal e penitenciaría. Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia establece, no seu artigo 27.23 que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

Polo Real decreto 2834/1983, do 5 de outubro, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección da muller, a dita comunidade asumiu as funcións que realizaba o Estado en relación coa dita materia.

A comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia considerou a conveniencia de amplia-los medios adscritos ós servicios traspasados no citado Real decreto 2834/1983, do 5 de outubro, adoptando na súa reunión do día 21 de decembro de 1995 o oportuno acordo, cunha virtualidade práctica que esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro para as Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo Pleno en data 21 de decembro de 1995, polo que se amplían os medios persoais e económicos correspondentes ás funcións e servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, polo Real decreto 2834/1983, do 5 de outubro.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais e os créditos que figuran nas relacións anexas, nos termos que resultan do propio acordo e as ditas relacións.

Artigo 3º

A ampliación do traspaso a que se refire este real decreto terá efectividade a partir do día sinalado no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Asuntos Sociais produza ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen de conformidade coa relación número 2 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez se remitan ó departamento citado, por parte do Ministerio de Asuntos Sociais, os respectivos certificados de retención do crédito, para dar cumprimento ó disposto

na vixente Lei 41/1994, do 30 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 1995.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Juan Carlos R.

Xoán Lerma Blasco

Ministro para las Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que no Pleno da comisión mixta celebrado o día 21 de decembro de 1995 se adoptou un acordo sobre ampliación dos medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 2834/1983, do 5 de outubro, en materia de protección á muller, nos termos que a continuación se expresan:

a) Referencias a normas constitucionais e estatutarias.

A Constitución, no seu artigo 148.1.20º establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de asistencia social e no artigo 149 reserva ó Estado a competencia exclusiva sobre lexislación civil, penal e penitenciaria. Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia establece no seu artigo 27.23 que corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

Polo Real decreto 2834/1983, do 5 de outubro, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección á muller, a dita comunidade asumiu as funcións que realizaba o Estado en relación coa dita materia.

De acordo cos termos do Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, que establece as normas e o procedemento a que han de axustarse as transferencias de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e o funcionamento da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía da dita comunidade, procede efectuar unha ampliación dos medios ós que se facía referencia no Real decreto de traspaso 2834/1983, do 5 de outubro, antes citado.

B) Medios persoais que se amplían.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais que nominalmente se indican na relación adxunta número 1.

c) Valoración das cargas financeiras dos medios traspasados.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1990, corresponde ás funcións e medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 7.271.910 ptas.

2. O financiamento en ptas. de 1995 que corresponde ó custo efectivo anual das funcións e medios traspasados, detállase na relación número 2.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 2 financiarase da seguinte forma:

Transitoriamente ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o dito custo financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do custo

efectivo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento das funcións transferidas, serán obxecto de regularización, se é o caso, ó peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha comisión de liquidación que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

d) Data de efectividade deste acordo.

A ampliación de medios obxecto deste acordo terá efectividade o día 1 de xaneiro de 1996.

E para que conste expedímo-la presente certificación en Madrid o 21 de decembro de 1995. Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín. Rubricado.

RELACIÓN NÚMERO 1

RELACIÓN DE PERSOAL ADSCRITO ÓS SERVICIOS (E INSTITUCIÓNS) QUE SE TRASPASAN Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

RELACIÓN NOMINAL DE FUNCIONARIOS

CENTRO: CENTRO DE INFORMACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER

LOCALIDADE A CORUÑA

Apelidos e nome

Corpo ou escala

á que pertence

Número de rexistro

Situación

administrativa

Posto de traballo

que desempeña

Retribucións

Total anual

pesetas

Básicas

pesetas

Complement.

pesetas

Dz. Vázquez, Mª PalomaMestres3261700368 A0597ActivoNivel 241.998.1081.334.3883.332.496

Fariña Guerrero,

Mª Fabiola

Xeral Administrativo da Administración do Estado3240676457 A1135ActivoNivel 161.632.932884.3522.517.284

RELACIÓN PERSOAL LABORAL

CENTRO: CENTRO DE INFORMACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER

LOCALIDADE A CORUÑA

Apelidos e nome

Categoría

Número de rexistro

Nivel

Retribucións

Total anual

pesetas

Básicas

pesetas

Complement.

pesetas

Debén Alfonso, Mª del MarTitulada superior3243508546 L03151001012.915.598168.5763.084.174

RELACIÓN NÚMERO 2

VALORACIÓN DO CUSTO EFECTIVO DOS SERVICIOS QUE SE TRASPASAN A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

SECCIÓN 27. ORGANISMO 107

EN PESETAS 1995

PartidaGastosPesetas

27.107.323B.120Retribucións básicas funcionarios3.631.040

27.107.323B.121Retribucións complementarias funcionarios2.218.740

27.107.323B.130Retribucións de persoal laboral 3.084.174

PartidaGastosPesetas

27.107.323B.160Cota patronal á Seguridade Social 980.459

Total capítulo I9.914.413

27.107.323B.125Reparación e conservación mobiliario10.238

27.107.323B.220.00Material de oficina85.206

27.107.323B.220.01Prensa/Revistas/Libros159.076

27.107.323B.221.10Outras subministracións 8.832

Total capítulo II 263.352

* Total custo10.177.765

1256