Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para o outorgamento da concesión administrativa da prestación do servicio público de ambigú no pazo dos deportes de Riazor.

Obxecto: concesión administrativa da prestación do servicio público de ambigú no pazo dos deportes de Riazor. (Ref. C96/1)

Tipo de licitación: 725.000 pesetas anuais á alza, que como canon anual lle aboará o concesionario ó concello trimestralmente.

Garantías: provisional 14.500 pesetas; definitiva 4% do tipo de licitación.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dna. ... veciño/a de ..., con enderezo en ..., provisto/a de DNI nº ..., en representación de ..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a concesión adminis

trativa da xestión do servicio público de ambigú no pazo dos deportes de Riazor do concello da Coruña, e do prego de cláusulas administrativas que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación e oferto un canon anual para lle aboar ó concello da Coruña de ... pesetas (IVE incluído), de acordo coa memoria que se inclúe no sobre C desta plica.

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentacón de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do pazo municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación en acto público e terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte o do transcurso do prazo de licitación que no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 16 de febreiro de 1996.

O Alcalde

P.D.

Rubricado

1293