Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización do contorno do Centro Cívico de Monte Alto.

Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización do contorno do Centro Cívico de Monte Alto. (Ref. 096/3).

Orzamento: 23.300.132 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional 466.003 pesetas; definitiva 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 6, categoría c.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dna. ... veciño/a de ..., con enderezo en ..., provisto/a de DNI nº ..., en representación de ..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a

do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización do contorno do Centro Cívico de Monte Alto e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de ... pesetas (IVE incluído).

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentacón de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

No anversos dos sobres consignarase: «Proposicións que presenta ... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización do contorno do Centro Cívico de Monte Alto».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do pazo municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación en acto público e terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte o do transcurso do prazo de licitación que no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 16 de febreiro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

1328